anabam

traballando polo patrimonio natural

do Baixo Miño galego-portugués

 

anabam.anabam@terra.es     

 

 -ANABAM

-CAMPAÑAS

 -EVENTOS -  ACTOS

 -LEMBRANZAS

 -CONTACTO - HORARIO OFICINA-

 -ASOCIARSE

-ANABAM EN ACCIÓN

      -Saídas de Campo

-EDUCACIÓN AMBIENTAL

-ACTIVIDADES

-VOLUNTARIADO

-VISITAS GUIADAS

-CURSOS

-PUBLICACIÓNS

-VÍDEOS

 

ASOCIACIÓN  NATURALISTA  "BAIXO  MIÑO"

 

 

 

 

INICIO

 

PORTADA

 

PORTADAS ANTERIORES

 

PEGADAS

 

FENOLOXIA

 

FAUNA

 

MORTANDADE

 

INFORMACION

 

AGRESIONS

 

CARTAS

 

ANABAM VÍDEO

 

ODONATOS

 

 

P.E.S.

QUE E O PES

 

CAMARIÑA

 

CHARAXES JASIUS

 

PÍLLARA-BORRELHO

 

EURYNEBRIA

 

OTANTHUS MARITIMUS

 

HONCKENIA PEPLOIDES

 

WODWARDIA RADICANS

 

ANDORIÑA DE CU BRANCO

 

FENTOS ARBOREOS

 

 

TRABALLOS DE CAMPO

 

BOLBORETAS

 

CETÁCEOS

 

TARTARUGAS MARIÑAS

 

FAUNA ATROPELADA

 

CENSO AVES ACUÁTICAS

 

ANDORIÑAS DO BAIXO MIÑO

 

PROXECTO LARUS

 

UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA

 

REXISTRO DE PEGADAS

 

ETNOGRAFÍA

ÚTILES E APARELLOS

 

MARCAS DOS MARIÑEIROS

 

 
 
MERCADIÑO
 

 

       
V CAMPAÑA DE PROTECCIÓN DOS NIÑOS DE ANDORIÑA DE CU BRANCO

ANDORIÑA COMÚN

ANDORIÑAS DO BAIXO MIÑO

 
 

ANDORIÑA DAS BARREIRAS

ANDORIÑAS

 
 

ANDORIÑA DÁURICA

   
 

ANDORIÑA DE CU BRANCO

   

 

ANDORIÑAS

 

Coordinador: Agustín Ferreira Lorenzo

 

Colaboradores de campo:

Luis Dorado Senra;

 Antón Ferreira Lorenzo;

Manuel A. Pombal Diego;

Ricardo Portela Vilas

 

 

DIFERENZAS ENTRE AS ANDORIÑAS DO CU BRANCO E AS ANDORIÑAS COMÚNS

E ENTRE OS SEUS NIÑOS

 

 

NIÑOS DE ANDORIÑA DO CU BRANCO:

    

       -Nunca se atopa no interior, como bodegas.

     -Están moi pegados no teito cun burato de entrada.

 

PLUMAXE DA ANDORIÑA DE CU BRANCO:

 

     -Por arriba, nas proximidades da cola é de cor branca.

     -Rabo moito máis curto que o da andoriña común, case que recto.

 

     -A gorxa á totalmente branca.

 

 

NIÑOS DE ANDORIÑA COMÚN:

 

     -Poden estar no interior ou no exterior.

     -Non están pegados no teito. A entrada é todo o borde do niño.

 

PLUMAXE DA ANDORIÑA COMÚN:

 

       -Por arriba totalmente escura.

     -Rabo gallado.

 

 

     -A gorxa é rubia, aínda que habitualmente parece de cor negra.

 

 

  

Actualizado o 16-03.2009

 

Texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam

 

      A andoriña dos penedos (Ptyonoprogne rupestris) e a Andoriña dáurica (Hirundo daurica), son  dúas das últimas especies -polo de agora- que pasaron a formar parte da fauna presente na comarca do Baixo Miño, son, polo tanto, especies novas para a biodiversidade da comarca.

 

    Neste ano damos comezo co denominado Proxecto andoriña, co que pretendemos recadar toda a información de campo relacionada coas andoriñas e vencellos que se atopan no Baixo Miño. Neste senso, o sábado 7 de marzo levamos a cabo a primeira prospección deste ano para comprobar a posible presenza da andoriña dos penedos e da andoriña dáurica nos dous lugares de aniñamento dos que temos constancia ata agora. Atópanse na zona de Tui e ata alí desprazouse un equipo de ANABAM formado por Ricardo Portela Vilas e Agustín Ferreira Lorenzo. Nesa data comprobamos que aínda non chegaran, polo que haberá que estar atentos nos vindeiros días.

