anabam

traballando polo patrimonio natural

do Baixo Miño galego-portugués

 

anabam.anabam@terra.es     

 

 -ANABAM

-CAMPAÑAS

 -EVENTOS -  ACTOS

 -LEMBRANZAS

 -CONTACTO - HORARIO OFICINA-

 -ASOCIARSE

-ANABAM EN ACCIÓN

      -Saídas de Campo

-EDUCACIÓN AMBIENTAL

-ACTIVIDADES

-VOLUNTARIADO

-VISITAS GUIADAS

-CURSOS

-PUBLICACIÓNS

-VÍDEOS

 

ASOCIACIÓN  NATURALISTA  "BAIXO  MIÑO"

 

 

 

 

INICIO

 

PORTADA

 

PORTADAS ANTERIORES

 

PEGADAS

 

FENOLOXIA

 

FAUNA

 

MORTANDADE

 

INFORMACION

 

AGRESIONS

 

CARTAS

 

ANABAM VÍDEO

 

ODONATOS

 

 

P.E.S.

QUE E O PES

 

CAMARIÑA

 

CHARAXES JASIUS

 

PÍLLARA-BORRELHO

 

EURYNEBRIA

 

OTANTHUS MARITIMUS

 

HONCKENIA PEPLOIDES

 

WODWARDIA RADICANS

 

ANDORIÑA DE CU BRANCO

 

FENTOS ARBOREOS

 

 

TRABALLOS DE CAMPO

 

BOLBORETAS

 

CETÁCEOS

 

TARTARUGAS MARIÑAS

 

FAUNA ATROPELADA

 

CENSO AVES ACUÁTICAS

 

ANDORIÑAS DO BAIXO MIÑO

 

PROXECTO LARUS

 

UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA

 

REXISTRO DE PEGADAS

 

ETNOGRAFÍA

ÚTILES E APARELLOS

 

MARCAS DOS MARIÑEIROS

 

 
 
MERCADIÑO
 

 

 

BAIXO MIÑO NATURAL

 

ENCLAVES NATURAIS DO BAIXO MIÑO

 

1.RUTA DA COSTA: SEIXAL

 

(TRAMO SUR: PORTO DA GUARDA - PRAIA DE CAMPOSANCOS)

 

 

Actualizado o 16-11-2009

 

 

Cando hai temporais no mar, resulta frecuente atoparnos cunha paisaxe cuberta pola

espuma orixinada polo bater das ondas, un efecto natural que nada ten que ver

coa contaminación.

 

DIFICULTADE: Ningunha xa que estase a preparar unha senda peonil que permitirá o desplazamento para toda a xente.

 

LONXITUDE: 3 quilómetros (ida).

 

DURACIÓN: Se apenas nos detemos no noso camiñar, aproximadamente 40 minutos.

 

CANDO FACER O PERCORRIDO: Se queremos aproveitar ao máximo o noso paseo, mellor en marea baixa, xa que poderemos ver a vida mariña que hai nas charcas mariñas.

 

RECOMENDACIÓNS PARA MOVERSE NOS ROCHEDOS:

                        -No caso de temporal ou forte oleaxe, resulta moi perigoso achegarse aos rochedos.

                        -No inverno evitar andar polos rochedos xa que hai zonas moi esvaraízas.

                        -As mans deben estar libres para poder suxetarse no caso dunha caída.

 

QUE VER: 1.-Estructura dunha antiga cetária (en marea baixa).

                     2-Estructuras de antigos muños (muíños) de vento.

                     3.-Depósito natural de seixos.

                     4.-Ínsua, illa portuguesa. Fortificada. No inverno durmideiro de corvos mariños (Phalacrocorax carbo).

                    

ADEMAIS:

                      En marea baixa poderemos apreciar diferentes formas de vida que hai nas charcas mariñas: anémonas, estrelas, caracois, algas calcáreas, etc.

 DESCRICIÓN DO PERCORRIDO:

1.-Podemos partir do peirao da Guarda, onde aproveitaremos para ver as embarcacións dedicadas á pesca de baixura. Mesmo tamén a actividade dos mariñeiros e, se nos coincide, a subasta que se leva a cabo na lonxa.

