anabam

traballando polo patrimonio natural

do Baixo Miño galego-portugués

 

anabam.anabam@gmail.com

anabam@gmx.es

 

 -ANABAM

-ANABAM EN ACCIÓN

 -EVENTOS -  ACTOS

 -LEMBRANZAS

 -CONTACTO - HORARIO OFICINA-

 -ASOCIARSE

 

-EDUCACIÓN AMBIENTAL

-ACTIVIDADES

-VOLUNTARIADO

-VISITAS GUIADAS

-CURSOS

-PUBLICACIÓNS

-VÍDEOS

 

 

 

ÍNDICE TEMÁTICO

 

INICIO

 

PORTADA

 

PORTADAS ANTERIORES

 

PEGADAS

 

FENOLOXIA

 

FAUNA

 

MORTANDADE

 

INFORMACION

 

AGRESIONS

 

CARTAS

 

ANABAM VÍDEO

 

ODONATOS

 

FERVENZAS

 

P.E.S.

 

QUE E O PES

 

CAMARIÑA

 

PÍLLARA-BORRELHO

 

EURYNEBRIA

 

HONCKENIA PEPLOIDES

 

WODWARDIA RADICANS

 

ANDORIÑA DE CU BRANCO

 

FENTOS ARBOREOS

 

PELOBATES CULTRIPES
 

TRABALLOS DE CAMPO

 

BOLBORETAS

 

CETÁCEOS

 

TARTARUGAS MARIÑAS

 

FAUNA ATROPELADA

 

CENSO AVES ACUÁTICAS

 

ANDORIÑAS DO BAIXO MIÑO

 

PROXECTO LARUS

 

UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA

 

SINAIS ANIMAIS SILVESTRES

 
OTANTHUS MARITIMUS
 

CHARAXES JASIUS

 

ETNOGRAFÍA

 

ÚTILES E APARELLOS

 

MARCAS DOS MARIÑEIROS

 

 
 
MERCADIÑO
 

 

AGRESIONS AO PATRIMONIO NATURAL DO BAIXO MIÑO

 

 

IR A MAPA DE AGRESIÓNS

IR A REDE SANEAMENTO

IR A AGRESIÓNS COSTA

IR Á VERTEDOIROS INCONTROLADOS IR Á EXTRACCIÓN AREA IR A ATERRAMENTOS
IR A FURTIVISMO IR A OUTRAS IR A PRESA RÍO VILACHAN
IR A ALEGACIÓNS EÓLICOS IR A ANTENAS TREGA IR A CONSTRUCIÓNS EN REDE NATURA

 

      Actualizada o 30-01-2012  

 

por Noé ferreira Rodríguez

 

A AMEAZA DOS EÓLICOS NA SERRA DA GROVA

O 16 de Decembro de 2012 a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental declarou “ambientalmente viable” a instalación de 11 aeroxeneradores de 80 metros de alto no parque eólico “Albariño I”.

Uns días despois, o 20 de Decembro de 2012 o Conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, anunciou os novos dominios da Rede Natura 2000, entre os que se atopan enclaves de gran interese ecolóxico e paisaxístico na comarca do Baixo Miño coma a propia Serra da Groba, a costa de Oia ou a Valga.

Dos 21 aeroxeneradores propostos no proxecto inicial, a empresa promotora Eurovento, renunciou a 10 deles polos requisitos en canto a protección paisaxística do mosteiro cisterciense de Oia, quedado os 11 restantes distribuídos con 5 aeroxeneradores en Baiona, 2 en Tomiño e 4 en Oia, ademais dunha subestación eléctrica en Barrantes (Tomiño), máis de 3.000 metros de novas pistas de acceso e o acondicionamento de case 3.500 metros das xa existentes,  liñas de alta tensión… e todo isto, segundo o informe, deberá facerse respectando a fauna, flora, gando e humedais, debendo deterse calquera actividade nun perímetro de 500 metros no caso de atopar parellas reprodutoras de Gatafornela (Circus cyaneus).

