EXÓTICAS

 

A AVESPA DO CASTAÑO

 

 

IR Á PORTADA

 

 

 

      Actualizada o 03-02-2016  
 

NOVA ESPECIE EXÓTICA NO BAIXO MIÑO

A avespa chinesa do castaño ou avespa das bugallas

 (Dryocosmus kuriphilus)

 

 

 

Texto e fotos: Ricardo da Silva Diz-anabam

 
         
         
 

 

   

 

    Como era de esperar a avespa ou “avespiña” dos castaños xa está presente no Baixo-Miño. Xa se poden encontrar castiñeiros afectados polas bugallas que provocan estes insectos nas súas partes mais brandas,  ramiñas, follas, xemas etc.

     Os concellos afectados de momento son os de Tui e o de Tomiño aínda que non descartamos que algún castiñeiro dos outros concellos poida estar tamén afectado.

    A “avespiña” foi detectada en Galicia no mes de Maio de 2014.

       Como curiosidade da bioloxía  da especie e que son femias todos os individuos, reproducíndose por partenoxénese (Produción de ovos fértiles sen necesidade de fecundación).

 

 

 

     

 
 

 

 

 

 
 

 

       A  avespa so ten unha xeración o ano. Os adultos emerxen dos ovos dende maio ata finais de xullo. Miden entre 2 – 2,5 mm e viven soamente 10 días. Tempo que ocuparán practicamente en poñer os máis de 100 ovos en postas de 20 aprox.

    As larvas desenvolveranse dentro das bugallas.

        Parece que a medida de control máis eficaz fronte a esta avespa e outra avespa parasita e tamén exótica  Torymus sinensis. O que non se sabe con certeza son os efectos que pode causar esta outra avespa na biodiversidade autóctona.

     Tamén ten aquí outros parasitos pero parece que non son tan efectivos.