PATRIMONIO ETNOGRAFICO, ARQUEOLÓXICO, CULTURAL...

 

RUTA DAS CETÁREAS

 

PATRIMONIO

MUÍÑOS DE VENTO

A CAMBOA (OIA)

SALINAS SEIXAL

SALINAS PRERROMANAS

(A GUARDA)

CASTELO DE SANTA CRUZ (A GUARDA)

PESQUEIRAS

 

RUTA DAS

CETARIAS

MARCAS MARIÑEIRAS

UTEIS MARIÑEIROS

 

 

 

 

 

 

 

IR Á PORTADA

 

      Actualizado o 28-02-2012  

   

     A Ruta das Cetáreas, está formado por un tramo da costa guardesa que permite ao camiñante contactar coa paisaxe e coa natureza propia do litoral.

 

    Percorrendo a mesma, pódese sacar un grande partido das posibilidades que ofrece esta ruta ao camiñante. Para iso, convén facela coa marea baixa. Se somos curiosos, se imos sen presas, se queremos gozar das amplas posibilidades desta ruta, o mellor é tomarse a cousa con calma, porque deberemos deternos a observar, a gozar da tranquilidade, dos sons das ondas batendo contra os rochedos, de fotografar aquelo que pode parecernos máis interesante, empezando polas propias cetarias, pasando pola flora, a biodiversidade das pozas mariñas, a paisaxe, as postas de sol, etc.

 

    Este artigo que presentamos, non é máis que unha suxerencia das moitas posibilidades que atopamos ao percorrer a Ruta das Cetáreas.

 

    Imos iniciar esta Ruta, uns metros antes da Cetárea da Grelo, pero non queremos deixar de agradecer á Confraría de Pescadores da Guarda, o interese que puxo na posta en marcha deste routeiro, unha forma positiva e, sobre todo, sostible, de aproveitamento dos recursos que ten A Guarda, sen necesidade de grandes infraestruturas nin de impactantes transformacións que agredan o territorio, por iso van os nosos parabéns a esa entidade.

 

    Non imos dar o tempo que nos vai levar en percorrer a ruta, porque, evidentemente, iso dependerá de si nos detemos no traxecto ou, simplemente, decidimos camiñar. Neste último caso, dado que son uns catro quilómetros, oito entre ida e volta, podemos facelo aproximadamente en dúas horas, todo dependerá o ritmo que levemos. No obstante, repetimos, o mellor é camiñar, deterse, sentarse, observar, fotografar, volver andar...

 

    En cada cetárea temos información da mesma, pois teñen cadansúa uns paneis informativos, adaptados, mesmo, para os invidentes.

 

   

PRIMEIRO TRAMO: Muíño da Grelo-Paseo marítimo

Lonxitude aproximada: 800 metros

 

ELEMENTOS A OBSERVAR:

           Muíño da Grelo.....Frecha amarela inferior.

           Cetárea da Grelo..Frecha vermella.

           Praia Carreiro.......Frecha amarela superior.

           Porto da Guarda

                    -Embarcacións de pesca.

                    -Lonxa de Peixe.

                    -Peirao

                   

    Foto: SIGPAC

 
         
   

SEGUNDO TRAMO: Paseo marítimo-Praia Area Grande

Lonxitude aproximada: 1400 metros

 

ELEMENTOS A OBSERVAR:

           Museo do Mar............Frecha amarela inferior.

           Cetárea do Portiño....Frecha vermella.

           Praia Fedorento.........Frecha amarela central.

           Praia Area Grande.....Frecha amarela superior

         

 

 

      Foto: SIGPAC

 
         
   

TERCEIRO TRAMO: Praia Area Grande-Laxe de Can

Lonxitude aproximada: 1400 metros

 

ELEMENTOS A OBSERVAR:

           Camiño do carro.....Frecha amarela.

           Cetárea Redonda.......Frecha vermella inferior

           Cetárea Altiña........Frecha vermella superior.

       

 

 

      Foto: SIGPAC

 
         
   

Muíño da Grelo

 

   Antigo muíño de vento. Situado a poucos metros da cetárea. Consérvase a estructura exterior.

 
         
   

     Cetárea da Grelo, ao igual que as demais cetáreas, utilizábase para gardar o marisco. Ao estar ubicada na zona intermareal, o acceso ao seu interior dependía das mareaspolo que só era posible durante a baixamar. Por suposto que con temporal o acceso era máis limitado. Deste xeito a operatividade das mesmas era relativa.