     

 

       As persoas interesadas en participar no proxecto andoriña, poden enviarnos información, fotografías, etc,  sobre estas aves. A información facilitada ten que estar referida ao Baixo Miño galego-portugués, municipios de Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda, Oia, Valença, Vila Nova de Cerveira e Caminha.

     

 

 

Actualizado o 15-07-2008

    Hai tres anos, descubríase para o Baixo Miño a andoriña dáurica (Hirundo daurica), en dous puntos distantes entre sí da comarca baixomiñota: un en Goián (Tomiño), no lateral dereito dunha casa particular, nas proximidades do río Tollo (Agustín Ferreira Lorenzo),  e outro en Tui, baixo un pequeno viaducto da autovía Tui-Vigo, nas proximidades do empalme Tui-Guillarei (Emilio Alonso Gómez).  Pois ben o pasado sábado 11 de xullo, un equipo de ANABAM (Ricardo Portela Vilas e Agustín Ferreira Lorenzo), levaron a cabo unha ruta que deron en chamar "ruta das andoriñas" que tiña por finalidade recabar datos de andoriña das barreiras (Riparia riparia) e da andoriña dáurica. A única zona de aniñamento actual coñecida por nós no Baixo Miño,  desapareceo totalmente hai uns días polos aterramentos que se están efectuando na zona. Este enclave estaba situado nos viñedos existentes a carón da estrada A Guarda-Goián. Da andoriña dáurica que aniñaba en Goián, non atopamos rastro, o niño estaba destruido, cousa que xa acontecera na visita que realizamos o pasado ano. Dirixímonos cara a Tui co ánimo de controlar os dous niños que, a priori había alí o pasado ano. Pois ben, un deles continuaba operativo e mesmo observamos como a parella aportaba alimento ao interior do niño. O outro dos niños estaba destruído, situado, ó igual que o anterior, baixo un dos viaductos. Decidimos investigar polos arredores, e cal non sería a nosa sorpresa cando observamos unhas andoriñas que revoloteaban a poucos metros do chan capturando alimento. Acababamos de ter a primeira observación de andoriña dos penedos (Ptyonoprogne rupestris) do Baixo Miño e, probablemente, do suroeste da provincial de Pontevedra. O niño atópase situado nun lateral dun dos viadurctos existentes na zona, tendo catro polos no seu interior. Pero a sorpresa viuse acrecentada ao observar un mínimo de catro niños de andoriña dáurica (un deles destruído, outro completo pero posiblemente non operativo e dous en plena actividade) e ao menos dúas parellas na zona con continuas entradas e saídas aportando alimentos a dous destes niños.

 

 

Andoriña dos penedos. A zona ventral non é abrancazada como sucede coa andoriña de cu branco. Ademais destaca moito en vó unhas marcas abrancazadas na cola, moi visibles.

 

 Fotografía: Crag Martin

 

     

 

Primeiro plano dunha andoriña dos penedos

 

     

 

Os aterramentos que se están a producir a carón dos viñedos de Tabagón, ocultaron definitivamente o que podería ser o único enclave de aniñamento da andoriña das barreiras do Baixo Miño. 

 

 

     

  No ano 2006 descubríanse os dous primeiros niños de andoriña dáurica do Baixo Miño. O da fotografía, ubicado en Goián, soamente estivo operativo ese ano. O niño segue igual que o atopamos o pasado ano: destruído e sen ser utilizado. Foto: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam (12-07-2008).
     

  Un dos niños de andoriña dáurica, xa destruído, atopado no viaducto onde ao menos hai outros tres niños, dous deles plenamente operativos, ademais doutro niño de andoriña dos penedos..
     

 

 

Niño de andoriña dos penedos situado nun dos viaductos existentes en Tui.

 

     

     Niño de andoriña dáurica situado no mesmo viaducto, e a poucos metros do anterior.
     

Viaducto no que se atopan os niños de andoriña dáurica e andoriña dos penedos.

     

 

AS ANDORIÑAS NO BAIXO MIÑO

 

        En Galicia viven un total de 5 especies de andoriñas das que soamente unha é sedentaria, a andoriña dos penedos, as demais son migradoras africanas. Ata o ano 2005, no Baixo Miño unicamente habitaban tres das especies que aparecían en Galicia, a partir dese ano, o número de especies de andoriñas empezou a subir. Dende o 2008, segundo datos recollidos por ANABAM, igualouse o número de especies ao do resto da comunidade galega. Véxase o seguinte cadro.

 

       
BAIXO  MIÑO
NOME CIENTÍFICO NOME GALEGO NOME CASTELÁN EN GALICIA Antes de 2005 2005 2006 2007 2008
Hirundo rustica Andoriña común Golondrina común Presente Presente Presente Presente Presente Presente
Delichon urbica Andoriña do cu branco Avión común Presente Presente Presente Presente Presente Presente
Riparaia riparia Andoriña das barreiras Avión zapador Presente Presente Presente Presente Presente Presente
Hirundo daurica Andoriña dáurica Golondrina dáurica Presente Non Presente Presente Presente Presente
Ptyonoprogne

rupestris

Andoriña dos penedos Avión roquero Presente Non Non Non Non Presente

Aínda que todas as especies de andoriñas están presentes no Baixo Miño, non todas teñen unha distribución xeneralizada na comarca. Como podemos ver no cadro que vai a seguir, soamente Tui ten a honra de contar cunha representación de todas elas.

