SECCIÓN ENTOMOLÓXICA : "Pelegrín Franganillo* "

Argiope bruennichi

(ARAÑA AVESPA OU ARAÑA TIGRE)

 

Coordinación: Agustín Ferreira Lorenzo

Equipo de Campo: Carlos Angíliza Entenza, Luis Dorado Senra; Agustín Ferreira Lorenzo, Antón Ferreira Lorenzo, Noé Ferreira Rodríguez,  Mª Consuelo González de Dios, Manuel A. Pombal Diego, Ricardo Portela Vilas, Ricardo da Silva Diz; Ángeles Villasenín Álvarez.

 

BIODIVERSIDADE

FAUNA 

 INSECTOS

ARÁCNIDOS

 

 

 

 

 

FLORA

 

 

 

 

 

 

 

IR Á PORTADA

 

 

 

 

Observacións da araña avespa realizadas por membros de ANABAM e colaboradores no Baixo Miño. Dende 2012 ata 2016

 

 

 

 

Reino: Animalia

 

Filo: Arthropoda

 

Clase: Arachnida

 

Orde: Araneae

 

Familia: Araneidae

 

Xénero: Argiope

 

Especie: Argiope bruennichi

 

Foto: Ángeles Villasenín Álvarez-anabam

            Niño do Corvo, 07/09/2016

 

 

 

 

 

 

Actualizado o 27-09-2016

 

Texto: Agustín Ferreira L.-anabam

 

 

       Falar da araña avespa é falar dunha das arañas máis fermosas que podemos ver na bisbarra do Baixo Miño e isto, grazas á coloración que presenta a femia, como a que aparece na fotografía, neste caso un exemplar duns dous centímetros de lonxitude, que está a piques de levar a cabo a posta, o que nos indica que estamos case que a fins de verán ou principios do outono que é cando van perpetuar a especie.

 

     O dorso do abdome presenta uns delicados debuxos formados por liñas negras,como se os trazos fosen feitos por un consumado artista manexando un rotulador de tinta indeleble ou, se somos máis clásicos, unha plumilla e tinta china. Entre estas liñas un amarelo limón da unha nota de cor onde tamén atopamos un branco máis ou menos crema.

 

    As patas presentan tamén pequenas manchas negras que serven para camuflar co fondo a presenza desta araña.

 

 

 

Foto: Ángeles Villasenín Álvarez-anabam

           Niño do Corvo, 07/09/2016

 

 

      Ventralmente é moi diferente, nada que ver co dorso. Tonalidade escura e dúas franxas lonxitudinais amarelas.

 

 

Foto: Ángeles Villasenín Álvarez-anabam

        Niño do Corvo, 07/09/2016

 

 

 

 

Á esquerda a araña na súa tela onde se aprecia a característica estructura en zigue-zague.

Á dereita "cesta" construída con seda onde a araña deposita os ovos. En pouco tempo nacen as arañas

xa perfectamente formadas pero pasarán todo o inverno no interior da bolsa.

Fotos: Luis Dorado Senra-anabam

28/9/2016

 

 

 

Actualizado o 14-09-2013

Texto e fotos: Agustín Ferreira L.-anabam

 

 

DATA E LOCALIZACIÓN:

 

           -24-09-2012 (Niño recén posto, Granxa Nova,

                              Camposancos, A Guarda)

           -22-12-2012 (varias postas. A Valga, Oia).

           -03-08-2013 (A Pedrada, Tomiño)

 

 

 

FOTOGRAFÍA: Agustín Ferreira L.

 

 

 Tal vez sexa, dentro das arañas que teñen un tamaño apreciable, a máis fermosa das que podemos ver no Baixo Miño.

 

    Destaca a súa cor, formada por bandas amarelas enmarcadas por franxas negras e separadas por outra banda abrancazada.

 

   A finais de agosto podemos vela facilmente a moi pouca altura do chan, onde constrúe as súas teas, caracterizadas por unha estrutura, na parte inferior, en forma de zigue-zague. A postura que adoita esta araña é coas patas estendidas e cabeza cara abaixo.

 

    En realidade a cor descrita corresponde á femia. O macho é de pequeno tamaño e non destaca en absoluto. A partir de finais de agosto as arañas comezan a levar a cabo a posta dos ovos.

 

 

       Niño de Argiope no que se pode apreciar a súa forma esférica. Dentro a araña deposita os ovos dos que sairán, ao pouco tempo as pequenas arañas pasando todo o inverno no seu interior.

 

 

 

          Decenas de postas de araña avespa poden chegar atoparse en certas zonas, como sucede na Valga (Oia) onde aparecen a partir de setembro penduradas do carrasco e das uces.