|

| |
|
AULA DA NATUREZA "MUÍÑO
DAS ACEÑAS" |
| |
|
|
Actualizado o 19-07-2011 |
|
| |
|
|
|
|
| |
 |
|
A AULA DA NATUREZA
PERMANECERÁ ABERTA TÓDOLOS DÍAS DO VERÁN
Dende o 17 deste mes de xulloe ata o vindeiro mes de outubro, a
Aula da Natureza "Muíño das Aceñas" permanecera aberta no horario que se
indica ao lado, si ben este horario sufrirá un cambio nos meses de
setembro e outubro.
Os visitantes que se acheguen ata a Aula poderán informarse dos valores
naturais dos arredores, contemplar a exposición permanente e mesmo
participar de xeito activo nos diferentes panéis interactivos que hai no
centro.
Unha monitora contratada polo Concello do Rosal, a través dunha
subvención da Deputación de Pontevedra, é a persoa que nestes intres
está ao fronte da Aula, contando co apoio de ANABAM. |
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
|
|
|
| |
|
|
|
|
Actualizado o
31-03-2011 |
|
| |
|
|
|
|
|
|
| |

|
|
Sábado, 26 de marzo de 2011.
O Alcalde do Rosal, Jesús Mª Fernández, a concelleira de Medio Ambiente
do citado concello, Charo Tabales e o Presidente de ANABAM, Agustín
Ferreira, nun sinxelo acto que estivo arroupado por varios membros da
asociación conservacionista e público en xeral, sumando preto de 75
persoas, procederon á inauguración da primeira Aula da Natureza da
comarca do Baixo Miño e, tal vez tamén a primeira alo menos na provincia
de Pontevedra, que depende directamente dun concello. O acto deu comezo
ás 18.30 horas coa bendicións das instalacións por parte do sacerdote D.
Isaac Cabanelas, acto seguido tomou a palabra a Concelleira de M.A, para
rematar cunhas palabras o presidente de ANABAM. (Foto Agfelo-anabam).
|
|
| |
|
|
|
|
|
|
| |

|
|
De seguido levouse a cabo unha proxección dun audiovisual relacionado
coa Aula da Natureza e o seu entorno, producido por ANABAM.
Ao remate obsequiouse aos asistentes con rosca e sidra.(Foto L. Dorado-anabam). |
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
|
|
|
|
| |
Panel realizado por ANABAM
no que se amosan diferentes sinais de diversos animais presentes na
comarca do Baixo Miño. O panell leva por título Rastros de vida.
Nel expóñense diversos elementos relacionados coa fauna. Este panel
trata de as diferentes formas que atopamos na natureza relacionadas co
mundo animal, unhas destinadas a dar acubillo aos seus hóspedes, outras
serven como niños onde protexerse de depredadores ou da intemperie;
outro material ten que ver coa forma de alimentarse ; etc...(Foto
Agfelo-anabam).
|
|
 |
|
| |
 |
|
Unha placa colocada na fachada, ao carón da porta de acceso á Aula,
indica o uso a que está destinado este antigo muíño hidráulico. As
primeiras visitas está previsto que sexan este sábado próximo, 2 de
abril.(Foto Agfelo-anabam). |
|
|
|
| |
|
|
|
|
|
|
| |
 |
|
ANABAM pretende darlle aos elementos expositivos un carácter
interactivo, participativo, como acontece con este panel de pegadas onde
hai que adiviñar a que animal pertencen cada unha das pegadas que se
expoñen no mesmo.(Foto Agfelo-anabam). |
|
| |
|
|
|
|
|
|
| |
Un aspecto da sala ofrecendo
outro dos paneis confeccionados por ANABAM, no que se atopan diferentes
obxectos coa súa respectiva explicación en relación aos anos que tarda
en se degradar.(Foto Agfelo-anabam). |
|
 |
|
| |
|
|
|
|
|
|
| |
 |
|
A Aula da Natureza "Muíño das Aceñas" se atopa nunha preciosa paraxe, na
beira do río Tamuxe, a un quilómetro da súa confluencia co Miño. (Foto
L. Dorado-anabam). |
|
| |
|
|
|
|
|
|
| |

|
|
Un momento do acto,
cando a Concelleira de Medio
Ambiente do Concello do Rosal dirixe unhas palabras ao público
asistente.(Foto L. Dorado-anabam). |
|
| |
|
|
|
|
|
|
| |
Outro dos elementos
aportados por ANABAM é un diorama que representa un entorno natural
mestura de matorral e charca. Aquí se busca a complicidade dos
observadores para que traten de atopar diferentes animais ou sinais ata
conseguir un total de 15, que son as representación que hai na vitrina.
(Foto L. Dorado-anabam). |
|

|
|
| |
 |
|
Un aspecto do interior da sala que vai estar destinada a charlas,
cursos, proxeccións, etc. Precisamente o vindeiro día 16 de abril
vaise impartir na mesma un curso de anfibios organizado por ANABAM. |
|
| |
|
|
|
|
|
|
| |
|
|
|
|
Actualizado o
15-03-2011 |
|
| |
|
|
|
|
|
|
| |
SÁBADO 26 MARZO, 18,30 horas
-O ROSAL-
INAUGURACIÓN DA
AULA DA NATUREZA
"Muíño das Aceñas"
O Concello de O Rosal e ANABAM invitan a
tódalas persoas interesadas
no campo da natureza e medio ambiente á
inauguración da aula.

