ACTIVIDADES - EVENTOS....

 

 

IR Á PORTADA

 

 

PRÁCTICAS UNIVERSITARIAS EN ANABAM-2017

 

 

 

Actualizada o: 27/3/2017

 

 

EN COLABORACIÓN COA:

 

 

          

           - Un ano máis, ANABAM pon en marcha a posibilidade de que os estudantes da rama de Bioloxía, poidan realizar as súas prácticas nesta asociación.

 

          - A realización das prácticas pode centrarse nunha determinada actividade ou en varias das que máis adiante se sinalan, o cal será determinado pola propia asociación.

 

         -As prácticas poden desenvolverse en calquera zona da bisbarra do Baixo Miño galego-portugués (Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda, Oia e marxe portuguesa do río Miño dende Valença ata Afife).

 

          - Algunhas das prácticas precisan de medio de transporte, neste caso, sería imprescindible dispoñer de vehículo propio. Os gastos de desprazamento a zonas fóra da Guarda contarán cunha axuda económica de ANABAM.

 

          - Inicialmente a xornada diaria é de 5 horas, de luns a venres, fundamentalmente en quendas de mañá, aínda que nalgúns casos, dous días por semana, se desenvolverán pola tarde.

 

 

          - Para os que teñen que desprazarse dende lonxe, existe a posibilidade de que poidan dispoñer de aloxamento gratuíto

                (compartido) con dereito a cociña.

          - O número máximo de prazas ofertadas é de catro.

          - Por tratarse dunha ONG conservacionista que destina os seus recursos económicos aos proxectos e accións

                ambientais que desenvolve, non é posible remunerar as prácticas.

          - Para calquera aclaración ou dúbida dirixirse a ANABAM: anabam.anabam@gmail.com., ou teléfono: 61 61 80 557.

 

RELACIÓN DE PRÁCTICAS QUE SE DESENVOLVERAN

 

PROXECTO LARUS

 

           ZONA DE TRABALLO: Núcleo urbano da Guarda.

           OBXECTIVO:    Recollida de datos relacionados coa nidificación de gaivotas na Guarda.

           PERÍODO : Abril, Maio, Xuño, Xullo e Agosto.      

 

 =====================================

 

PROXECTO BORRELHO

 

ZONA DE TRABALLO: Praias do norte portugués.

OBXECTIVO: Protección e estudo da nidificación do Borrelho (Charadrius alexandrinus).

PERÍODO : Abril, Maio, Xuño e Xullo.

 

=====================================

 

PROXECTO PÍLLARA

 

ZONA DE TRABALLO: Praia de Camposancos (A Guarda).

OBXECTIVO:Protección e estudo da nidificación da píllara das dunas (Charadrius alexandrinus).

PERÍODO: Abril, Maio, Xuño e Xullo.

 

=====================================

 

PROXECTO BEMBIX

 

ZONA DE TRABALLO: Praia de Camposancos (A Guarda).

OBXECTIVO: Recoller información relacionada coa nidificación desta avespa.

PERÍODO : Maio, Xuño, Xullo e Agosto.

 

=====================================

 

PROXECTO EURYNEBRIA

 

ZONA DE TRABALLO: Praias norte portugués (Camiña-Paçô: 15 quilómetros).

OBXECTIVO: Localización do coleóptero Eurynebria complanata nas praias do norte portugués e recollida de datos.

PERÍODO: De mediados de setembro a xuño.

 

 

 

PROXECTO COREMA

 

ZONA DE TRABALLO:Piñeiral de Camarido (Camiña).

OBXECTIVO: Rexistrar o número de plantas de Camariña (Corema album), así como o estado e características de cada exemplar.

PERÍODO:Todo o ano.

 

=====================================

  

PROXECTO VEXETACIÓN DUNAR

 

ZONA DE TRABALLO: Praias do norte portugués e Camposancos (A Guarda).

OBXECTIVO: Inventariar as plantas dunares e valorar o estado na que se atopan.

PERÍODO :Primavera e verán.

 

====================================

 

CENSO COTORRAS

 

           ZONA DE TRABALLO: Núcleo urbano da Guarda.

           OBXECTIVO:    Recollida de datos relacionados coa nidificación e presenza de

           cotorras na Guarda.

           PERÍODO : Todo  ano.

 

=====================================

 

CENSO DE ANDORIÑAS

 

ZONA DE TRABALLO: Baixo Miño.

OBXECTIVO: Nidificación das diferenes especies de andoriñas que se atopan no

Baixo Miño.

PERÍODO : Abril, Maio, Xuño, Xullo e Agosto.

 

 

UNHA ACTIVIDADE PARA QUE TE ACHEGUES

Á ARTE DA NATUREZA

 

 

Actualizada o: 16/12/2016

 

       

         Queres achegarte á natureza neste Nadal?

