anabam

traballando polo patrimonio natural

do Baixo Miño galego-portugués

 

anabam.anabam@terra.es     

 

 -ANABAM

-CAMPAÑAS

 -EVENTOS -  ACTOS

 -LEMBRANZAS

 -CONTACTO - HORARIO OFICINA-

 -ASOCIARSE

-ANABAM EN ACCIÓN

      -Saídas de Campo

-EDUCACIÓN AMBIENTAL

-ACTIVIDADES

-VOLUNTARIADO

-VISITAS GUIADAS

-CURSOS

-PUBLICACIÓNS

-VÍDEOS

 

ASOCIACIÓN  NATURALISTA  "BAIXO  MIÑO"

 

 

 

 

INICIO

 

PORTADA

 

PORTADAS ANTERIORES

 

PEGADAS

 

FENOLOXIA

 

FAUNA

 

MORTANDADE

 

INFORMACION

 

AGRESIONS

 

CARTAS

 

ANABAM VÍDEO

 

ODONATOS

 

 

P.E.S.

QUE E O PES

 

CAMARIÑA

 

CHARAXES JASIUS

 

PÍLLARA-BORRELHO

 

EURYNEBRIA

 

OTANTHUS MARITIMUS

 

HONCKENIA PEPLOIDES

 

WODWARDIA RADICANS

 

ANDORIÑA DE CU BRANCO

 

FENTOS ARBOREOS

 

 

TRABALLOS DE CAMPO

 

BOLBORETAS

 

CETÁCEOS

 

TARTARUGAS MARIÑAS

 

FAUNA ATROPELADA

 

CENSO AVES ACUÁTICAS

 

ANDORIÑAS DO BAIXO MIÑO

 

PROXECTO LARUS

 

UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA

 

REXISTRO DE PEGADAS

 

ETNOGRAFÍA

ÚTILES E APARELLOS

 

MARCAS DOS MARIÑEIROS

 

 
 
MERCADIÑO
 

 

 

Cairina moschata

PATO CRIOLLO

 

 

      30-01-2012  
 

 

     Practicamente cun mes de diferenza, apareceo un segundo pato criollo na Guarda, esta vez viuse no porto guardés. Evidentemente trátase dun exemplar escapado ben dun galiñeiro ou ben dalgún estanque.

 

    A observación produciuse o mércores e xoves, 25 e 26 deste mes de xaneiro.

 

    Na fotografía o exemplar observado. (Foto Agustín Ferreira-anabam).

 
         

 

 

 

  11-01-2012  
 

RECOLLIDO UN PATO CRIOLLO

 

 

por Noé ferreira Rodríguez

 
 

 

     O pasado 26 de decembro recibimos aviso por parte dos propietarios dunha finca na Cunchada (O Rosal) da presencia dun parrulo ferido que estaba na súa propiedade.

    Membros de ANABAM desprazáronse ata o lugar onde José Martínez, xunto coa súa dona e algúns veciños agardaban a nosa chegada.  Comprobamos que se trataba dunha especie de parrulo doméstica, denominado pato criollo ou pato mudo, o cal presentaba unha ferida nun costado. 

    O pato parece recuperado, polo que estamos á espera de que o posible propietario o reclame. De momento atópase nun galiñeiro particular dun dos membros de ANABAM. Sae tódolos días á finca, onde permanece dende a mañá ata a tardiña, cando el mesmo regresa ao interior do galpón para pasar a noite.

   O pato criollo ou pato mudo, Cairina moschata, é unha anátida de orixe tropical e subtropical que ten o seu hábitat en Sudamérica. Nas nosas latitudes é común ver variedades desta ave en parques, xardíns e currais que con frecuencia perderon a capacidade de voar trala selección artificial levada a cabo para acadar os carácteres máis rechamantes dende o punto de vista ornamental.

 
 

 

Mapa da distribución de Coirina moschata (Imaxe de www.Oiseaux.net)

 

 

 

 

    Na imaxe da esquerda vemos o exemplar que temos no noso poder, escapado, con toda probabilidade, do seu lugar orixinal, posiblemente dunha casa particular dos arredores, na zona da Cunchada, como se dixo anteriormente.

 

     Así que, o seu propietario, se ten interese en recuperar este animal, non ten máis que poñerse en contacto con ANABAM.