Como vai a afectar a instalación dos aeroxeneradores e as infraestruturas asociadas a un enclave como a Serra da Groba?, se ben se situarán fóra da nova zona proposta para ser catalogada como Rede Natura, segue tratándose de espazos moi sensibles a calquera intervención, como as turbeiras, que xa están seriamente ameazadas pola captación de auga, é unha das principais preocupacións, xa que o único punto que ao parecer motivou a renuncia da instalación de 10 destes aeroxeneradores pola empresa promotora foron as dificultades técnicas á hora de protexer o entorno visual do mosteiro

 

 

O impacto e perigos dos parque eólicos

O vento é unha enerxía renovable e non contaminante pero nesta catalogación non se ten en conta o impacto paisaxístico e medio ambiental.

A construción dos parques eólicos leva asociada a apertura de pistas para o uso de maquinaria pesada coa conseguinte compactación do terreo, o incremento da erosión, destrución da vexetación e molestias para a fauna pola destrución do hábitat e a constante actividade.

O impacto visual destas estruturas de 80 metros é evidente, a isto súmase o ruído que emite o movemento das aspas, o perigo de colisión das aves e a contaminación polos aceites usados nos engrenaxes.

Sobre a necesidade de novas instalacións eléctricas

Segundo os datos da Rede Eléctrica Española do ano 2010, a comunidade galega produce anualmente un total de 29.250 GWh e a demanda é de 20.731 GWh, o que se traduce nun excedente de máis de 8.000 GWh.

Mentres noutros lugares procédese a desmantelar centrais hidroeléctricas obsoletas, protexer ao máximo o patrimonio natural e cultural, o valor natural dos nosos montes continúa a verse coma un recurso a transformar, aproveitando os espazos que sobran tralo ordenamento dos montes para o aproveitamento eólico, para a adxudicación de espazos dentro da Rede Natura 2000 ou LIC.      

 

 
 

Datos: Rede Eléctrica Española, 2010. “El sistema eléctrico por comunidades autónomas”

Así como a xunta recoñeceu a sobreexplotación dos nosos ríos polas centrais hidroeléctricas no pasado ano 2011, co compromiso por parte das principais forzas políticas de non conceder novas explotacións “salvo que non afecten ao caudal”, os parques eólicos sitúanse xa como unha das principais fontes de enerxía na comunidade.

 

 

Datos: Rede Eléctrica Española, 2010. “El sistema eléctrico por comunidades autónomas”

Nun territorio no que o 30% da enerxía producida se exporta, xorden preguntas:

Qué sentido ten a instalación de novas explotacións eólicas…

… se para iso non se teñen en conta os valores naturais?

…se non se traduce nunha liberación de obstáculos nos nosos ríos?

…se hipotecamos o futuro dos nosos montes para o beneficio económico dunhas empresas?

ANABAM non se opón as enerxías renovables, nin a enerxía eólica en particular sempre que se respecten os valores naturais e o patrimonio cultural da nosa terra, sempre que o beneficio económico xerado non prime sobre unha explotación racional do territorio.

Maís información (30/12/2011): País, Voz de Galicia e Faro de Vigo

 

 

Actualizado o 05-04-2010

 

UN NOVO ACTO DE VANDALISMO

CONTRA UN DOS OBSERVATORIOS ORNITOLÓXICOS

 

     Apenas van uns meses dende que se rematar de construír o observatorio da Regueira Ancha, na área ornitolóxica da desembocadura do Miño, e xa temos os primeiros actos de vandalismo realizados no mesmo.

 

    Foi arrancada unha das táboas que cubría o interior e xa trataban de facer o mesmo nalgunhas máis.

 

    Estes vándalos, que non respetan nada, nin siquera aquilo que ten por obxecto contribuir a dar a coñecer e preservar a natureza, soamente han de aprender cando a man dura caia sobre eles. O caso é que mentres se lles consinta estes actos, non se exerza unha vixianza e non se lles dé un escarmento, seguirán facendo das súas.

 

 

Os vándalos arrancaron a táboa que cubría o frontal, e intentaron facer o mesmo con outras.

