BIODIVERSIDADE DO BAIXO MIÑO

 

Responsable Sección Entomolóxica: Agustín Ferreira Lorenzo

Equipo de Campo: Carlos Angíliza Entenza, Silvia Bautista Salgueiriño, Luis Dorado Senra; Agustín Ferreira Lorenzo, Antón Ferreira Lorenzo, Noé Ferreira Rodríguez,  Mª Consuelo González de Dios, Manuel A. Pombal Diego, Ricardo Portela Vilas, Fco. Javier Sánchez González e Ricardo da Silva Diz., Ángeles Villasenín Álvarez

 

BIODIVERSIDADE

FAUNA 

 INSECTOS

ARÁCNIDOS

 

 

 

 

 

FLORA

 

 

 

 

 

 

 

IR Á PORTADA

 

     ANABAM, dende os seus inicios, vén traballando na recollida de datos relativos á flora e fauna da bisbarra do Baixo Miño galego-portugués. O principal obxectivo deste traballo e dar a coñecer, e polo tanto divulgar, a ampla biodiversidade que se atopa na mesma. Mais non so

ó iso, senón tamén saber onde se localiza esta biodiversidade, en que estado, perigos ou ameazas se atopa ou representa, cal é a súa abundancia, etc. Isto pode servirnos para, chegado o caso, se hai que tomar algún tipo de medidas tanto para protexer, se hai necesidade delo, como eliminar, se son especies exóticas invasoras ou manter a raia no caso dunha esaxerada proliferación dalgunha especie.

 

     Este pretende ser un traballo non exclusivo da xente de ANABAM, senón de participación cidadá, polo tanto aberto a cantas persoas queiran enviarnos datos da flora e fauna que observan, sempre e cando correspondan ao Baixo Miño galego portugués. Datos que poden ser fotografías ou apuntes das observacións efectuadas.

 

IR A FAUNA

 

IR A FLORA