anabam

traballando polo patrimonio natural

do Baixo Miño galego-portugués

 

anabam.anabam@terra.es     

 

 -ANABAM

-CAMPAÑAS

 -EVENTOS -  ACTOS

 -LEMBRANZAS

 -CONTACTO - HORARIO OFICINA-

 -ASOCIARSE

-ANABAM EN ACCIÓN

      -Saídas de Campo

-EDUCACIÓN AMBIENTAL

-ACTIVIDADES

-VOLUNTARIADO

-VISITAS GUIADAS

-CURSOS

-PUBLICACIÓNS

-VÍDEOS

 

ASOCIACIÓN  NATURALISTA  "BAIXO  MIÑO"

 

 

 

 

INICIO

 

PORTADA

 

PORTADAS ANTERIORES

 

PEGADAS

 

FENOLOXIA

 

FAUNA

 

MORTANDADE

 

INFORMACION

 

AGRESIONS

 

CARTAS

 

ANABAM VÍDEO

 

ODONATOS

 

 

P.E.S.

QUE E O PES

 

CAMARIÑA

 

CHARAXES JASIUS

 

PÍLLARA-BORRELHO

 

EURYNEBRIA

 

OTANTHUS MARITIMUS

 

HONCKENIA PEPLOIDES

 

WODWARDIA RADICANS

 

ANDORIÑA DE CU BRANCO

 

FENTOS ARBOREOS

 

 

TRABALLOS DE CAMPO

 

BOLBORETAS

 

CETÁCEOS

 

TARTARUGAS MARIÑAS

 

FAUNA ATROPELADA

 

CENSO AVES ACUÁTICAS

 

ANDORIÑAS DO BAIXO MIÑO

 

PROXECTO LARUS

 

UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA

 

REXISTRO DE PEGADAS

 

ETNOGRAFÍA

ÚTILES E APARELLOS

 

MARCAS DOS MARIÑEIROS

 

 
 
MERCADIÑO
 

 

 

A GUARDA

 

A PEDRA DA GRELO

 

 

      Actualizada o 14-02-2012  
 

 

CORVOS MARIÑOS  NA PEDRA DA GRELO

 

 
   

 

A Pedra da Grelo é un rochedo granítico duns 52 metros de longo por 24 de ancho que emerxe do mar e que se atopa a

pouco máis de 500 metros do porto  de A Guarda, na zona coñecida como A Grelo".

         
 

 

        O círculo amarelo sinala o lugar no que se atopa a Pedra da Grelo. Como se pode apreciar na fotografía do SIGPAC, áchase a pouca distancia do porto guardés e, a súa vez, practicamente pegada a área rochosa da costa, da que apenas a separa un brazo de mar duns 15 metros.

 

     Este rochedo queda totalmente submerxido unicamente coas mareas máis vivas e a oleaxe lle afecta fundamentalmente cando o mar está moi picado ou coincide coas mareas altas.

 

     A distancia á que se atopa da senda é duns 150 metros.

 

 

 
         
 

 

      Dende hai uns poucos de anos, é utilizado polo corvo mariño real (Phalacrocorax carbo), como pousadeiro e zona de descanso, sendo frecuente ver unha media duns 10 exemplares pousados na súa superficie, onde aproveitan para secar as ás extendéndoas co fin de expor a máxima superficie posible.

 

     A presenza de corvos mariños neste rochedo vai aproximadamente dende o mes de setembro ata o mes de maio, xa que logo a maioría destas aves emigran cara ao norte europeo.

 

     Para a maior parte da xente que pasea pola senda litoral, que vai paralela a este rochedo, a presenza destas aves pasa desapercibida ou non lles resulta de interese, tal vez máis polo descoñecemento que por outra cousa, pero para os que queiran, sería aconsellable que levaran con eles uns prismáticos porque ao longo de toda a senda, que vai dende o porto da Guarda ata a praia de Camposancos, van poder ver diferentes aves que agora mesmo lles pasan desapercibidas como poden ser, ademais dos corvos mariños (non confundir cos corvos de terra) algunha que outra garzota; gabitas; mazaricos; píllaras; etc.