 

 

Actualizado o 26-03-2007

 

     Ducias de toneladas de area son depositadas e acumuladas diariamente no Pasaxe (Camposancos, A Guarda), procedentes do dragado da canle do ferri. Un dos moitos problemas que ANABAM, única entidade que se opuxo ao mesmo, xa dixera no su momento. A situación xera malestar entre os veciños e paseantes na zona por dous motivos principais: o espectáculo denigrante que supón a acumulación da area, verdadeiras montañas; o impacto paisaxístico nunha zona marabillosa para disfrutar da vista do río; o continuo ruido de excavadoras e camións de gran tonelaxe e o perigo que esa maquinaria supón para cantos frecuentan ou transitan pola zona. Todo isto está executado a instancias da Dirección  Xeral de Costas  do Ministerio de Medio Ambiente.

 

Foto: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam

 

         Como estes feitos non son suficientes, Portos de Galicia (dependente da Xunta de Galicia, Goberno Autonómico); Servicio Provincial de Costas (dependente do Ministerio de Medio Ambiente, Goberno Central) e moito nos tememos que o Goberno local de Oia, dedícanse a agredir o litoral creando falsas praias que duran o que as mareas e o temporal tarda en actuar. É un despilfarro de cartos que proceden dos cidadáns (hai que pagar o transporte); é un despilfarro de enerxía (petróleo, que teñen que pagar os cidadáns) e un incremento innecesario de polución e contaminación ambiental con emisións de CO2, agora que tanto se fala -máis se cabe polos propios políticos- do cambio climático; é unha forma de decir aos cidadáns: vos non podedes facer isto porque vai contra a Constitución, artigo 45; contra a Lei de Costas; contra a protección dos 500 metros do litoral; contra a protección do dominio público..., pero nós (a Administración autonómica e central) sí podemos facelo porque somos os que mandamos.

 

     Que exemplo están a dar os nosos administradores con estes feitos cando están a gastar cartos en publicidade que nin eles mesmo cumplen?  Que sensación produce nos administrados cando os políticos saen nos medios de comunicación sinalando a preocupación que teñen pola destrucción da costa, do litoral, promovendo medidas de protección, etc., etc.?

 

Foto: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam

 

Porto de Oia, marxe dereita. Toneladas de area procedentes do esteiro do Miño foron depositadas este verán na zona rochosa, ocupando unha franxa duns 100 metros de lonxitude.

 

Foto: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam

 

Fotografía tomada o 5 de outubro deste ano 2008. Parte da area depositada foi arrastrada pola marea. Esta area, que o mar arrastra co seu movemento, incide negativamente na vida mariña, tanto de peixes como de moluscos, algas, etc., afectando ás postas, introducíndose nas branquias, etc. O dano á biodiversidade da zona próxima debe ser algo semellante a cando nós estamos no interior dunha habitación con grandes cantidades de pó.

 

Foto: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam

 

Que saibamos, esta é a segunda vez que se producen vertidos de area para facer unha praia artificial inviable, nesta zona do porto de Oia. Ámbalas dúas veces, o mar encargouse de facer realidade o que algúns non queren ver: esta non é unha zona natural de depósito de area, por iso aquí non hai unha praia. No caso do Porto de Oia, o responsable dos vertidos é Portos de Galicia, que é de quen depende a zona.

 

Foto: Manuel Ángel Pombañ Diego-anabam

 

Praia artificial en Mougás. A Dirección Xeral de Costas, dependente do Ministerio de Medio Ambiente, parece non saber que facer coa area que saca do Miño e non se lle ocurre mellor idea que ir  verténdoa pola costa.

 

Foto: Manuel Ángel Pombañ Diego-anabam

 

E claro, o mar pouco a pouco (ou moito a moito) vaise encargando de retirar o areal construído artificialmente en zonas non aptas para elo (senón xa o propio mar faría unha praia natural), espallando toneladas de area polo fondo mariño.

