|

O movemento conservacionista se destacou sempre por pedir un cambio na
producción de enerxía. Dito cambio tiña que ver coas enerxías "limpas",
renovables, en substitución das convencionais, impactantes e moi
agresivas co medio. Pero, como sempre sucede, os avispados empresarios
aproveitan esta circunstancia para sacar a maior tallada posible e hoxe,
xurden empresas e empresarios "moi comprometidos" co medio
ambiente que queren frear o cambio climático aportando o seu grao de area,
e para iso non dubidan en semear os cumes dos montes de decenas, centos de
torretas con un único obxectivo: sacar a maior rendabilidade posible a
este novo e, polo que parece, interesante negocio.
Enerxías alternativas sí, pero non a calquera precio. Non de forma
masiva; non estragando o patrimonio cultural, ecolóxico, etnográfico e
paisaxístico. Non de xeito irracional.
A instalación de aeroxeradores debe ir parello ao desmantelamento das
industrias productoras de enerxía convencional. Pero isto,
desgraciadamente, non está a suceder.
Dende ANABAM consideramos que, entre outros puntos a ter en conta, hai que
valorar os seguintes:
a/ Se nestes
intres existe verdeira necesidade de producir máis enerxía en
Galicia.
b/ Si a
construcción de novas fontes de producción de enerxía vai implicar no
mesmo momento e que estas se poñan en funcionamento a desmantelación
das convecionais.
c/ Se estudie a forma
de evitar impactos dos aeroxeneradores sobre aves e morcegos.
O anteriormente exposto, deunos pé a presentar as correspondentes
alegacións en contra do Parque eólico Alvariño I, na Serra da Groba.
Porque entendemos que:
a/ Este tipo de instalacións non se poden declarar como ben de
interese público, cando Galicia produce máis enerxía da que
necesita, exportando, en consecuencia a mesma. En tal caso será un negocio
privado de interese privado.
b/ Ata agora a instalación de enerxías alternativas ou limpas, non
supuxo o peche de ningunha das centrais convencionais, polo que non ten
razón de ser a construcción de novas infraestructuras enerxéticas se
non van acompañadas da respectiva eliminación das existentes.
c/ De acordo a reglamentación existente, se a memoria non nos falla, no
mes de agosto do pasado ano (2006) se produciron nos montes da Serra da Groba,
grandes incendios que asolaron literalmente a súa superficie. Se a
reglamentación dice que por un periodo de 30 anos non se pode cambiar o
uso do monte , váise consentir a instalación do parque eólico?
d/A Serra da Groba, no seu conxunto, ten un grande valor paisaxístico,
cultural, ecolóxico e etnográfico. Vaise permitir a súa destrucción e
ou merma para beneficiar a certos empresarios que están hipotecando os
valores inmateriais que encerra ese espacio natural?
e/ Pensamos que a Serra da Groba ten que ser declarada Parque Natural e
apelamos, neste senso, á Xunta de Galicia para que non permita a súa
transformación e rexeite, en consecuencia, calquera acción e/ou
actividade que vaia en perxuicio deste enclave
Esperamos que este abuso de parques eólicos acabe dunha vez por todas e
se instalen única e exclusivamente aqueles que estrictamente sexan necesarios
e, en contrapartida, se desmantelen as fontes convencionais.

As fotografías
pertencen aos aeroxeneradores de Vila Nova de Cerveira.
(Foto: Agustín Ferreira
Lorenzo-anabam).
Máis
información en http://www.sosgroba.com |