|
| |
| Actualzado o 15-06-2008 |
|
ELECCIÓN DE NOVA XUNTA DIRECTIVA

De esquerda á dereita: Ricardo Portela
Vilas; Mª Consuelo González de Dios; Manuel A. Pombal Diego; Agustín
Ferreira Lorenzo; Noé Ferreira Rodríguez e Carlos Angilica Entenza (falta na
foto Luis Dorado Senra, que non poido estar presente cando se obtivo a
fotografía).
Este sábado 14 de xuño,
tivo lugar, no local da asociación, á xuntanza extraordinaria de
ANABAM co único punto da Orde do Día: elección de nova Xunta Directiva.
De acordo aos
estatutos, os socios con voz e voto son os que figuran como socios activos,
isto é, aqueles que participan activamente, ao longo do ano, na meirande
parte das actividades desenvolvidas no seno da asociación.
Tra-la apertura da
sesión, foron elexidos os seguintes membros como integrantes da Xunta
Directiva:
OS NOMBRAMENTOS
| |
PRESIDENTE |
Agustín
Ferreira Lorenzo |
|
| |
VICEPRESIDENTE |
Manuel A.
Pombal Diego |
|
| |
SECRETARIA |
Mª Consuelo
González de Dios |
|
| |
TESOREIRO |
Ricardo Portela
Vilas |
|
| |
VOCAL |
Luis Dorado
Senra |
|
| |
VOCAL |
Carlos Angilica
Entenza |
|
| |
VOCAL |
Noé Ferreira
Rodríguez |
|
| |
QUEN É QUEN NA XUNTA DIRECTIVA |
|
|

|
AGUSTÍN FERREIRA LORENZO
Socio Fundador.
Profesión: Mestre.
Natural de A Guarda.
Leva desenvolvendo o cargo de presidente da asociación dende a fundación
da mesma. Actualmente é representante dos grupos ecoloxistas no P.N. do
Monte Aloia. Coordina, xunto co socio Manuel A. Pombal os Varamentos de
Cetáceos. Na actualidade está levando a cabo a segunda fase do estudio
do coleóptero Eurynebria complanata na praia de Camposancos.
|

|
MANUEL ÁNGEL POMBAL DIEGO
Socio nº 192.
Profesión: Investigador e profesor na U.Vigo.
Natural de Pedornes (Oia).
Leva en ANABAM dende o ano 2007.
Responsable do proxecto de Vertebrados Silvestres Atropelados e
Coordinador da obtención de datos de varamentos, ademais de colaborara
noutros proxectos, actividades e actos.
|
|

|
Mª CONSUELO GONZÁLEZ DE DIOS
Socia nº 54.
Profesión: Mestra.
Natural de Vigo.
Leva en ANABAM dende o ano 1989.
Ven participando activamente en todas as actividades e actos
desenvolvidos na asociación. Unha das súas aficións nesta entidade
conservacionista é a fotografía.
|
 |
RICARDO PORTELA VILAS
Socio nº 11.
Profesión: Litógrafo.
Natural de Vigo, reside dende hai moito anos en Camposancos.
Leva en ANABAM dende o ano 1985.
É
o patrón da embarcación Garzota de ANABAM.
Estivo en todas as Xuntas Directivas da asociación, ocupando diversos
postos.
Na asociación é un "todoterreno", colaborando activamente en tódolos
proxectos e actos desenvolvidos na mesma.
|
|

|
LUIS DORADO SENRA
Socio nº 9.
Profesión: Carpinteiro.
Natural de Fornelos (O Rosal).
Leva en ANABAM dende o ano 1985.
É
o fotógrafo da asociación.
Estivo en case todas as Xuntas Directivas da mesma.
As súas fotografías forman parte das publicacións editadas por ANABAM,
así como noutras dos Concellos de A Guarda e O Rosal, ademais de
cartaces da Xunta de Galicia, libros de festas, etc.
|

|
CARLOS ANGILICA ENTENZA
Socio nº180.
Profesión: Empleado taller fotografía.
Natural de Cangas.
Leva en ANABAM dende o ano 2006, aínda que é un colaborador nato dende o ano 1990.
En ANABAM participa en tódolos proxectos, pero amosa especial interese
pola fotografía.
|
| |

