SECCIÓN ENTOMOLÓXICA "Pelegrín Franganillo"

 

-INSECTOS -

Chrysididae

 

Responsable Sección Entomolóxica: Agustín Ferreira Lorenzo

Equipo de Campo: Carlos Angíliza Entenza, Silvia Bautista Salgueiriño, Luis Dorado Senra; Agustín Ferreira Lorenzo, Antón Ferreira Lorenzo, Noé Ferreira Rodríguez,  Mª Consuelo González de Dios, Manuel A. Pombal Diego, Ricardo Portela Vilas, Fco. Javier Sánchez González e Ricardo da Silva Diz., Ángeles Villasenín Álvarez

 

BIODIVERSIDADE

FAUNA 

 INSECTOS

ARÁCNIDOS

 

 

 

 

 

FLORA

 

 

 

 

 

 

 

IR Á PORTADA

Chrysis ignita

 

(AVESPA CUCO, AVESPA ESMERALDA, AVESPA RUBÍ)

 

 

    Primeira actualización: 25-06-2015

Última actualización: 25-08-2015

   

 

Texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam

 

 

 

     

  Clase: Insecta

Orde: Hymenoptera

Familia: Chrysididae

Xénero: Chrysis

Especie: C. ignita

 

 

OBSERVACIÓN:

 

I II III IV V VI VII VIII IX X XI XII
                       

 

  As avespas esmeralda visitan con certa frecuencia umbelíferas como podemos ver nas fotografías adxuntas.

     

 

 

Os crisídidos son unha familia de pequenas avespas cuxo rasgo máis rechamante para o observador son as vivas cores metálicas que posúen, con tonos azulados, verdes, morados e vermellos. Por este colorido tamén se llas coñece como avespas xoia ou avespas esmeraldas. Debido a que adoitan poñer os ovos nos niños doutras avespas, para que estas últimas críen ás larvas da avespa xoia, estas tamén reciben o nome de "avespas cuco".

 

 

No Proxecto Bembix que estamos desenvolvendo, observamos como algúns exemplares saían do interior dos

niños da avespa Bambix rostrata. Tamén como unha Bembix capturaba en pleno vó unha avespa xoia que sobrevoaba a zona de nidificación,

pero non a levou para o niño como posible fonte de alimentación, senón que se

alouxou da zona. Asistimos tamén a unha loita de varios segundos entre un chrisídido que estaba pousado

rondando pola zona de nidificación e unha avespa Bembix, ao final os dous quedaron como "tocados" ata

que se recuperaron e cada un foi pola súa banda.