 

     Na década dos setenta construíronse viveiros en terra, nuns casos aproveitando a planta baixa dos edificios e noutros construíndo naves expresamente  dedicadas a viveiros, polo que as condicións tanto de traballo como de mantemento dos crustáceos melloráronse notablemente, incrementándose a produción dos mesmos.

 

     Hoxe estas estructuras forman parte do patrimonio local guardés.

 
         
 

 

     Achegarse ata as cetáreas equivale achegarse tamén á natureza mariña. Por pouco curiosos que sexamos, veremos nos arredores das mesmas un sinfín de formas de vida que nos da idea da riqueza que esconden os innumerables recunchos da franxa intermareal, como sucede coa fotografía da esquerda onde vemos as estructuras formadas por area construídas por un verme mariño tubícola denominado Sabelaria.

 
         
 

 

     Cetárea do Portiño, situada a poucos metros do porto da Guarda, fronte ás escolas de Solanas.

 

    Ten un perímetro aproximado de 40 metros e unha superficie duns 115 metros cadrados.

 

 

 
         
 

 

     Próximo á praia da Area Grande, atopamos o camiño do carro, onde se poden apreciar as rodeiras dos miles de carros que pasaron por este camiño, uns en dirección as leiras, outros para ser cargados co argazo, algas mariñas para abono das leiras veciñais.

 
         
 

 

    Sendeiro peonil, perfectamente habilitado para permitir un cómodo desprazamento pola Ruta das Cetáreas. Este corresponde ao tramo que vai dende a Area Grande ata Laxe de Can, que é o final do percorrido.

 
         
 

 

   Silene vulgaris, é unha das numerosas especies de plantas que podemos observar ao longo do traxecto. Planta tapizante.

 
         
   

    Interior da cetárea Redonda e, ao fondo, a chamada casa de Angelito Lomba, no baixo da mesma construíuse o primeiro viveiro de marisco da Guarda.

 
         
   

     A Cetárea Altiña, atópase a poucos metros da Cetárea Redonda. Marca o final da Ruta das cetáreas. É a maior de todas elas. Na actualidade conserva parte do teito.

 
         
   

     A medida que a marea vai subindo, ás cetáreas quedarán submerxidas totalmente. Isto impedía, como xa explicamos máis arriba, o acceso.

 
         

 

      Actualizada o 14-04-2012  
 

 

CETARIA  DA  GRELO

 

  Texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam  
 

 

 

 

     Practicamente a medio quilómetro do porto da Guarda, seguindo a costa en dirección sur, camiñando pola senda litoral, chegamos a unha das catro cetárias guardesas que, a pesares dos anos que levan en desuso, aínda se manteñen en pe, no que a súa estructura se refire.

 

    Haberá que remontarse ata o ano 1909, cando se deu o primeiro paso oficial para a construción da mesma. A vida útil desta cetaria non foi moi longa, algo máis de medio século,xa que no ano 1966, comezou a despedida da súa vida laboral coa construción dun viveiro en terra firme.

 
         
 

 

    O problema de tódalas cetarias é o mar. Ao estaren construídas na liña inferior da intermareal, o acceso ás mesmas queda restrinxido polo estado do mar e polas mareas.

 
 

 

 

 

 
 

 

     Maioritariamente a construción das cetáreas levouse a cabo aproveitando o material que había nos arredores, ou sexa, as pedras. En menor medida, empregouse tamén ladrillos, coma se pode apreciar nesta fotografía.

 

   O interior estaba dividido en compartimentos, que podían estar comunicados uns cos outros ou non. O acceso, evidentemente, era pola parte superior, que estaba pechada cun teito no que había unha ou varias trampiñas de acceso. Tamén, entre as paredes exteriores había buratos que permitían o intercambio das augas de xeito natural, aproveitando as mareas.

 
         
 

 

    A visita ás cetarias da Grelo e do Portiño non é doada porque non hai un acceso axeitado que permita achegarse a elas dende a senda litoral, xa que é preciso desprazarse por riba das rochas para acceder ás mesmas.

 

     Na fotografía, saíntes nunha das paredes interirores que permitían desprazarse para coller o marisco.

 

    Temos que salientar que as cetarias albergaban milleiros de lagostas. No panel que hai colocado fronte a esta cetaria, a da Grelo, na senda litoral, aparece reproducida unha entrevista ao seu propietario, Antolín Silva, na que sinala que no seu interior albergaba uns 4.000 exemplares cuxo destino fundamental era Madrid, Zaragoza e Barcelona. Se multiplicamos esta cantidade por catro cetarias, danos un total de 16.000 exemplares, do que se deduce que non é de estranar que actualmente na costa da Guarda as lagostas brillen pola súa ausencia, un recurso, pois, que foi esquilmado hai xa moitos anos.