|
|
|
SÁBADO, 5 DE FEBREIRO SAÍDA AO RÍO HOSPITAL
Grupo de traballo que saiu o sábado 5 de febreiro pola ribeira do río Hospital, dende o barrio de O Solleiro ata o Muíño da Pedra. De esquerda á dereita: María J. Santos; Manuel A. Pombal "Peque"; Antón Ferreira; Beatriz Arias; Agustín Ferreira; Mª Consuelo González; Luis Dorado e, agachado, Antonio Jiménez, autor da fotografía.
SÁBADO 21 DE AGOSTO DE 2010 SAÍDA AO HUMEDAL DO ARAO (VALENÇA DO MINHO)
Facía varios meses que non pisabamos esta zona húmida do sur de Valença do Minho, entre as feligresías do Arao e de San Pedro da Torre. Un enclave que coñecemos hai uns vinte anos cando se empezou a falar da viabilidade da autovía. Para os membros de ANABAM o Arao é un lugar emblemático, unha paraxe natural cunha grande biodiversidade que se atopa a carón do Miño. Na fotografía, de esquerda á dereita os membros de ANABAM: Carlos Angílica; Agustín Ferreira; Antón Ferreira; Mª Consuelo Gonzñalez de Dios; Manuel A. Pombal e Luis Dorado. (Foto Luis Dorado Senra-anabam).
SÁBADO 10 DE XULLO 2010 SAÍDA A LOUREZA (OIA)
O motivo desta saída de campo foi a de percorrer un tramo da marxe do río Carvallo (Tamuxe) ao seu paso por esta parroquia. Non sempre temos a oportunidade de ver a bolboreta Inachis io, pero nesta saída de campo estivo tan ptreto de nós que un exemplar non dubidou en pousarse no sombreiro de Agustín Ferreira (foto inferior). (Foto Agustín Ferreira Lorenzo-anabam).
SÁBADO 26 DE XUÑO 2010 SAÍDA A PINZÁS (TOMIÑO)
Pinzás é unha parroquia de Tomiño que posúe un dos humedais máis importantes do Baixo Miño. Zona sensible, a grande biodiversidade que posúe converten ao humidal nunha das reservas naturais da comarca. Precisamente na saída efectuada nesta xornada permitiunos descubrir unha nova área de distrución para o Baixo Miño da orquídea Neotinia maculata. Na imaxe, Luis Dorado preparándose para fotogrfar a menciona orquídea. (Foto Agustín Ferreira Lorenzo-anabam).
SÁBADO 12 DE XUÑO 2010 SAÍDA AO NIÑO DO CORVO (O ROSAL)
A saída desta xornada dedicámola a visitar o Niño do Corvo, monte do Rosal que ofrece unha interesante riqueza biolóxica e unha fermosa paisaxe. A visita centrouse fundamentalmente na recollida de datos da presenza da bolboreta Charaxes jasius, particularmente na observación de posibles ovos e eirugas, pero non perdemos a ocasión para tomar notas do que, no transcurso do percorrido, chamara a a nosa atención, caso de formigas de ventre avermellado ou da lagartixa rabuda, por poñer algúns exemplos. (Foto Agustín Ferreira Lorenzo-anabam).
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||