|
NOÉ FERREIRA RODRÍGUEZ
Socio nº 45.
Profesión: Estudiante de Bioloxía.
Natural da Guarda.
Leva en ANABAM dende o ano 1989.
Colabora en tódolos proxectos e actividades desenvolvidas na
asociación, ademais de ocuparse de poñer en orde o material exposto na
Estación Ornitolóxica.
|
|
|
|
anabam
é unha organización ambientalista, ecolóxico-naturalista, de carácter non lucrativo, que desenvolve a súa actividade na comarca do Baixo Miño.
Se financia coas cuotas dos seus asociados, con donativos e subvencións.
Esta é unha asociación apolítica, independiente, non vinculada a
ningunha empresa.
As actividades e accións que desenvolve se engloban nos cinco apartados
seguintes:
|
INFORMACIÓN
E
DIVULGACIÓN |
PUBLICACIÓNS
DOCUMENTAIS
EXPOSICIÓNS |
|
|
ESTUDIO
E
INVESTIGACIÓN |
CENSOS
BIODIVERSIDADE
ESPECIES EXÓTICAS
VARAMENTO DE ESPECIES MARIÑAS
FAUNA ATROPELADA...
|
|
| PROTECCIÓN
DE ESPECIES E HÁBITATS |
PROXECTO PÍLLARA
EURYNEBRIA COMPLANATA
CAMARIÑA
CHARAXES JASIUS
FLORA DUNAR
HUMEDAL DE PINZÁS
SERRA DA GROBA
ESTEIRO DO MIÑO...
|
|
| CONSERVACIÓN |
PLANTACIÓN DE
ESPECIES |
|
|
EDUCACIÓN
AMBIENTAL |
VISITAS
GUIADAS
CURSOS DE NATUREZA
|
|
|
| DOCUMENTAL
DA PÍLLARA PAPUDA
|
|
Actualizado o 16-03-2008 |
|

A finais do ano pasado, dentro do plazo estipulado pola organización,
presentamos o documental "Proxecto píllara", para
participar na edición 2008 de Play-doc.
Aínda que nin sequera pasou a ser seleccionado, para nós xa foi
interesante envialo porque foi a primeira vez que faciamos tal cousa e
sirve, tal vez, para que futuros proxectos sigan ese mesmo camiño e, quen
sabe, ao mellor algún día temos unha sorpresa.
De ilusións tamén se vive. Non sí?
|
|
Actualizado o 01-03-2007 |
|
Entre os socios participantes nos censos de aves acuáticas da pasada
tempada (2005-2006) foi sorteado un agasallo sorpresa que correspondeu á
socia Araceli Ozores Peixoto, quen ven participando nos mesmos dende hai
moitos anos atrás. A entrega deste agasallo sorpresa tuvo lugar o sábado
24 de febreiro, logo do remate da primeira parte do censo que se estaba a
facer nese día. Nesta ocasión, o agasallo consistiu nunha guía de
aves: Guía das aves de Galicia, de Baía Edicións, que é o mesmo
que decir a mellor guía ornitolóxica que hai publicada en Galiza.

Araceli,
que é a que está á esquerda, recibe o agasallo de mans do
excelentísimo presidente de ANABAM, que é o que está á derita.

Sonriente,
Araceli posa para a cámara, e aínda que o pareza, non é para un anuncio
publicitario da Guía das Aves de Galicia.

Esta
é a magnífica guía das aves de Galicia que Baía Edicións sacou para
ornitólogos e aficionados.

Araceli,
Salvador e Tiago durante o censo do pasado mes de febrerio na praia de
Moledo.
|
|

