|

| |
|
III MOSTRA DAS TRADICIÓNS MARIÑEIRAS -
2011 |
| |
|
|
Actualizado
o 11-08-2011 |
|
| |

O panel "Queremos
o mar vivo", deseñado pola voluntaria Olga Rodríguez, mestra da
Gándara (A Guarda), acaparou a presenza dos máis cativos que foron
cambiando o lixo, que se atopaba no mar, por un mundo cheo de vida
representado por Bob Esponja, Dory, Nemo e outros famosos personaxes.
|
|
|
|
|
|
NOTABLE ÉXITO
DO STANDA DE ANABAM |
|
| |
|
Por segundo ano consecutivo, ANABAM estivo presente na Mostra das
Tradicións Mariñeiras da Guarda, xa na súa terceira edición.
Tres membros de ANABAM, Ricardo Portela, Agustín Ferreira e Manuel A.
Pombal, xunto cunha voluntaria, Olga Rodríguez e dous pequenos
colaboradores, Marta e Marcos Pombal, estiveron ao fronte do stand e,
previamente, montando o mesmo.
|
|
| |

Ducias de
persoas pasaron polo stand de ANABAM. Podemos dicir que nos dous días
que durou a Mostra estivemos sempre "a tope".
|
|
O stand de
ANABAM nesta edición non desmereceo para nada con respecto ao do pasado
ano, acaparando un novo éxito de público tanto infantil, para o que se
preparou dúas actividades específicas -maquillaxe e "quero un mar limpo"-,
coma para os mozos e adultos que tiveron panéis interactivos para amosar
os seus coñecementos en canto aos cetáceos do Baixo Miño e aos peixes de
rocha. Pero tamén expuxemos láminas coas marcas dos mariñeiros da
Guarda, que chamaron a atención dos visitantes, tanto locais como
foráneos; unhas maquetas do proxecto píllara/borrelho; proxección de
dous vídeos: un do cantautor local Tino Baz e outro do Serán do pasado
ano correspondente á segunda Mostra e material á venda co obxecto de
recadar fondos para sufragar os gastos que orixinou esta mostra a
asociación. |
|
| |

Maqueta
representado o "Proxecto Píllara/Borrelho", desenvolvido nesta tempada
nas veciñas praias do outro lado do Miño, en Portugal. |
|
Ademais, aproveitamos para continuar ampliando o número de marcas
mariñeiras da Guarda, polo que recollemos varias delas e recibimos
algunha doazón de material, concretamente cortizas, con marcas.
|
|
| |

Panéis coas
marcas mariñeiras recollidas hai anos polo socio e responsable de
etnografía, Antón Ferreira.
Suscitaron, ao
igual que na pasada edición, o interese do público adulto e,
principalmente, dos mariñeiros.
|
|
|
| |
|
|
Actualizado o 19-07-2011 |
|
| |
b.jpg) |
|
ANABAM ESTARÁ NA III MOSTRA DAS
TRADICIÓNS MARIÑEIRAS DA GUARDA
Por segundo ano consecutivo, ANABAM estará presente na Mostra das
Tradicións Mariñeiras organizadas polo Concello da Guarda.
Ao igual que na pasada edición, montaremos un stand na que a
participación do público sexa o principal reclamo, esperando ter o éxito
que conseguimos na pasada edición, onde centos de visitantes visitaron o
stand e participaron nas diversas actividades que propuxemos.
A fotografía, do noso socio Ricardo Portela, amosa o momento no que o
Alcalde da Guarda fae entrega ao presidente de ANABAM, dun agasallo
conmemorativo da II Mostra. |
|
| |
|
|
|
|
| |
|
|
|
|
|
|
II MOSTRA DAS TRADICIÓNS MARIÑEIRAS - 2010 |
|
Actualizado o 27-07-2010 |
|
Fotografías: Manuel A. Pombal Diego "Peque"
Texto: Agustín Ferreira Lorenzo
Os días 24 e 25 deste mes
de xullo, desenvolveuse no porto guardés a II Mostra das tradicións
mariñeiras. ANABAM estivo presente na mesma con stand moi variado e
participativo no que, durante as dúas xornadas, non pararon de desfilar
persoas interesadas polo que nel había. O stand foi pensado non só como
un lugar onde amosar algunhas das actividades que desenvolvemos senón
tamén como un lugar de lecer onde pasar uns minutos agradablemente. Polo
que parece as expectativas cumpríronse dabondo, tal e como se pode ver
nas imaxes que van a seguir. A cousa saiu ben grazas á colaboración dos
seguintes socios: Luis Dorado Senra; Agustín Ferreira Lorenzo; Mª
Consuelo González de Dios; Manuel A. Pombal Diego; Marcos Pombal;
Ricardo Portela Vilas e Olga Rodríguez Vicente.
|
|

