anabam

traballando polo patrimonio natural

do Baixo Miño galego-portugués

 

anabam.anabam@terra.es     

 

 -ANABAM

-CAMPAÑAS

 -EVENTOS -  ACTOS

 -LEMBRANZAS

 -CONTACTO - HORARIO OFICINA-

 -ASOCIARSE

-ANABAM EN ACCIÓN

      -Saídas de Campo

-EDUCACIÓN AMBIENTAL

-ACTIVIDADES

-VOLUNTARIADO

-VISITAS GUIADAS

-CURSOS

-PUBLICACIÓNS

-VÍDEOS

 

ASOCIACIÓN  NATURALISTA  "BAIXO  MIÑO"

 

 

 

 

INICIO

 

PORTADA

 

PORTADAS ANTERIORES

 

PEGADAS

 

FENOLOXIA

 

FAUNA

 

MORTANDADE

 

INFORMACION

 

AGRESIONS

 

CARTAS

 

ANABAM VÍDEO

 

ODONATOS

 

 

P.E.S.

QUE E O PES

 

CAMARIÑA

 

CHARAXES JASIUS

 

PÍLLARA-BORRELHO

 

EURYNEBRIA

 

OTANTHUS MARITIMUS

 

HONCKENIA PEPLOIDES

 

WODWARDIA RADICANS

 

ANDORIÑA DE CU BRANCO

 

FENTOS ARBOREOS

 

 

TRABALLOS DE CAMPO

 

BOLBORETAS

 

CETÁCEOS

 

TARTARUGAS MARIÑAS

 

FAUNA ATROPELADA

 

CENSO AVES ACUÁTICAS

 

ANDORIÑAS DO BAIXO MIÑO

 

PROXECTO LARUS

 

UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA

 

REXISTRO DE PEGADAS

 

ETNOGRAFÍA

ÚTILES E APARELLOS

 

MARCAS DOS MARIÑEIROS

 

 
 
MERCADIÑO
 

  

 

ARTE NATURAL

 

 

 

 

CURIOSIDADES NATURAIS

PINTURA ESCATOLÓXICA

 

 

Actualizada o 14-02-2012

 
   

 
 

 

A finais do mes de xaneiro de 2010, visitamos unha exposición de Arte Contemporánea no MARCO, en Vigo, do artista guardés Jorge Barbi. Quedamos gratamente sorprendidos ao contemplar un cadro, véxase figura 6, composto por 44 fotografías no que amosaban figuras humanas feitas de forma natural, sen manipulación, por unhas artistas que, ata aquela, descoñeciamos as cualidades pictóricas que tiñan: as gaivotas claras. Eses cadros estaban feitos cos excrementos destas aves que, ao lanzar o chorro, en moitos casos, máis dos que cremos, formaban ditas figuras.

Algo tan simple como a escatoloxía, serviunos para comprender que na natureza hai arte, moita arte e que soamente temos que descubriolo.

 

 

    Dende aquela, e gracias a Jorge Barbi, cada vez que visitamos os rochedos da costa baixomiñota, non temos máis remedio que fixarnos nas "cagadas" que hai sobre eles. É asombroso o que descubrimos, como se pode apreciar nestas imaxes obtidas nun destes paseos na zona de Solanas, A Guarda. o pasado 8 deste mes de febreiro. Ningura das figuras que presentamos está retocada, tal e como estaban sobre a rocha así as presentamos.

 

  Haberá que preguntarse se as gaivotas nos ven aos humanos como simples excrementos.

 
   

 
         
   

     Pero os detalles non se quedan soamente nas figuras humanas. Estas artistas da natureza, son capaces de "pintar" tamén cogumelos, como este que presentamos na fotografía da esquerda.

 
         
 

 

Figura 6: En xaneiro do ano 2010, Jorge Barbi presentaba no MARCO (Museo de Arte Contemporáneo de Vigo,

unha exposición moi chamativa e interesante, baseada na natureza. Entre as pezas presentadas, estaba este

cadro composto por 44 fotografías obtidas nos seus paseos pola costa, na que os excrementos de gaivota forman

figuras humanas. Quedamos sorprendidos porque ata entón, non nos dera por fixarnos nas dexeccións que estas

aves deixaban e, comprobamos nas nosas saídas ao campo, que en efecto, atopamos verdadeiras obras maestras,

aínda que sexan escatolóxicas.