ANABAM - quen somos

 

QUEN SOMOS?

EQUIPO DIRECTIVO

ASOCIARSE

LEMBRANZAS

GRUPO TRABALLO

ESTACIÓN ORNITOLÓXICA

ACTIVIDADES-ACCIÓNS

CONTACTO

ACCIÓNS SOCIOS EXPOSICIÓNS CONGRESOS SIMPOSIOS ETNOGRAFÍA PRÁCTICAS UNIVERSITARIAS ACTIVIDADES EDUCACIÓN. AMBIENTAL INFORMACIÓN PROGRAMA 30 ANIVERSARIO

 

 

IR Á PORTADA

 

 

             No ano 1985, nacía oficialmente na Guarda (Galiza) a Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM), entidade non lucrativa  con ideais ecoloxistas e naturalistas, totalmente independente e non vinculada nin a partidos políticos nin a empresas.

 

               O ámbito de actuación onde esta asociación desenvolve a súa actividade sitúase na comarca galego-portuguesa do Baixo Miño. No que respecta á marxe galega, actúa nos concellos de Oia, O Rosal, A Guarda, Tomiño e Tui. Na marxe portuguesa, as diferentes accións lévanse a cabo nos concellos de Valença do Minho, Vila Nova de Cerveira, Caminha, Afife e na feligresía de Paçô, tendo por límite a Estrada Nacional 13 ou o camiño de ferro, dependendo, en cada caso, de cal dos dous estea máis alonxado da beira do Miño.

 

            ANABAM finánciase coas cuotas dos asociados, donativos, subvencións, etc.

 

              O idioma oficial da asociación é o galego.

 

             

 

    Os obxectivos e actividades resúmense en cinco campos:

                                   

               -Investigación e Estudo da patrimonio natural.

                                       

               -Protección e Conservación da paisaxe, da biodiversidade e do patrimonio cultural.

 

              -Educación Ambiental

 

             -Divulgación

           

             ANABAM forma parte da CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños) sa que é cofundadora.