anabam

traballando polo patrimonio natural

do Baixo Miño galego-portugués

 

anabam.anabam@terra.es     

 

 -ANABAM

-CAMPAÑAS

 -EVENTOS -  ACTOS

 -LEMBRANZAS

 -CONTACTO - HORARIO OFICINA-

 -ASOCIARSE

-ANABAM EN ACCIÓN

      -Saídas de Campo

-EDUCACIÓN AMBIENTAL

-ACTIVIDADES

-VOLUNTARIADO

-VISITAS GUIADAS

-CURSOS

-PUBLICACIÓNS

-VÍDEOS

 

ASOCIACIÓN  NATURALISTA  "BAIXO  MIÑO"

 

 

 

 

INICIO

 

PORTADA

 

PORTADAS ANTERIORES

 

PEGADAS

 

FENOLOXIA

 

FAUNA

 

MORTANDADE

 

INFORMACION

 

AGRESIONS

 

CARTAS

 

ANABAM VÍDEO

 

ODONATOS

 

 

P.E.S.

QUE E O PES

 

CAMARIÑA

 

CHARAXES JASIUS

 

PÍLLARA-BORRELHO

 

EURYNEBRIA

 

OTANTHUS MARITIMUS

 

HONCKENIA PEPLOIDES

 

WODWARDIA RADICANS

 

ANDORIÑA DE CU BRANCO

 

FENTOS ARBOREOS

 

 

TRABALLOS DE CAMPO

 

BOLBORETAS

 

CETÁCEOS

 

TARTARUGAS MARIÑAS

 

FAUNA ATROPELADA

 

CENSO AVES ACUÁTICAS

 

ANDORIÑAS DO BAIXO MIÑO

 

PROXECTO LARUS

 

UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA

 

REXISTRO DE PEGADAS

 

ETNOGRAFÍA

ÚTILES E APARELLOS

 

MARCAS DOS MARIÑEIROS

 

 
 
MERCADIÑO
 

 

 

Alca torda

 

(ARAO ROMEIRO)

 

 

      Actualizada o 11-01-2012  
 

NOS ÚLTIMOS DÍAS ATOPAMOS

TRES EXEMPLARES DE ARAO ROMEIRO (Alca torda)

 

 

Texto e fotos: Manuel A. Pombal Diego

e Agustín Ferreira Lorenzo

 
 

 

 

      

       O arao romeiro (Alca torda) é unha ave palmípeda bastante común e regular en Galicia como especie invernante procedente de Gales e Escocia de outubro ata primeiros de maio, e máis rara en outros meses do ano. A pesar da súa abundancia, non é frecuente atoparse con exemplares mortos ou feridos, tal e como aconteceu nos últimos días.O primeiro exemplar apareceu morto á altura de O Molla Cu (Santa María de Oia; concello de Oia) o pasado día 27 de decembro de 2011. Pola forma e tamaño (menos ancho) do peteiro que non presentaba a típica risca branca dos adultos, era un individuo inmaturo.

     O segundo exemplar foi recollido o día 3 de xaneiro no lugar coñecido como Puntal, areal da desembocadura do Miño, en Camposancos, logo do aviso dado por unha familia que se encontraba nazona. Non tiña sinais de petróleo polo que probablemente morrera por algún golpe.

    Finalmente, o pasado sábado 7 de xaneiro, atopamos outro exemplar morto, tamén inmaturo, e bastante deteriorado, no norte do Porto Ladrón ou Porto de Tato (As Mariñas de Mougás; concello de Oia). Curiosamente, este último exemplar estaba xusto a carón dunha gaivota morta.

    O arao romeiro é unha ave de medio tamaño, 38-43 cm de lonxitude e 60-69 cm de envergadura e sen dimorfismo sexual. Ten un peteiro negro, ancho e aplanado verticalmente, destacando nos exemplares adultos unha risca vertical de color branca. Os exemplares adultos teñen a plumaxe negra co peito e ventre branco. Aliméntanse principalmente de peixes e, en menor medida, tamén de crustáceos, moluscos,vermes mariños e algas. Habita nas illas e buratos protexidos dos cantís do Atlántico Norte. En Europa cría en colonias, maioritariamente en Islandia, pero tamén en Escandinavia e Gran Bretaña, e deixan os seus ovos nas rochas ou na terra.Unha vez que o macho é elexido, a parella estará unida o resto das súas vidas.