       Agás a andoriña común, e as dúas novas que empezaron a colonizar o Baixo Miño, as demais se atopan nunha situación extraordinariamente precaria na comarca. A das barreiras pero sobre todo a do cu branco, están a sufrir unha clara regresión. Desta última, podemos afirmar que a súa poboación debeu descender claramente en máis dun 50 %. A andoriña das barreiras aniña "nos cortados" de extracción de xabre onde a consistencia do terreo sexa de carácter arxiloso ou térreo. A medida que estes "cortados" desaparecen pola extracción do xabre, polos aterramentos ou pola vexetación, as andoriñas das barreiras, desaparecen tamén. A andoriña do cu branco aniña baixo os aleiros dos tellados e dos balcóns, no exterior, nunca nas bodegas, como o pode facer a andoriña común. O descenso destas aves débese á destrución dos niños por parte dos propietarios ou inquilinos das vivendas onde aniñan. Os excrementos que xeran estas andoriñas son os responsables da súa destrucción.

DATOS NO 2008
NOME CIENTÍFICO AMEAZADA

ESTADO DA

POBOACIÓN

TUI TOMIÑO O ROSAL

A

GUARDA

OIA VALENÇA VILA NOVA CERVEIRA CAMINHA
Hirundo rustica NON Mantense Presente Presente Presente Presente Presente Presente Presente Presente
Delichon urbica SI En descenso Presente (1) Sen datos Sen datos Presente (6) Sen datos Presente (7) Presente (7) Presente (7)
Riparia riparia SI En descenso Presente (2) Ausente (3) Ausente (5) Ausente Ausente Sen datos Sen datos Sen datos
Hirundo daurica --- En aumento Presente Ausente (4) Ausente Ausente Ausente Sen datos Sen datos Sen datos
Ptyonoprogne

rupestris

--- En aumento Presente Ausente Ausente Ausente Ausente Sen datos Sen datos Sen datos

(1).- Tui cidade, é a zona do Baixo Miño galego onde maior número de niños hai. Pero seu número está a sufrir un notable descenso. Ata hai pouco máis de dez anos, a Corredera era un lugar onde se contabilizaban decenas de niños. Hoxe resulta case que imposible atopar algún. As andoriñas buscaron novos asentamentos na parte nova, sobre todo pola zona do entorno do edificio da Área Panorámica. Pero moitos propietarios seguen a destruir estes niños. así que a poboación tamén seguirá descendendo.

(2).- A única zona que tiñamos catalogado onde aniñaban estas aves era en Caldelas de Tui, no entorno da graveira. Pero as dúas zonas de cría desapareceron por causas naturais e polo vertido de terras.

(3).- Nos anos oitenta e noventa había unha zona de cría en Forcadela, naos arredores de áridos Val Miñor, nunha zona de extracción de xabre onde se formara unha lagoa artificial, onde crecían espadañas, carrizos, aniñaban patos, e se pousaban garzas. A zona foi aterrada destruíndose a única zona de reproducción de andoriña das barreiras.

(4).- No ano 2005 unha parella fixo niño en Goián, e outra preto do río Bravos. No 2006 voltou novamente a andoriña de Goián á mesma zona. Pero xa non o fixo nos seguintes anos.

(5).- No ano 2008 atopamos a única zona de aniñamento coñecida de andoriña das barreiras no Rosal. Pero non chegaron a criar xa que os posibles niños foron destruídos por aterramentos. Esta zona atopábase a carón da estrada A Guarda-Tui, nas proximidades dos viñedos Terras Gauda.

(6).- Na Guarda o número de niños son escasos. pero lembramos que nos anos sesenta había niños baixo as galerías de varios edificios da actualmente Rúa Galicia, no centro da Guarda.

(7).- Valença, incluída aquí a feligresía de San Pedro da Torre, Vila Nova de Cerveira e Caminha, incluídas nesta poboación as feligresías de Moledo e Vilapraia de Áncora, son zonas de notable presencia de andoriñas do cu branco. Pero nestes últimos 6 anos a súa poboación estase a ver reducida considerablemente. Isto débese á destrucción dos niños por parte dos propietarios das vivendas onde estaban ubicados. Podemos decir que o número de niños neste tempo debeu verse reducido entre un 25 e un 50 %.

Mapa da distribución actual das áreas de aniñamento das diferentes especies de andoriñas

presentes no Baixo Miño galego portugués.

 

 

Niños de andoriña de cu branco