|
por
Noé ferreira Rodríguez
O
MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE,
MEDIO RURAL E MARIÑO PUBLICA NO BOE O LISTADO E CATÁLOGO ESPAÑOLDE
ESPECIES EXÓTICAS INVASORAS
O pasado 12
de Decembro saíu publicado no BOE o Catálogo Español de Especies
Exóticas Invasoras, no que se inclúen todas aquelas especies que
constitúan ou poidan chegar a constituír unha ameaza tanto para as
especies autóctonas coma para os ecosistemas, hábitats, agronomía ou
recursos económicos, sinalando os procedementos de actuación,
estratexias e medidas necesarias para previr a introdución e evitar a
propagación das mesmas.
No listado inclúense especies exóticas susceptibles de converterse nunha
ameaza grave por competir coas especies silvestres autóctonas, co fin de
propor, chegado o caso, a súa inclusión no catálogo.
Calquera cidadán ou organización pode solicitar a inclusión dunha
especie no catálogo ou no listado sempre que a solicitude vaia
acompañada da xustificación científica que apoie dita actuación. A
inclusión dunha especie supón a prohibición xenérica da súa posesión,
transporte, tráfico ou comercio, tanto de exemplares vivos coma mortos.
E pois competencia das comunidades autónomas a adopción das medidas
necesarias para o control, xestión e posible erradicación.
Pero deixa en mans das autoridades competentes a autorización de novas
explotacións de especies incluídas no catálogo ou no listado cando
estean debidamente xustificadas e con medidas precautorias suficientes,
coma no caso das explotacións de visón americano (Neovison vison)
ou de calquera especie de cangrexo exótico de augas continentais.
Establécense prazos de substitución de especies englobadas dentro dos
animais de compañía coma as subespecies Trachemys scripta scripta
e Trachemys scripta troosti, por outras non invasoras. E os
propietarios de especies incluídas no catálogo ou no listado deberán
informar nun prazo máximo dun ano da súa posesión ás autoridades
competentes, ou con carácter inmediato se se produce a liberación
accidental.
A
continuación poñemos algunhas das especies incluídas no catálogo
presentes no Baixo Miño e que, se atendemos a posibilidade de permitir a
instalación de novas explotacións de especies que por diversos motivos
resultan moi agresivas para o medio ambiente cando se produce a súa
liberación accidental ou non, resulta cando menos curioso atopar outras
delas neste catálogo:
Catálogo
Español de Especies Exóticas Invasoras
Sargassum muticum
((Yendo) Fensholt, 1955).
Acacia dealbata
Link.
Carpobrotus edulis
(L.) N.E. Br.
Ipomoea indica
(Burn).
Corbicula fluminea
(Muller, 1774).
Procambarus clarkii
(Girard, 1852).
Trachemys scripta
(Schoepff, 1792).
Estrilda astrild
(Linnaeus, 1758).
Myiopsitta monachus
(Boddaert, 1783).
Mustela (Neovison) vison
(Schreber, 1777).
Listado de especies exóticas con potencial invasor
Acacia dealbata
Link.
Cortaderia
spp
Eucalyptus globulus
Labill.
Lonicera japonica
Thunb.
Phyllostachys aurea
Carrière ex Rivière & C. Rivière.
Carassius auratus
(Linnaeus, 1758).
Oncorhynchus mykiss
(Walbaum, 1792).
Branta canadensis
(Linnaeus, 1758).
Cygnus atratus
(Latham, 1790).
Cygnus olor
(Gmelin, 1789). |