anabam

traballando polo patrimonio natural

do Baixo Miño galego-portugués

 

anabam.anabam@terra.es     

 

 -ANABAM

-CAMPAÑAS

 -EVENTOS -  ACTOS

 -LEMBRANZAS

 -CONTACTO - HORARIO OFICINA-

 -ASOCIARSE

-ANABAM EN ACCIÓN

      -Saídas de Campo

-EDUCACIÓN AMBIENTAL

-ACTIVIDADES

-VOLUNTARIADO

-VISITAS GUIADAS

-CURSOS

-PUBLICACIÓNS

-VÍDEOS

 

ASOCIACIÓN  NATURALISTA  "BAIXO  MIÑO"

 

 

 

 

INICIO

 

PORTADA

 

PORTADAS ANTERIORES

 

PEGADAS

 

FENOLOXIA

 

FAUNA

 

MORTANDADE

 

INFORMACION

 

AGRESIONS

 

CARTAS

 

ANABAM VÍDEO

 

ODONATOS

 

 

P.E.S.

QUE E O PES

 

CAMARIÑA

 

CHARAXES JASIUS

 

PÍLLARA-BORRELHO

 

EURYNEBRIA

 

OTANTHUS MARITIMUS

 

HONCKENIA PEPLOIDES

 

WODWARDIA RADICANS

 

ANDORIÑA DE CU BRANCO

 

FENTOS ARBOREOS

 

 

TRABALLOS DE CAMPO

 

BOLBORETAS

 

CETÁCEOS

 

TARTARUGAS MARIÑAS

 

FAUNA ATROPELADA

 

CENSO AVES ACUÁTICAS

 

ANDORIÑAS DO BAIXO MIÑO

 

PROXECTO LARUS

 

UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA

 

REXISTRO DE PEGADAS

 

ETNOGRAFÍA

ÚTILES E APARELLOS

 

MARCAS DOS MARIÑEIROS

 

 
 
MERCADIÑO
 

 

 

ANABAM  INFORMACION 2009

 

 

IR A INFORMACIÓN 2006 - 2008

IR A INFORMACIÓN 2010 - 2011

IR A INFORMACIÓN 2009

IR A INFORMACIÓN 2012

 

Actualizado o 16-12-2009

 

ÚLTIMO CENSO'2009 DE AVES ACUÁTICAS

NO ESTEIRO DO MIÑO

 

 

Foto de Tiago Rodrigues (biólogo, colaborador nos censos de ANABAM na marxe portuguesa)

no que aparecen os dous cullereiros (Platalea leucorodia), observados no censo de novembro.

 

     O vindeiro sábado 26 de decembro terá lugar no Esteiro do Miño o último censo deste ano 2009.

     Os turnos desenvolveranse de mañá e de tarde. As persoas interesadas en colaborar neste censo poden poñerse en contacto con ANABAM.

 

 

Actualizado o 02-11-2009

 CHARLAS EN OIA

Conferencia sobre biodiversidade no Centro Cultural de Viladesuso

O pasado sábado día 17 de outubro tivo lugar no Centro Cultural de Viladesuso unha conferencia titulada “Biodiversidade do Baixo Miño”. A charla de divulgación foi impartida polo membro de Anabam e profesor da Universidade de Vigo Manuel Ángel Pombal Diego, como actividade organizada dentro da II Semán Cultural da citada parroquia de Viladesuso (Concello de Oia). Na charla, ademais de comentar as distintas actividades e accións que desenvolve Anabam no Baixo Miño, fíxose un percorrido por moitas das especies de plantas e animais mais interesantes ben sexa pola súa rareza, curiosidade, escaseza, ou perigo de extinción. Algúns exemplos son os fentos arbóreos (Dicksonia antarctica) existentes no río de Vilar (Pedornes), os poucos exemplares de do fento Woodwardia radicans que viven no río Lavandeira (Oia), ou os da planta Honckenia peploides (nunha pequena praia de Mougás). Tamén se amosaron fotografías dos tres tipos de plantas carnívoras existentes na serra da Groba (concellos de Oia e O Rosal), ou de especies endémicas como a Paradisea lusitanica (Burgueira) ou a salamandriña galega (Chioglossa lusitanica). Outra parte da charla estivo centrada nalgunhas das especies exóticas que se están naturalizando no Baixo Miño, como a uña de gato (Carpobrotus edulis e carpobrotus acinaciformis), o estramonio (Datura stramonium), a tintoreira (Phytolacca americana) ou o cangrexo americano (Procambarus clarkii). Toda a disertación estivo apoiada por fotografías orixinais tomadas por diferentes membros de Anabam no entorno do Baixo Miño, a maioría delas obtidas nas saídas de campo que realizamos tódolos sábados pola tarde.

Entre o público asistente (unhas 50 persoas) había sobre todo persoas de Viladesuso e de Pedornes. Ao rematar a charla repartíronse entre os asistentes varios agasallos, incluíndo exemplares de dúas das monografías e un DVD do material de divulgación editado por esta asociación.