 

         Pois non tes máis que dar un paseo pola costa do Baixo Miño, observar os lugares onde se pousan as gaivotas, fíxarte nas manchas dos excrementos e... se ves algunha silueta que te lembre a algún obxecto, figura, etc... sácalle unha foto e nola envías. Na páxina de ANABAM poremos no mes de xaneiro as fotografías que recibamos. Datas desta actividade: do 16 ao 31 de decembro de 2016

     

         Esta actividade está baseada na obra do artista guardés Jorge Barbi. (para saber máis de J. Barbi premer no seguinte enlace:

 http://www.jorgebarbi.com/

 

       A todos os participantes lles agasallaremos coas tres publicacións que elixan das que aparecen no seguinte enlace:

 

publicacións anabam

 

As fotografías deben ser enviadas sen retoques, ao correo electrónico de ANABAM: anabam.anabam@gmail.com

 

 

 

 

 

 

Dúas fotografías do artista guardés Jorge Barbi:

excrementos de gaivota en sendos rochedos do Baixo Miño.

 

 

 

 

Actualizada o 2/11/2016

 

ANABAM NO VIII SIMPÓSIO IBÉRICO SOBRE A

BACIA HIDROGRÁFICA DO RIO MINHO

 

 

 

 

 

     O Simpósio Ibérico Sobre a Bacia Hidrográfica do Rio Minho reúne investigadores, estudantes e naturalistas de Portugal e de Galicia que teñen como obxetivo común transmitir e recibir información sobre o rio Minho.

 

     Nos vindeiros días 4 e 5 de Novembro, ANABAM estará presente nesta oitava edición do Simpósio presentando un panel sobre a recolonización do esteiro do Miño pola lontra (Lutra lutra L., 1758).

 

    Esta especie estivo amplamente distribuída na Península Ibérica ata mediados do século vinte. Mais a presión cinexética e a perda de calidade do hábitat levaron a unha drástica diminución do rango de distribución da nutria. Esta tendencia foi xeneralizada en todo o continente europeo ata comezos do presente século no que se produce unha recuperación das poboacións e unha recolonización de vellos territorios. A escala local, a especie sobreviviu en cursos de auga do norte de Portugal (e.g. Río Âncora, Portugal). Neste traballo, a través de entrevistas persoais recollemos a  información dispoñible sobre a especie co obxectivo de reconstruír a recolonización do tramo final do Río Miño á vez que pomos de manifesto a importancia da transferencia de coñecemento entre os diferentes actores  na conservación de especies ameazadas.

 

 

 

PROSPECCIÓN COSTEIRA  

     

ACTIVIDADE PARA O VOLUNTARIADO

DO 25 AO 31 DE OUTUBRO 2016

 

EN QUE CONSISTE?

     Trátase de percorrer un tramo de costa para ver se hai algún cetáceo varado (ou se é o caso algunha tartaruga mariña).

 

SE NECESITA ALGÚN MATERIAL?

     Non é necesario, pero si recomendable levar unha cámara de fotos (ou de non ter entón o móbil para obter algunhas fotografías), un metro para medir o cetáceo e un pequeno caderno para tomar algunhas notas.

 

QUÉ FACER NO CASO DE ATOPAR O ANIMAL?

     Tomar datos da ubicación o máis exactos posibles. Se o animal estivese vivo comunicalo o máis urxente posible a ANABAM (contacto: 61 61 80 557; 986 61 14 90; 986 61 08 12).

 

QUÉN PODE SER VOLUNTARIO?

     Calquera persoa maior de idade ou menores acompañados e con permiso dos pais.

 

SE PRECISA TER ALGÚN TIPO DE COÑECEMENTO?

     Non é necesario.

 

QUÉ TEÑO QUE FACER PARA SER VOLUNTARIO NA PROPECCIÓN COSTEIRA?

     Poñer en contacto con ANABAM a través do correo electrónico (anabam.anabam@gmail.com)  para manter unha entrevista e explicarte os pormenores da propección.

 

SE TES DÚBIDAS OU PRECISAS MÁIS INFORMACIÓN,

PONTE EN CONTACTO CON NÓS

 

    

     Para saber máis sobre os cetáceos preme no seguinte enlace:

 

CETÁCEOS

 

 
     

ZONA DE PROSPECCIÓN NO BAIXO MIÑO

 

As persoas que desexen colaborar nestas prospección poden poñerse en contacto con ANABAM para asignarlles as cadrículas correspondentes.

 

Tamén as persoas que estean interesadas na prospección dunhas determinadas cadrículas ou que acostuman facer percorridos pola costa do Baixo Miño, poden enviarnos os datos que recollan dos varamentos que observen.

 

 

ZONA DE PROSPECCIÓN:

 

   Dende a desembocadura do Miño ata o límite de Oia con Baiona (Cabo Silleiro).

   Concellos de: A Guarda, O Rosal e Oia.

 

MATERIAL CONVINTE PARA A PROSPECCIÓN:

 

-Caderno para anotacións.

-Metro

-Se é posible cámara fotográfica.

-Cartografía que se pode obter do SIXPAC (ou SIGPAC).

 

 

DATOS MÍNIMOS:

 

-Localización (Concello  e coordenadas UTM)

-Referencias (datos que permitan coñecer máis ou menos con exactitude o lugar)

-Estado no que se atopa o animal.

-Especie (se a coñecemos)

-Lonxitude total.

-Macho ou femia.

-A ser posible algunha (s) fotografía (s).