Turistas
ingleses no peirao do ferri, en Caminha, participando no Día Mundial das
Aves organizado por ANABAM no Baixo Miño.
O Esteiro do Miño é unha das zonas máis emblemáticas na ornitoloxía
galega. Declarado no ano 2004 como ZEPA (Zona de Especial Protección para
as Aves) e incluído como LIC (Lugar de Interese Comunitario) na Rede
Natura 2000, este enclave natural goza dunhas cualidades paisaxísticas e
ecolóxicas envidiables. Este foi precisamente o espacio elexido por
ANABAM, emblemático tamén para esta asociación, para conmemorar o Día
Mundial das Aves. Dende as 11 da mañán e ata as 6 da tarde, membros
desta asociación instalaron sendos postos de observación en ámbalas
dúas marxes do río: na galega aproveitando un dos Observatorios
Ornitolóxicos e na portuguesa, no peirao do ferri de Caminha, dende onde
se divisa unha das áreas máis querenciosas da marxe esquerda do río.
Aos participantes se lles obsequiba con sendas publicacións editadas pola
asociación.
Esta actividade non tivo demasiado éxito e iso que o día, espléndido,
acompañaba, pero como punto de partida para o próximo ano de seguro que
vai servir. Teremos que mellorar un pouco máis no aspecto divulgativo,
pois está visto que a excepción de un par de medios de comunicación, a
prensa non estivo a noso favor neste evento que nin o mencionou.
|
| Actualizado o 18-04-2006 |
|
ARACELI
OZORES PEIXOTO
Araceli
forma parte de ANABAM desde xuño do ano 1995, ou o qu e é o mesmo, leva
once anos na asociación. O labor desenvolvida na mesma baséase
fundamentalmente na participación nos censos de acuáticas, aos que acude
habitualmente durante a realización dos mesmos. É profesora de Bioloxía
no IES de Tomiño, a onde pasou logo de estar varios anos no IES Proval de
Nigrán. Pertence, ademais, á Asociación Eliseo Alonso de Goián.
Precisamente,
por participar no último censo, resultou agasallada cun premio sorpresa
que lle faremos entrega o vindeiro mes de maio, ata esa data, Araceli e os
demais estarán en suspense xa que non podemos desvelar, ata chegado o
momento, en qué consistirá o premio. Si sabemos que será algo de
cuestión de sorte, pois terá que elexir unha de entre as tres
posibilidades que se lle ofrecerán.
|
|
Actualizado o 27 de xuño de 2006 |
|
A FUNDACIÓN "LUIS TILVE"
CONCEDE
UNHA DISTINCIÓN HONORÍFICA
A
ANABAM

O Xurado da Fundación "Luis Tilve", con sé na Coruña,
presidido polo ex-Presidente da Xunta de Galiza, Fernando González Laxe,
acordaron conceder a ANABAM unha Mención Honorífica pola traxectoria
desenvolvida dende a fundación desta asociación pola defensa e
protección dos valores naturais do Baixo Miño.
Ó
fronte do acto de entrega de premios, que tivo lugar no salón de actos da
Fundación Pandeia, estaban os membros do Xurado, un deles, a periodista
da TVE en Galiza, Teresa Navaza, foi a encargada de expoñer ó numerosos
público presente, o por qué desta distinción a ANABAM, plasmando
perfectamente o amplo historial da mesma.
Olga Rodríguez Castro, en
representación de ANABAM, foi a encargada de recoller a distinción
concedida a esta Asociación.
Para
ANABAM, é un motivo de orgullo este recoñecemento, máxime se temos en
conta que a Fundación "Luis Tilve", se atopa a "uns cantos
quilómetros" da comarca do Baixo Miño. Unha asociación como a nosa,
que pode resultar molesta en ocasións -porque a defensa do entorno
natural non é tarefa doada nin todo o mundo entende este labor- non é
moi dada a recibir premios -que tampouco é a nosa aspiración-, pero
modestia aparte, este tipo de distincións sempre resultan motivadoras
para un equipo e unha entidade que, dende hai máis de vinte anos, ven
traballando desinteresadamente polo patrimonio natural da comarca do Baixo
Miño, por iso, desde aquí, queremos amosar o noso máis afectuoso
agradecemento á persoa ou persoas -non sabemos quen foi- que propuxo a
ANABAM para os premios 2006 da Fundación "Luis Tilve" e tamén,
como non, ó noso agradecemento ó xurado que tivo en conta a traxectoria
desta asociación ó longo destes anos.
|
| |
|
BAIXO MIÑO:
ÁREA
COMARCAL DE INTERESE
PAISAXÍSTICO
(ACIP)
1: NIÑO DO CORVO (O ROSAL)
|
|
BAIXO MIÑO:
ELEMENTO
NATURAL DE INTERESE COMARCAL
(ENIC)
1: ROCHEDOS DE FIGUEIRÓ (TOMIÑO)
2: FERVENZAS (O ROSAL; OIA)
3: CARBALLOS CENTENARIOS DE TEBRA (TOMIÑO)
4: FENTOS ARBOREOS DE OIA
|
|
ELEMENTOS
PATRIMONIAIS DE INTERESE NATURAL E PAISAXÍSTICO
(EPINP)
CETÁREAS
MUÑOS DE VENTO
PESQUEIRAS
|
|
LUGAR DE
INTERESE COMUNITARIO
(LIC)
BAIXO MIÑO
|
|
ZONA DE
ESPECIAL PROTECCIÓN DE AVES
(ZEPA)
DO ESTEIRO DO MIÑO
|
|