|
Co obxecto de potenciar, dar a coñecer e poñer en valor certos
enclaves naturais ou elementos máis ou menos aillados con respecto ás
potencialidades que teñen, ben dende a perspectiva ecolóxica, ben
dende o punto de vista paisaxístico e/ou ben dende o interese patrimonial (neste
caso cunha relación directa coa natureza e/ou paisaxe), e dado que estes
espazos naturais ou elementos carecen dunha figura real de protección que
garanta a súa conservación e protección, decidimos crear en ANABAM unhas
denominacións que, dalgún xeito podan servir, por unha banda, para tratar de
chamar a atención do ciudadán, do veciño, da administración sobre ese
enclave ou elemento concreto; por outra banda, dar a coñecer eses enclaves
ou elementos que, carentes de protección efectiva, podan ser, debido a ese
descoñecemento, obxecto de destrucción ou modificación, ben por
descoñecemento ou ben por desidia ou desinterés.
Os enclaves e elementos que ANABAM catalogará nalgunha das denominacións
creadas por esta asociación, non están catalogadas por ningunha
administración como elementos a protexer e conservar, polo que, son
susceptibles de que en calquera momento podan ser obxecto dalgunha acción
que cambie radicalmente as súas características, valores ou, o que sería
peor, quedaran destruidos.
As denominacións e elementos ou enclaves pertencentes ás mesmas, son as
seguintes:
ÁREA COMARCAL DE INTERESE NATURAL (ACIN):
Formada por aqueles espacios que teñen un valor natural, alo menos a nivel
comarcal, que é preciso protexer e conservar, tratando na medida do posible
eliminar ou minimizar os impactos que poñen en perigo estes espacios ou a
biodiversidade que conteñen.
Nestes intres hai dous enclaves naturais que sen dúbida posúen excepcionais
valores naturais, algún deles, aínda, merecedores de ser catalogados
oficialmente como Parque Nacional ou, como mínimo, Parque Natural como
é o caso da Serra da Grova, na que se incluiría o P.N. do Monte Aloia.

-Complexo Natural da Serra da Grova, nos concellos de O Rosal, Oia e
Tomiño (NOTA: aínda que o Complexo Natural da Serra da Grova abarca tamén os
concellos de Baiona e Gondomar, neste caso non incluímos estes concellos
porque sae do ámeto de traballo desta asociación).
-Río Cereixo (un dous ríos emblemáticos do Baixo Miño, situado no
municipio de Tomiño).
ÁREA COMARCAL DE INTERESE
PAISAXÍSTICO (ACIP):
Incluímos nesta denominación aqueles espacios que destacan fundamentalmente
pola paisaxe, tal como ocure co único enclave que temos neste momento
catalogado como tal:
-Niño do Corvo, no concello de O Rosal.
ELEMENTO NATURAL DE INTERESE
COMARCAL (ENIC):
Nesta denominacións inclúense aqueles elementos (árbores, rochedos, etc.)
máis ou menos aillados que destacan pola súa lonxevidade, singulariedade,
porte, etc.
-Rochedos de Figueiró,
no concello de Tomiño.
-Fervenzas, nos concellos de O Rosal e Oia.
-Carballos centenarios, no concello de Tomiño.
-Fentos arbóreos (Dicsonias), no río Vilar, en Oia.

Un dos carballos centenarios de Tebra. Este exemplar, o
máis singular, a piques estivo de desaparecer o pasado ano cando alguén lle
prendeu lume, supoñemos que para matar unhas grandes avispas que tiñan neste
exemplar o seu hábitat. Encaramado ao alto, un membro de ANABAM recollendo
diversa información sobre un determinado grupo faunístico.
ELEMENTO PATRIMONIAL DE INTERESE
NATURAL E PAISAXÍSTICO (EPINP):
Denominación na que se inclúen aqueles elementos (construccións, camiños,
etc.) moi ligados a un medio natural e/ou paisaxístico, como ocurre co
elementos patrimoniais que temos ata o de agora:
-Cetáreas ubicadas no litoral do Concello da Guarda
-Muños de vento (utilizamos o vocablo muños por ser o
que se emprega na vila guardesa)
-Pesqueiras, na desembocadura do Miño, no concello da Guarda.
|