De seguido actuou o contacontos Somoza de Redondela, que entretivo e fixo rir, ata case que chorar, a todos coas súas historias. A xornada rematou cunha chocolatada para tódolos asistentes.

 Conferencia sobre a “orixe da vida e a diversificación dos organismos vivos” no CEIP mestre Manuel García de Oia.

   Os alumnos de 5º e 6º de primaria (31 alumnos) asistiron o pasado venres 30 de outubro a unha charla sobre a orixe e a diversificación dos seres vivos organizada por dúas das súas profesoras (Pili, profesora de coñecemento do medio e de ximnasia, e Esther, profesora de Matemáticas e Titora de 6º) e impartida polo biólogo e membro de Anabam, Manuel Ángel Pombal. O evento durou case que dúas horas e estivo apoiado por unha morea de fotografías, debuxos e esquemas para facilitar o seguimento e a comprensión do seu contido. Inicialmente tratáronse temas como que é a vida, cando, onde e como se orixinou, seguido dalgunhas ideas de como foron evolucionando no tempo os distintos seres vivos, orixinando a diversidade de especies que existen hoxe en día. De seguido comentouse como se clasifican os seres vivos e explicouse que é e como se constrúe a árbore da vida. Despois fíxose un percorrido polos diferentes grupos de animais, tanto invertebrados como vertebrados. Finalmente, realizouse un xogo-concurso relacionado coas características e particularidades dos diferentes grupos de animais comentadas durante a charla.

      Os alumnos que asistiron estaban bastante interesados e algo inquietos coa actividade; polo tanto, en xeral, parece que agradecen e son bastante receptivos con todas aquelas actividades que “rompen” un pouco a “rutina” diaria dunha semana normal. Agardamos, pois, que fose de proveito, lembrando cousas xa estudiadas,  e que se quedaran con algunha das novas ideas que se expuxeron durante a charla.

 

 

Actualizado o 15-10-2009

 

SEGUNDO CENSO DE AVES ACUÁTICAS TEMPADA 2009-2010

 

SÁBADO 31 DE MARZO

 

    O último sábado deste mes de outubro, terá lugar o segundo censo de aves acuáticas no Esteiro do Miño da tempada 2009/2010.

 

      Esta actividade está aberta a tódalas persoas que desexen colaborar no mesmo.

 

    Haberá dous turnos: un de mañán, a partir das 10.00 horas e outro de tarde, a partir das 16.00 horas.

 

    As persoas interesadas en colaborar no mesmo (non son precisos coñecementos previos)  poden poñerse en contacto con ANABAM.

 

 

educación ambiental

VISITAS ORNITOLÓXICAS PARA ESCOLARES

      A partir deste mes de outubro, os centros escolares interesados xa poden poñerse en contacto con ANABAM para concertar as visitas guiadas ao Esteiro do Miño para a observación de aves acuáticas.

     Estas actividades van enfocadas a escolares dende primaria ata bacharelato. A actividade ten unha duración mínima de hora e media e máxima de tres horas, dependendo das posibilidades de estancia de cada centro escolar (se teñen ao seu dispor autobús e do tempo que poden permanecer na zona).

CONTACTO: e-mail: anabam.anabam@terra.es

                        Móbil: 616180557

                        Tfn: 986.627255 (mañáns) ou 986.611799 (tardes)

 

  

CHARLA EN VILADESUSO

"BIODIVERSIDADE NO BAIXO MIÑO"

 

  

Paradisea lusitanica é unha planta que no Baixo Miño soamente está presente no concello de Oia. Peque falará dela e doutras especies escasas non so no Baixo Miño senón tamén na comunidade galega.

 

 

 

Manuel A. Pombal Diego, Peque, profesor titular de Bioloxía na Universidade de Vigo, doutor en Bioloxía, investigador e vicepresidente de ANABAM, impartirá este vindeiro sábado día 17, unha charla no Centro Cultural de Viladesuso (Oia), onde disertará co tema "Biodiversidade no Baixo Miño". A charla estará apoiada pola proxección de fotografías que amosan a rica flora e fauna que ten esta comarca, facendo fincapé nos recursos que presenta o concello de Oia. A charla será ás sete da tarde.

 

 

 

 

 

 

 

 

Peque, á esquerda da fotografía, xunto con outro membro de ANABAM, Noé, recollendo datos do varamento dunha tartaruga na costa do baixo Miño.

 

Actualizado 0 16-08-2009

 

VOLUNTARIOS ESTIVERON LIMPANDO O ERBEDAL

DEDICADO Á BOLBORETA CHARAXES.

 

 

REPORTAXE FOTOGRÁFICA: Ricardo Portela Vilas

 

    Un grupo de nove voluntarios pertencentes ás actividades de voluntariado organizados pola OMIX do Concello da Guarda, colaboraron con ANABAM no Bosque para unha bolboreta. A actividade tivo lugar o martes 21 de xullo. A mesma consistiu en eliminar as acacias que rodeaban os érbedos plantados hai pouco máis dun ano.

