|
NESTE MES
DE ABRIL INICIAMOS A RECOLLIDA DE DATOS DE NIÑOS
DE ANDORIÑA
DE CU BRANCO

Ao longo da primavera e verán, procederemos á recollida de datos dos niños
de andoriña de cu branco en toda a comarca galego-portuguesa do Baixo Miño,
isto é nos concellos de Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda e Oia, no que
respecta á marxe galega e nos de Valença do Minho, Vila Nova de Cerveira e
Caminha, na zona portuguesa.
Dado que precisamos colaboración para este traballo de campo, agradecemos
que as persoas que desexen colaborar como voluntarias, se poñan en contacto
con nós. Tamén se poden enviar datos a título individual sen necesidade de
inscribirse como voluntarios.
|