 

2.- A 400 metros do punto de partida atopámonos cun antigo lavadoiro e fonte. Estamos en Santa Catalina.

 

3.- 140 metros máis adiante atopámonos coa estrutura dunha antiga cetária, Construcións utilizadas ata a década dos setenta do século pasado para gardar o marisco, sobre todo lagosta. As cetarias deixáronse de utilizar pola incomodidade do seu uso, xa que para acceder a elas tiña que ser cando "devalaba" a marea e que non houbese temporais. Hoxe o marisco gárdase en tanques no interior dos baixos dalgúns edificios ou en naves construídas en terra firme.

 

4.-A 75 metros do punto anterior estaremos fronte a pedra da Grelo, no inverno un pousadeiro de corvos mariños. Moitos rochedos da costa teñen nomes, postos dende moi antigo polos mariñeiros co fin de identificar diferentes zonas que utilizaban, en moitos casos, para pescar.

 

5.-Tamén veremos a estrutura dun vello muíño de vento que se ergue sobre un promontorio natural de granito.

 

6.- 150 metros antes da depuradora (bifurcación que nos leva á estrada A Guarda-Camposancos), empeza o seixal.

 

7.- A 225 metros da depuradora chegamos a unha zona coñecida como Fonte quente, zona cha onde se acumula auga doce procedente dun regueiro que baixa polo sendeiro que hai fronte á mesma.

 

8.- A 900 metros de Fonte Quente, chegamos a un penedo que se ergue e que recibe o nome de "A Torre".

 

9.- A poucos metros unha pequena cala onde habitualmente se acumulan unha morea de algas.

 

10.-Pasando esta cala, chegamos ao punto de máis altitude do noso percorrido: Sollás, punto utilizado por moitos pescadores deportivos.

 

11.- Se subimos uns 300 metros polo camiño que hai fronte a Sollás, estaremos próximos a outros dous muíños de vento, un a nosa esquerda (no interior dunha finca privada) e outro á dereita, reconvertido en habitáculo de fin de semana.

 

12.-A 750 metros de Sollás, chegaremos á praia do Puntal (Praia de Camposancos) onde remataremos o noso percorrido.

 

13.-Fronte a nós a illa da Insua, illote fortificado, pertencente a Portugal.

     

 

O seixal ten unha superficie de máis dunha hectárea. Ao longo destes últimos 30 anos o seu potencial diminuíu alarmantemente por causa da apropiación ilegal de seixos. O paso de vehículos por riba dos seixos contribúe a deteriorar a zona.

 

IMPORTANTE: Para evitar a merma desta formación, así como respectar este entorno natural, NON DEBEN COLLERSE OS SEIXOS.

 

O SEIXAL: Xeoloxicamente é un depósito de seixos, fundamentalmente de cuarcita e, en menor proporción, de granito e xisto. Este depósito procede directamente do mar. Posiblemente a súa idade sexa duns 300.000 anos.

Hainos de diferentes cores e tamaños. Forma redondeada por efecto da erosión.

 

     Os antigos poboadores do Trega baixaban ata aquí para construír os seus útiles líticos. Por iso a esta acumulación de seixos se lle denomina "a fábrica".

 

 

Anémonas, animais que posúen tentáculos urticantes para as súas presas. En nós non fan efecto.

 

 

Arneiróns, cirrípedos que cobren materialmente os rochedos da costa.

 

 

Na Grelo atópase a estructura dun dos seis muíños de vento que aínda se poden ver na vila guardesa.

 

 

Restos dunha antiga cetária situada na Grelo.

 

Máis información:

Monografía nº  9. TÍTULO: Guía para andar por el estuario del Miño. Edita: ANABAM

Monografía nº  11. TÍTULO: A costa do Baixo Miño. Edita: ANABAM

Monografía nº 12. TÍTULO: Biodiversidade na costa intermareal do Baixo Miño. Edita: ANABAM

Monografía nº 14.TÍTULO: Cunchas arreboladas pola marea na costa do Baixo Miño.Edita: ANABAM