 

     No vindeiro mes de setembro, ANABAM destinará unha xornada de sábado á limpeza e eliminación de acacias a fin de manter en perfectas condicións este bosque dunha hectárea de superficie na que hai plantados máis dun cento de érbedos. Dende agora mesmo xa pedimos voluntarios para que colaboren nesta limpeza. Os voluntarios en participar activamente neste proxecto, non teñen que esperar a "ese sábado" de setembro, as persoas que o desexen xa poden ir colaborando dende agora mesmo xa que "tres acacias arrincadas serán tres acacias menos a danar este bosque".

 

 

Voluntarios, procedentes do Centro San Xerome da Guarda, en plena tarefa

de elimación de acacias.

 

 

Os voluntarios do Colexio san Xerome iniciaron os labores de desbroce e eliminación de acacias o pasado mes de xullo. A partir deste mes de setembro a actividade terá que incrementarse antes de que as acacias se convertan nun auténtico perigo para os érbedos.

 

 

 

O grupo de voluntarios posa diante da cámara nun momento de pausa do traballo.

 

     Dende ANABAM queremos agradecer a OMIX, ao Concello da Guarda e, sobre todo, aos voluntarios por axudar a manter o bosque de érbedos.

 

      Lembramos que os labores de mantemento seguen abertas e toda aquela persoa que o desexe pode colaborar no mantemento do erbedal. Neste momento é urxente ir elimando as acacias que se desmadraron nestes tres últimos meses.

 

 

Actualizado o 16-08-2009

 

ANABAM PRESENTE NA "FESTA DO RÍO MIÑO"

DE SALVATERRA

 

 

Agustín Ferreira e Manuel A. Pombal, Presidente e Vicepresidente de ANABAM respectivamente, no momento da intervención deste último. Á esquerda da imaxe, o outro conferenciante, Garci que presentou un interesante documental da ría. (Foto: Olga Rodríguez Vicente)

 (Foto: Olga Rodríguez Vicente)

 

    

Manuel A., "Peque", foi o primeiro en intervir. A súa charla estivo centrada no LIC e Zepa do Río Miño rematando a mesma cun breve repaso das actividades desenvolvidas por ANABAM ao longo dos case que 25 anos de existencia da mesma. A continuación tocoulle o turno a Agustín Ferreira, que falou sobre o tramo internacional do río Miño e o interese e importancia do mesmo para as xentes da comarca. Fixo especial fincapé na riqueza ornitolóxica, na necesidade de conservar este rico patrimonio natural e, no aspecto turístico, en enfocar este tramo de río nun turismo sustentable e respectuoso co medio, potenciando o turismo de natureza.

 

 

Actualizado o 15-06-2009

ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS CON MOTIVO

DO DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

 

     Ás 8.30 da tarde, demos comezo ás actividades que tiñamos programado para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente. En primerio lugar proxectamos o magnífico documental de Manuel Enriuqe Garci: Os mares doces de Galicia, gañador de numerosos premios, que non deixou indiferente a ningún dos presentes.

 

    A continuación, tivo lugar a mesa redonda que tiña por obxectivo tratar a problemática da explotación racional dos recursos que ten o río, particularmente o referente á pesca. Con tal motivo invitamos a asistir ao Patrón Maior da Confraría de Pescadores da Guarda, ao Presidente da Asociación de Pescadores do Río Miño e a dous pescadores do río, un da Guarda e outro de Amorín (Tomiño), ademais tamén estivo presente nesta mesa redonda ANABAM.

 

    Dende un principio viuse problemática existente entre os dous colectivos presentes. Neste senso, o moderador, membro de ANABAM, tratou de limar asperezas e en varias ocasións propuxo que ámolosdous colectivos se sentaran no futuro para dialogar, porque iso ademais de favorecer seus propios intereses, tamén sería bó para o río e para a explotación racional dos recursos do mesmo.

 

     Nesta mesa redonda tocouse o tema do furtivismo, das capturas, da declaración do número de exemplares, da contaminación, etc. Finalmente houbo intervención por parte do público.

 

    O público asistente rondou o medio cento depersoas que seguiron con interese o desenvolvemento das dúas actividades.

 

 

En primer termo Manuel A. Pombal, membro de ANABAM, ao seu lado Samuel Martínez, presidente da Asociación de Pescadores; a continuación o moderador, Antón Ferreira, membro de ANABAM, e ao fondo, Fernando Ferreira, pescador de Amorín.

 

 

Ao fondo, Manuel A. Pombal (ANABAM); no centro Antón Ferreira, moderador (ANABAM); ao seu lado Fernando Ferreira, pescador e de espaldas, Francisco Pérez, patrón Maior.

 

 

De esquerda á dereita: Antón Ferreira; Fernando ferreira; "Patillas"; Francisco Pérez.

 

Manuel A. Pombal e SamuelMartínez.