anabam

traballando polo patrimonio natural

do Baixo Miño galego-portugués

 

anabam.anabam@terra.es     

 

 -ANABAM

-CAMPAÑAS

 -EVENTOS -  ACTOS

 -LEMBRANZAS

 -CONTACTO - HORARIO OFICINA-

 -ASOCIARSE

-ANABAM EN ACCIÓN

      -Saídas de Campo

-EDUCACIÓN AMBIENTAL

-ACTIVIDADES

-VOLUNTARIADO

-VISITAS GUIADAS

-CURSOS

-PUBLICACIÓNS

-VÍDEOS

 

ASOCIACIÓN  NATURALISTA  "BAIXO  MIÑO"

 

 

 

 

INICIO

 

PORTADA

 

PORTADAS ANTERIORES

 

PEGADAS

 

FENOLOXIA

 

FAUNA

 

MORTANDADE

 

INFORMACION

 

AGRESIONS

 

CARTAS

 

ANABAM VÍDEO

 

ODONATOS

 

 

P.E.S.

QUE E O PES

 

CAMARIÑA

 

CHARAXES JASIUS

 

PÍLLARA-BORRELHO

 

EURYNEBRIA

 

OTANTHUS MARITIMUS

 

HONCKENIA PEPLOIDES

 

WODWARDIA RADICANS

 

ANDORIÑA DE CU BRANCO

 

FENTOS ARBOREOS

 

 

TRABALLOS DE CAMPO

 

CETÁCEOS

 

TARTARUGAS MARIÑAS

 

FAUNA ATROPELADA

 

CENSO AVES ACUÁTICAS

 

ANDORIÑAS DO BAIXO MIÑO

 

PROXECTO LARUS

 

UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA

 

REXISTRO DE PEGADAS

 

ETNOGRAFÍA

ÚTILES E APARELLOS

 

MARCAS DOS MARIÑEIROS

 

 
 
MERCADIÑO
 

 

EN ACCIÓN

 

Actualizado o 24-05-2010

 

NOVA ACTUACIÓN NO ERBEDAL

 

         O sábado 22 de maio, procedemos a realizar novas labores de mantemento do erbedal na parcela cedida pola Comunidade de Montes de Camposancos. Aplicamos métodos mecánicos (desbrozadoras) e manuais para loitar contra as acacias que seguen a invadir a parcela. Aínda nos queda traballo por facer, pero pouco a pouco a superficie vai quedando despexada das invasoras. Dentro dun ou dous meses, levaremos a cabo unha nova limpeza.

 

 

Antón Ferreira tira dunha acacia mentras que Ricardo Portela "lle axuda" coa mirada. (Foto Manuel A. Pombal-anabam)

 

 

Luis Dorado observa un dos érbedos logo de que quedara despexado das acacias que o rodeaban. (Foto Antón Ferreira-anabam)

 

 

Agustín Ferreira coa desbrozadora eliminando a invasora que amenaza o erbedal. (Foto Antón Ferreira-anabam)

 

 

Manuel A. Pombal, procedendo a arrancar as pequenas acacias que xa empezaban a saír (Foto Antón Ferreira-anabam)

 

 

Pouco a pouco o terreo vai quedando despexado, pero aínda queda traballo por facer.(Foto Antón Ferreira-anabam)

 

 

Actualizado o 05-05-2010
REALIZADA A SEGUNDA LIMPEZA DO ERBEDAL

 

      O sábado 17 de abril, tres membros de ANABAM (Agustín Ferreira; Antón Ferreira e Ricardo Portela) procederon a levar a cabo os traballos de mantemento do erbedal. Nesta ocasión, gracias a contar con máis medios mecánicos, deuse un bo pulo de cara á eliminación das acacias que amenazan esta plantación de érbedos. Posiblemente, na próxima xornada que dediquemos a manter esta parcela, prevista para o sábado 22 de maio, demos por rematada a limpeza, evitando así que as sementes das acacias cheguen a madurar, o que suporía futuros plantóns e máis amenazas.

 

 

Pouco a pouco o terreo vai quedando despexado permitindo que os érbedos

queden á vista e non sufran as amenazas das especies invasoras, neste caso das acacias.

 

Actualizado o 05-04-2010

 O 17 DESTE MES ESTÁ PREVISTO REALIZAR

A SEGUNDA FASE DE MANTEMENTO DO ERBEDAL

 

     Esperamos poder cumplir, se non hai imprevistos de última hora, coa segunda fase de limpeza e mantemento do "Bosque para unha bolboreta".

 

     Ao igual que na vez anterior, agradecemos a colaboración de cantos queiran vir e botar unha man, pois as acacias son, para este bosque, o inimigo número un e temos que loitar contra elas, xa que invaden e cubren materialmente este erbedal. Os que se sumen a esta tarefa e poidan traer desbrozadoras, mellor, pois este método é o máis rápido para evitar que as acacias cheguen a soltar as sementes, a partir do verán. Por suposto que os que non teñan desbrozadoras poderán utilizar serras e outro material subministrado por ANABAM. Con vistas ao futuro, resulta máis eficaz arrancar as acacias de raíz, cousa que non é moi dificultoso polo de agora, xa que as raíces están superficialmente, polo que este método tamén será empregado na limpeza do erbedal.

 

   O dito, se queredes colaborar no rpoxecto, seredes ben recibidos.

 

 

 

A desbrozadora vai ser imprescindible para proceder a eliminar as acacias antes

de que cheguen a soltar as sementes.

 

 

Actualizado o 10-02-2010

 

LIMPEZA DO BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA (erbedal)

 

 

     O vindeiro sábado 13 de febreiro, a partir das catro da tarde, dedicarémonos  á limpeza e mantemento do bosque para unha bolboreta. O erbedal está inzado de acacias, unha plaga que amenaza a plantación que fixemos vai facer dous anos. Así que todas aquelas persoas que desexen contribuir co seu esforzo botándonos unha man na limpeza para manter en condicións este espazo, están invitadas a colaborar.

 

    O erbedal está nunha parcela situada a carón da área recreativa que hai na subida ao Trega, na zona coñecida como Campo de Chans. A parcela foinos cedida pola Comunidade de Montes de Camposancos.

 

    Colaborando neste proxecto, estaremos contribuíndo á preservar a flora e fauna da comarca do Baixo Miño, este ano, ademais, é un bo momento porque así contribuímos aos actos do Ano Internacional da Biodiversidade promulgado pola ONU.

 

   

CENSO MES DE FEBREIRO

 

 

Gabitas pousada nun rochedo na zona do Puntal, praia de Camposancos (A Guarda)

 

     Estamos a piques de rematar os censos da tempada 2009-2010. O último sábado deste mes de febreiro levaremos a cabo o penúltimo censo de aves acuáticas no Esteiro do Miño.

 

    Invitamos a participar neste censo a tódalas persoas que queiran botarnos unha man. Da igual coñecer ou non ás aves, todo é empezar. O primeiro turno comeza ás 10 da mañá e o segundo turno ás 4 da tarde. Sábado 27 de febreiro.