|
|
Dende o primeiro día, ANABAM apoiou e colaborou co Concello de O Rosal
no camiño emprendido para transformar o vello Muíño das Aceñas nun
referente da natureza do Rosal.
Consideramos
dende sempre, que este antigo muíño tiña que ser aproveitado para
expoñer os valores naturais do municipio rosaleiro, para que servira
coma centro de información, para que se aproveitara para actividades
ambientais. Niso coincidiamos coa responsable de Medio Ambiente do
concello rosaleiro. E Charo, dende un principio, contactou con ANABAM.
Esta asociación, que non entende de siglas nin de partidos políticos,
tiña a obriga de apoiar e colabourar no proxecto e hoxe, estamos
orgullosos de ter colaborado activamente para que o vello muíño das
Aceñas, case que oito anos despois de empezar coa idea, vaia ser unha
realidade.
Dende aquí, temos que felicitar ao concello de O Rosal, e especialmente
a súa concelleira de Medio Ambiente, o tesón e ánimo que tivo durante
todos estes anos nos que, insistentemente e sen decaimento, quixo que
este proxecto fose unha realidade. |
|
| |
|
|
|
|
|
|
| |

Nos anos noventa, o vello muíño
das Aceñas presentaba este lamentable estado. O abandono da actividade
supuxo tamén o abandono da súa conservación, ata que o Concello do
Rosal, co Alcalde Jesús María Fernández Portela e a Concelleira de Medio
Ambiente, Charo Tabales Perozo, decidiron botar man del, hai uns sete
anos para, non sen esforzo, transformalo nun referente ambiental
converténdoo, non sen esforzo, no que dentro duns días será realidade: a
primeira Aula da Natureza do Baixo Miño.(Foto
Luis Dorado-anabam). |
|
Está previsto que no próximo verán, a Aula estea aberta ao público
ininterrumpidamente para o que ANABAM, coma sempre, vai poñer todo
da súa parte para que así sexa. Entre tanto, a partir do día da
inauguración, iremos levando a cabo actividades puntuais na mesma. A
primeira das actividades a desenvolver, vai ser un curso de anfibios que
terá lugar o vindeiro mes, sábado 16 de abril. |
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
|
|
|
|
| |
A 5 metros da Aula da
natureza, atópase esta ponte que pon en comunicación as dúas beiras do
Tamuxe. (Foto Luis Dorado-anabam).
|
|
 |
|
| |
|
|
|
|
|
|
|
| |
|
|
|
|
Actualizado o
18-01-2011 |
|
| |
|
|
|
|
|
|
| |
 |
|
Logo de varios anos de tratar de reconverter o vello muíño das Aceñas
nun Aula da Natureza, o Concello do Rosal a través da Concellalía
de Medio Ambiente e, ao fronte da mesma a súa Concelleira Charo, parece
que, por fin, e non sen esforzo, o vindeiro mes de marzo podería ser o
momento de proceder a súa inauguración, ou, como lle gusta dicir a
Charo, da súa presentación.
ANABAM tamén ten parte activa nesta posta en funcionamento pois non
deixou de apoiar a Charo dende un principio e de colabourar con ela para
que este proxecto poida ser unha realidade.
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
|
|
|
|
| |
|
A
Aula da Natureza "Muíño das Aceñas" vai contar inicialmente co
mobiliario e material básico. Logo, a medida que se vaian
programando actividades, irá aumentando tanto un coma outro.
O uso
que se lle pretende dar é o de servir como centro de recepción de
visitas guiadas; manter unha exposición permanente relacionada coa
natureza; realización de cursos relacionados co medio natural e
servir coma centro de información da natureza e do patrimonio
etnográfico do Rosal. |
|
 |
|
|
| |
|
| |
|
| |
|
| |
|
|
|
|
|
|
| |
A
Aula da Natureza "Muíño das Aceñas" conta con dúas sás. Unha
delas esta dedicada a ter unha exposición permanente, que pode ir
mudando total ou parcialmente ao longo do tempo. Nela estarán expostos
varios panéis informativos, material interactivo diverso e mostrador.
Separada desta sá por unha parede de pedra, separación que xa tiña o
muíño orixinariamente, estará a sá dedicada a cursos, obradoiros,
proxeccións, etc. Contémplase tamén a instalación dunha maqueta deste
muíño así como outra relacionada cos clásicos muíños hidráulicos que
podemos ver hoxendía en moitos puntos de O Rosal, particularmente no
Folón e Picón. |
|
 |
|
| |
|
|
|
|
|
|
| |
 |
|
Galería situada na fachada principal con vistas ao río. Inferiormente,
por debaixo da mesma e do piso da Aula, discurren as augas do
propio río. |
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|
|
|
|
|
|
| |

A Aula da Natureza
atópase na marxe esquerda do río Tamuxe, a pouco máis dun quilómetro da
súa confluencia co río Miño,
onde desemboca. |
|
| |
|
|
|
|
|
|
| |
 |
|
Estado no
que se atopaba o Muíño das Aceñas no ano 1983. A vexetación
practicamente cubriao na súa totalidade. |
|
| |
|
|
|
|
|
|
| |
 |
|
A
mediados dos sesenta do século pasado, este era o aspecto que presentaba
o Muíño. Contrasta esta imaxe coa que presentaría 20 anos despois. |
|
| |
|
|
|
|
|
|
|
|