anabam

traballando polo patrimonio natural

do Baixo Miño galego-portugués

 

anabam.anabam@terra.es     

 

 -ANABAM

-CAMPAÑAS

 -EVENTOS -  ACTOS

 -LEMBRANZAS

 -CONTACTO - HORARIO OFICINA-

 -ASOCIARSE

-ANABAM EN ACCIÓN

      -Saídas de Campo

-EDUCACIÓN AMBIENTAL

-ACTIVIDADES

-VOLUNTARIADO

-VISITAS GUIADAS

-CURSOS

-PUBLICACIÓNS

-VÍDEOS

 

ASOCIACIÓN  NATURALISTA  "BAIXO  MIÑO"

 

 

 

 

INICIO

 

PORTADA

 

PORTADAS ANTERIORES

 

PEGADAS

 

FENOLOXIA

 

FAUNA

 

MORTANDADE

 

INFORMACION

 

AGRESIONS

 

CARTAS

 

ANABAM VÍDEO

 

ODONATOS

 

 

P.E.S.

QUE E O PES

 

CAMARIÑA

 

CHARAXES JASIUS

 

PÍLLARA-BORRELHO

 

EURYNEBRIA

 

OTANTHUS MARITIMUS

 

HONCKENIA PEPLOIDES

 

WODWARDIA RADICANS

 

ANDORIÑA DE CU BRANCO

 

FENTOS ARBOREOS

 

 

TRABALLOS DE CAMPO

 

BOLBORETAS

 

CETÁCEOS

 

TARTARUGAS MARIÑAS

 

FAUNA ATROPELADA

 

CENSO AVES ACUÁTICAS

 

ANDORIÑAS DO BAIXO MIÑO

 

PROXECTO LARUS

 

UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA

 

REXISTRO DE PEGADAS

 

ETNOGRAFÍA

ÚTILES E APARELLOS

 

MARCAS DOS MARIÑEIROS

 

 
 
MERCADIÑO
 

 

 

Anemonia sulcata (= Anemonia viridis)

 

ANÉMONA

 

     

Primeira actualización o 14-02-2012

Última actualización: 14-04-2012

 
 

 

A Anemonia sulcata ou viridis, pertence ao grupo dos Cnidarios (ao que pertencen tamén as actinias, os corais e as medusas, entre outros). É un animal moi  abondoso, vive en grupos, en toda a costa do Baixo Miño, onde se presenta fundamentalmente en dúas coloracións: unha castaña e outra verde, sendo a máis abondosa a primeira das formas citadas.

 

   Vémolas nas fendeduras e pozas, practicamente no límite inferior da intermareal, principalmente sobre material rochoso. A miudo en agrupamentos que poden conter dende dúas ou tres anémonas ata un bó número de exemplares.

 
 
         
   

     A diferenza das actinias, as anémonas posúen uns tentáculos longos que non se poden ocultar totalmente no interior do animal, coma sucede con aquelas. As anémonas son urticantes para moitos pequenos animais mariños dos que se alimenta.. A nós, agás que sexamos extremadamente sensibles, non nos afectan.

 
         
   

        Estes animais poden vivir certo tempo fora da auga, entón, cando están agrupados, parecen formar unha masa de aspecto abrancazado.

 
         
 

 

         As anémonas son carnívoras, é habitual observar exemplares, como pequenos mexillóns, na súa "boca".

 

    A cor das anémonas débese a algas microscópicas que viven en simbiosis con elas: son as Zooxanthellae, algas unicelulares que axudan á anémona nos procesos de dixestión.

 
         
 

 

     Detalle dos tentáculos da anémona. Obsérvese a cor verde aterciopelada e os extremos de cor púrpura.

 
         
 

 

     Os tentáculos poden repregarse cara ao interior do animal, pero non quedarán ocultos, coma se pode apreciar na anémona da dereita. Tamén, coma sucede na da esquerda, cando están fóra da auga non son capaces de erguer os tentáculos e estes caen lateralmente.