anabam

traballando polo patrimonio natural

do Baixo Miño galego-portugués

 

anabam.anabam@terra.es     

 

 -ANABAM

-CAMPAÑAS

 -EVENTOS -  ACTOS

 -LEMBRANZAS

 -CONTACTO - HORARIO OFICINA-

 -ASOCIARSE

-ANABAM EN ACCIÓN

      -Saídas de Campo

-EDUCACIÓN AMBIENTAL

-ACTIVIDADES

-VOLUNTARIADO

-VISITAS GUIADAS

-CURSOS

-PUBLICACIÓNS

-VÍDEOS

 

ASOCIACIÓN  NATURALISTA  "BAIXO  MIÑO"

 

 

 

 

INICIO

 

PORTADA

 

PORTADAS ANTERIORES

 

PEGADAS

 

FENOLOXIA

 

FAUNA

 

MORTANDADE

 

INFORMACION

 

AGRESIONS

 

CARTAS

 

ANABAM VÍDEO

 

ODONATOS

 

 

P.E.S.

QUE E O PES

 

CAMARIÑA

 

CHARAXES JASIUS

 

PÍLLARA-BORRELHO

 

EURYNEBRIA

 

OTANTHUS MARITIMUS

 

HONCKENIA PEPLOIDES

 

WODWARDIA RADICANS

 

ANDORIÑA DE CU BRANCO

 

FENTOS ARBOREOS

 

 

TRABALLOS DE CAMPO

 

BOLBORETAS

 

CETÁCEOS

 

TARTARUGAS MARIÑAS

 

FAUNA ATROPELADA

 

CENSO AVES ACUÁTICAS

 

ANDORIÑAS DO BAIXO MIÑO

 

PROXECTO LARUS

 

UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA

 

REXISTRO DE PEGADAS

 

ETNOGRAFÍA

ÚTILES E APARELLOS

 

MARCAS DOS MARIÑEIROS

 

 
 
MERCADIÑO
 

 

AGRESIÓNS AO PATRIMONIO NATURAL

REDE SANEAMENTO DA GUARDA

 

IR A MAPA DE AGRESIÓNS

IR A REDE SANEAMENTO

IR A AGRESIÓNS COSTA

IR Á VERTEDOIROS INCONTROLADOS IR Á EXTRACCIÓN AREA IR A ATERRAMENTOS
IR A FURTIVISMO IR A OUTRAS IR A PRESA RÍO VILACHAN
IR A ALEGACIÓNS EÓLICOS IR A ANTENAS TREGA IR A CONSTRUCIÓNS EN REDE NATURA

 

      Actualizado o 11-08-2011  
 

 

    A marisma de Salcidos, coñecida como a Xunqueira, é unha zona situada entre a desembocadura do Tamuxe e Camposancos, en forma de media lúa, que se atopa na desembocadura do Miño. Delimitada por un estreito bosque de ribeira (amieiros e salgueiros, principalmente), cara ao oeste, a súa superficie está cuberta polo canaveiral (Phragmites australis) e xuncáceas diversas.

 

   É o hábitat de especies emblemáticas e, nalgúns casos extremadamente ameazadas e moi sensibles, algunhas mesmo, raras e escasas na Península Ibérica, como é o caso do avetouro, tartaraña arpella (Circus aeruginosus), etc.

 

   Pois ben, a pesares desta xoia que temos no Baixo Miño, -poucos lugares hai na península con esta riqueza- pouco caso lle fan as diferentes administracións que teñen competencias nela.

 

    Cando hai uns anos se construiu a rede de saneamento (que recolle as augas non só da Guarda senón tamén do Rosal), semella que ningunha administración se preocupou de valorar o proxecto, de revisalo e de facer un seguimento pormenorizado do mesmo.

 
 

      A Lei de Costas non permite estas infraestruturas nestas zonas, pero na Guarda permitíronse e os responsables, naquel entón, fixeron a vista gorda. As consecuencias vémolas cada dous por tres, e máis aínda cando chove.

 

     O acontecido nos primeiros días do pasado mes de xullo, onde se verteron directamente á marisma milleiros de metros cúbicos de augas fecais, foi un caso máis do que acontece con certa frecuencia, pero nesta ocasión as chuvias non tiveron nada que ver. O cheiro segue a estar no ambiente. O carrizal e xuncal segue acumulando residuos e, probablemente, en diversos puntos da rede de saneamento que pasa pola zona, debe haber máis dunha fuga que segue contaminando este humedal que se está a converter nun auténtico sumidoiro de merda.

 

 
 

 

     O presidente de ANABAM inspecciona o lugar polo que se produce a saída dos vertidos co fin de tomar nota e proceder á correspondente denuncia e solicitar o inmediato arranxo da avaría. Eran ás oito da tarde do día 6 de xullo, polo que habería que esperar ata o día seguinte.

 

    No obstante, non fixo falta que ANABAM tomara cartas no asunto xa que personal do concello e da Xunta de Galicia estiveron, precisamente no seguinte día, arranxando a avaría, aínda así, e tan pronto poidamos, trataremos de percorrer a rede de saneamento para ver se localizamos outras posibles fugas, mesmo pediremos ao Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Marino que tome cartas no asunto co fin de evitar as continuas fugas que se dan frecuentemente.

 
         
 

 

      Coa marea chea, o entorno do canaveiral víase cun aspecto que daba noxo. O forte cheiro denunciaba ás claras o que estaba a suceder.

