|
ATERRAMENTOS
EN TOMIÑO
Centos de toneladas de lodos procedentes do aserrado da pedra son
depositados nunha antiga zona de extracción de xabre en Forcadela, a
carón da estrada Tomiño-Tui. Pero ata qué punto estes lodos non
conteñen substancias perigosas para o ambiente ou para as augas
subterráneas? Non só en Forcadela se están a producir verquidos,
existen numerosos puntos onde se depositan todo tipo de aterros,
indiscriminadamente, sen que se saiba que tipo de productos conteñen.
Practicamente, con este sistema Tomiño perdeu tódolos humedais que
había na parroquia de Figueiró paralelos ao río Miño. O que queda
deles é a mínima expresión dunha riqueza do patrimonio natural que
ninguén quixo cuidar e protexer.

As
toneladas de lodos procedentes da industria da pedra permanecen nunha
antiga zona de extracción de xabre, en Forcadela. As consecuencias
futuras destes aterramentos poden ser graves, sobre todo na capa
freática, podendo afectar ao consumo humano no caso de que as augas se
contaminen ou se algunha vez estes terreos se adican a cultivos para o
consumo.

Os
lodos ocupan un espesor de máis de cinco metros nalgunhas zonas. Logo
serán tapados con terra ou xabre permanecendo ocultos á vista, pero se
hai consecuencias negativas para a flora, fauna ou o entorno ¿a quén
haberá que pedir responsabilidades?

Goián:
aquí había unha interesante charca construida artificialmente hai máis
de 25 anos, cando se empezou a extraer arcilla para unha fábrica
próxima. Nesa charca varias especies de aves acuáticas aniñabam, como a
galiñola, e outras se achegaban ata ela, como as garzas. Hoxe toneladas
de escombros acabaron con ela. Pero temos informacións que o
desmantelamento da Casa Mar de Vigo, con productos altamente contaminantes
-como o amianto- se estiveron (¿están?) vertendo nesta zona. Se isto é
certo, todo o contorno podería estar contaminado cun residuo altamento
canceríxeno. ¿Quén leva control destes residuos? ¿quén fae análises
do aire, da auga e dos propios residuos para saber que é o que se está a
verter nunha superficie que non é só do propietario que deu permiso,
senón de toda a sociedade que, dunha ou doutra forma, pode padecer as
consecuencias deste proceder?

Isto
é o que queda da antiga charca. Hai pouco máis dun par de anos ANABAM
solicitara a Medio Ambiente as xestións para evitar o aterramento da
mesma e conservala, pero non serviu para nada. A excusa foi que os
terreos son privados. Hoxe. as augas do que queda presentan unha cor
marrón, que é o que vemos, pero ¿conteñen algo máis?

Estivemos
nesta zona de aterramentos, nesta antiga charca artificial, o mércores 1
de novembro. O espectáculo é deprimente. As posibilidades que ofrecía
para o patrimonio natural, para a educación ambiental, se esfumaron, a
cambio milleiros de toneladas de escombros, seguramente con productos de
dudosa salubridade e inocuidade, permanecerán centos de anos na
zona.

Un
cheiro misterioso envolvía o ambiente próximo á zona de verquidos.
Tocamos algúns dos materiais aí depositados e as mans quedaron
impregnadas dese cheiro. Urxe que os paisanos, a administración local, a
Xunta de Galicia, tome cartas no asunto e se analicen e estudien todo tipo
de verquidos. No caso de que conteñan substancias perigosas, habería que
sancionar aos propietarios dos terreos por permitir (e en moitos casos,
facer negocio), o depósito destes verquidos. Tamén ás empresas que os
fan, e, por suposto, obligar a uns e outros a retirar estes aterramentos.
|