|
O reloxo dos avós ("O
reló dos abuelos"), espertou unha grande curiosidade, pois a
maiorparte das persoas descoñecían este método de medir o tempo por
parte dos antigos mariñeiros guardeses. Seguro que serán moitas as
persoas que porán en práctica esta actividade para coñecer canto falta
para que se poña o sol.
|
|

|
As pegadas dos animais na praia,
pensado para os cativos, tivo a maior aceptación por parte de mozos e
non tan mozos. Algúns dos participantes mesmo foron ata a praia para
tratar de coñecer previamente as pegadas in situ. Foi un exame
onde ninguén conseguiu un "dez" pero unha grande maioría se estivo no
"notable alto". |
 |
Marcos Pombal, o cativo do centro da imaxe, encargouse de controlar "as
capturas" no departamento de "pesca ecolóxica". Os cativos tiñan
que pescar fanecas, peixes sapo, rubios, "cabróns"..., pero iso si,
había que respectar as tallas. De non acadar o tamaño mínimo, os peixes
debían volver ao mar. |
 |
No stand puxemos a venda diverso
material editado pola asociación, monografías, dvds e outras
publicacións. Como se pode ver na imaxe, estabamos ocupados dabondo.
|
|
|
|
 |
As marcas dos
mariñeiros da Guarda, non deixaron indiferente a ninguén. Algunhas
persoas mesmo pensaban que se trataba de signos chineses. Os mariñeiros
e mariñeiras, achegábanse para ver se nos paneis estaban as súas marcas
ou as dos seus familiares, pais ou avós. Aproveitamos para recoller
aquelas marcas que aínda non figuraban nos paneis. |
|

|
Estiveron expostas, e mesmo se
regalaban, un bo número de pezas de pesca (boias, cortizas, cordas,
chumbo, etc, recollidas polo socio M. Pombal nos seus percorridos
costeiros. O material aquí exposto é unha mínima parte do que temos
almacenado. Calquera mariñeiro, pescador, etc, interesado nestas pezas,
pode dirixirse a ANABAM onde poderá velas e facerse con aquelas nas que
poida estar interesado.
|
|
 |
Fetos de golfiño e toniña,
estruturas feitas polo verme "sabelaria", mandíbulas de tiburón ou
dentes de cetáceos, eran algunhas das mostras que estaban expostas no
stand.
|
| |
|
Aos
participantes nas actividades e aos que mercaban algún produto dos que
tiñamos á venda, ANABAM lles agasallaba cun vídeo da Rede Natura da Guarda
editado por esta asociación. |
|
Actualizado o 10-07-2010 |
|
Os vindeiros 24 e 25 deste mes de xullo, ANABAM vai ter un stand na 2ª
Mostra das Tradicións Mariñeiras que terá lugar no porto da Guarda.
ANABAM, mantivo dende un principio unha forte vinculación co mundo do mar,
non podía ser doutro xeito tendo en conta que esta asociación naceo e ten a
súa sede nun concello mariñeiro. Testimonio directo da nosa andaina podemos
atopalo nas varias publicacións editadas e nos estudos desenvolvidos por
distintos membros da mesma. Artes de pesca, biodiversidade da zona
intermareal, varamentos de cetáceos, tartarugas e focas; estudo e recollida
de datos de gaivotas; creación do primeiro Museo do Mar que houbo na Guarda;
recollida de útiles e aparellos utilizados polos mariñeiros guardeses;
exposicións relacionadas co mundo do mar; as marcas dos mariñeiros;
recollida de cordas, bollas e plomos; vídeos... e un longo etc, pon de
manifesto que ANABAM sempre estivo vinculada ao mundo do mar. Por iso,
agrádanos poder participar nesta Mostra organizada polo Concello da Guarda e
na que participan outras asociacións, a maior parte das cales tamén están
vinculadas con esta temática.
|
|