 

 

Actualizado o 16-03-2009

 

VERTIDOS DE AUGAS RESIDUAIS

NO FORNO DO DUQUE

 

 

 

O vertido de augas residuais en certos puntos da rede de sumidoiros guardesa, é un mal endémico que vimos arrastrando dende o mesmo día en que se puxo en funcionamento a mesma. Dende ANABAM denunciamos en varias ocasións estes feitos, e mesmo falamos con responsables da empresa que realizou as obras. Pero nin o Servicio provincial de Costas, o alcantarillado pasa -pensamos que ilegalmente- pola zona de dominio público, mesmo é unha zona inundable a onde chegan as preamares; nin Medio Ambiente da Xunta de Galicia, nin o Concello guardés, parecen estar preocupados por esta situación que se produce un día sí e outro tamén.  Milleiros de litros vértense directamente á canle do Miño, en plena zona ZEPA (Zona de Especial Protección de Aves), diante dun dos observatorios ornitolóxicos, o do Forno do Duque, polo que o espectáculo e a imaxe que exportamos diante das persoas que se achegan ata esta paraxe ¿natural? é lamentable. Así que, novamente, temos que traer a esta web os vertidos de augas residuais que durante varias semanas estiveron saíndo ao río (e iso que non chovía, porque cando isto sucede case que nun 99%  das veces, os vertidos se producen). ANABAM estudia presentar diante dos organismos responsables a eliminación da rede de sumidoiros desta zona e solicitar que se leve por onde estaba contemplada no proxecto orixinal: isto é, subir pola estrada do Forno do Duque para continuar polo camiño de Lañares. No seu día, técnicos do Servicio de Costas e da empresa construtora, manifestaron a ANABAM, ante as reticencias do responsable desta asociación, que non habería problemas neste senso, que os sumidoiros serían totalmente estancos e mesmo que se realizarían previamente probas para comprobar a estanquidade da rede. Ou se equivocaron (cousa difícil de crer, xa que son técnicos) ou nos enganaron, cousa máis probable.

 

 

Actualizado o 02-11-2006

     ¿QUÉ  ADMINISTRACIÓN É A 

RESPONSABLE DOS VERQUIDOS?

 

     Dende os inicios da construcción da ¿rede de saneamento? da Guarda, esta asociación ven facendo un seguimento da mesma, denunciando en máis dunha ocasión, ante os organismos responsables, a deficiente, por non decir pésima, construcción da citada rede. Podemos poñer algúns exemplos desta deficiente construcción que presuntamente raia na ilegalidade nalgúns dos seus aspectos:

 

                  -As augas residuais non van separadas das augas pluviais, o que orixina constantes problemas no bombeo da mesma coas repercusións que iso supón para o medio e, por suposto, para os propios elementos da depuración de augas residuais.

 

                  -Discurre paralelamente por zona de costa, en terreos de servidume de protección.

 

                 -Vértense directamente augas residuas sen depurar.

 

                 -As arquetas están, nalgúns casos na cota cero, o que supón que coa marea chea as augas salobres entren nas mesmas ou, con chuvia saian ó exterior as augas residuais.

 

 

       A reportaxe fotográfica que poñemos máis abaixo pertence aos verquidos que frecuentemente se producen na zona do Observatorio do Forno do Duque, na marisma de Salcidos, zona visitada por moitas persoas que veñen observar aves. 

 

     Por estas arquetas, e por outras que non aparecen nas fotografías,  flúen os residuos da parroquia guardesa de Salcidos e do municipio do Rosal. 

 

 

 

Como mínimo media ducia de alcantarillas ofrecen este lamentable espectáculo de augas residuais saíndo directamente sen depurar  a unha zona calificada como LIC e ZEPA. 

 

A pesar das denuncias e informes enviados por ANABAM dende que se iniciou a construcción do colector guardés, ningunha administración toma cartas no asunto. Estas administracións Costas, Medio Ambiente, Local, de quen depende directamente estes feitos, son as primeiras en incumplir a Lei coa que obrigan, multan e castigan aos cidadáns, pero os responsables das mesmas, teñen patente de corso para poder facer o que lles veña en gana.

 

 

O verquido deixa un rastro de residuos nas proximidades da arqueta.

 

 

A desembocadura do Miño, por onde entran as apreciadas lampreas e onde se captura o ameixón, é o destino das augas residuais que emanan das alcantarillas. Esta zona é, ademais, o lugar de maior querencia ornitolóxica de todo o Esteiro do Miño. Ó fondo Caminha.

 

 

As augas residuais quedan estancadas nos arredores desprendendo un nauseabundo cheiro e sendo un foco de insalubridade que pode repercutir na saúde das persoas, contaminando ademais unha das zonas húmidas máis importantes do NW peninsular. 

 

Diante destes feitos que se producen reiteradamente, ANABAM seguirá pedindo responsabilidades a tódalas administracións a quen fan responsable dos verquidos que se producen na ribeira fluvial da Guarda.

 

 

Actualizado o 27 de xuño de 2006

 

 

O verquido de augas residuais a través de desaugues "máis ou menos legais-ilegais" se produce con certa frecuencia na ribeira guardesa da desembocadura do Miño. Dende o noso punto de vista os coleptores non se fixeron como debería facerse: separando as augas residuais das pluviais e iso produce habitualmente estes verquidos. (Fotografía obtida na praia da Armona, Camposancos-A Guarda o 25 de maio de 2006)