 

 

Actualizado o 26-03-2007

EMPORCALLAR O LITORAL

GUARDÉS

 

   Nun tramo de menos duns 300 metros, contabilizamos máis de 20 puntos de verquidos no borde do litoral que vai dende a praia do Carreiro, no porto da Guarda, ata preto da depuradora. 

 

    Os máis numerosos son os restos de obras, pero tamén observamos sacas de roupa vella, productos da horta e plásticos, por poñer algúns exemplos.

 

     As fotografías que van a continuación foron sacadas o mesmo día: 3 de febreiro deste ano.

 

 

 

Restos de obra se acumulan no borde do litoral, entre os rochedos e a estrada que parte do porto guardés cara á depuradora.

 

 

Outro verquido de restos de obra, os máis numerosos, neste caso con uralitas que poden conter amianto, un dos máis perxudiciais productos para a saúde humana.

 

 

Os restos vexetais tampouco quedan atrás. Un bó número de patacas pode apreciarse no borde próximo aos rochedos do mar.

 

 

Capachos plásticos e máis restos de obra. Algúns destes restos conteñen materiais cortantes que poden supoñer un perigo para a xente que anda por aquí.

 

 

Sacas plásticas, roupa e material de obra. 

 

      O respecto á natureza ou ós demais veciños, non é o forte das persoas que incívicamente botaron o lixo. Non hai disculpa hoxendia por actos como estes dado que existe un servicio de recollida de lixo, hai un punto limpo e outros lugares onde se pode depositar este material sen perxudicar ó entorno.

 

 

 

Actualizado o 22-01-2007

 

AGRESIÓNS  Á  COSTA

 

      Seguimos sen entender como o Servicio Provincial de Costas aínda segue a permitir as obras que se están a levar a cabo nunha finca próxima ao Seixal, na costa sur da Guarda. E non entendemos isto xa que a Lei de Costas, de acordo ao seu articulado, parece ser que este tipo de obras non as permite. Pero é mais, se agora se fala de respetar os 200 metros de costa ¿como é que aquí non se ten en conta tal feito?

 

    Se temos en conta casos semellantes, este tipo de peches e obras no seu interior acaban por se transformar en residencias de fin de semana e/ou de verán, como podemos apreciar noutras zonas da costa guardesa e do Baixo Miño. 

 

Unha finca na costa cun peche destas características non é, precisamente, para plantar patacas.

Pouco a pouco o espacio vaise acondicionando para os obxectivos que están previstos.

Estructura de bloques e cemento, no fondo parede de bloques.

Algunhas fincas, como esta, vanse pechando para logo obrar no seu interior,

Sobre a base cementada se dispón unha caseta móbil. Tal vez a Lei de Costas permita este tipo de "edificación", pero o certo é que pouco a pouco o entorno se vai modificando, se van creando necesidades e o final quen paga as consecuencias é o tramo costeiro.

 

 

Actualizado o 12 de xullo de 2006

 

     As construccións, "legais" ou ilegais, van mermando paulatinamente as características naturais da costa. As veces estas xurden "mimetizando" os fins verdadeiros que se pretenden con elas. Dende ANABAM, tratamos de preservar a riqueza que supón o patrimonio natural, non sempre o conseguimos, sobre todo porque habitualmente os responsables das diferentes administracións pasan do tema, son ineficaces, non indagan e, finalmente, non se "mollan" e acaban por conceder permisos se ton ni son. 

 

 

Esta imaxe foi obtida o pasado 8 de xullo nas proximidades do "Seixal", na costa sur da Guarda. Se está procedendo ó peche dunha finca en plena zona de dominio marítimo-terrestre. ANABAM vai enviar o correspondiente escrito para que se tomen medidas ó respecto.

 

     

 

Actualizado o 27 de xuño de 2006

 

    

 

Restos de percebes e bolsas plásticas, guantes... As percebeiras e percebeiros non tratan con igual actitude o interese en obter percebes e o respeto ó medio do que elas e eles obteñen os beneficios. Este lamentable espectáculo podemos velo ó longo de toda a costa do Baixo Miño. (Fotografía obtida 0 16 de marzo de 2006 na costa do Rosal).