anabam

traballando polo patrimonio natural

do Baixo Miño galego-portugués

 

anabam.anabam@terra.es     

 

 -ANABAM

-CAMPAÑAS

 -EVENTOS -  ACTOS

 -LEMBRANZAS

 -CONTACTO - HORARIO OFICINA-

 -ASOCIARSE

-ANABAM EN ACCIÓN

      -Saídas de Campo

-EDUCACIÓN AMBIENTAL

-ACTIVIDADES

-VOLUNTARIADO

-VISITAS GUIADAS

-CURSOS

-PUBLICACIÓNS

-VÍDEOS

 

ASOCIACIÓN  NATURALISTA  "BAIXO  MIÑO"

 

 

 

 

INICIO

 

PORTADA

 

PORTADAS ANTERIORES

 

PEGADAS

 

FENOLOXIA

 

FAUNA

 

MORTANDADE

 

INFORMACION

 

AGRESIONS

 

CARTAS

 

ANABAM VÍDEO

 

ODONATOS

 

 

P.E.S.

QUE E O PES

 

CAMARIÑA

 

CHARAXES JASIUS

 

PÍLLARA-BORRELHO

 

EURYNEBRIA

 

OTANTHUS MARITIMUS

 

HONCKENIA PEPLOIDES

 

WODWARDIA RADICANS

 

ANDORIÑA DE CU BRANCO

 

FENTOS ARBOREOS

 

 

TRABALLOS DE CAMPO

 

BOLBORETAS

 

CETÁCEOS

 

TARTARUGAS MARIÑAS

 

FAUNA ATROPELADA

 

CENSO AVES ACUÁTICAS

 

ANDORIÑAS DO BAIXO MIÑO

 

PROXECTO LARUS

 

UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA

 

REXISTRO DE PEGADAS

 

ETNOGRAFÍA

ÚTILES E APARELLOS

 

MARCAS DOS MARIÑEIROS

 

 
 
MERCADIÑO
 

 

CICLO  DE  CINE  DOCUMENTAL

 

Actualizado o 23-03.2010

 

REMATOU O CICLO DE CINE DOCUMENTAL

 

                                                                                                                                       Foto: Manuel A. Pombal

 

    Non tivo o éxito agardado. O ciclo de cine documental desenvolvido por ANABAM nos concellos de Oia, O Rosal, A Guarda e Tomiño, 15 sesións e catro documentais de calidade, non foi tido en conta pola poboación, asistindo unha media de 10 persoas e, mesmo, tendo que suspender unha das sesións ( O Rosal) por falla de público. Non hai disculpa de horarios (12 da mañán, 6, 7,30 e 8 da tarde) nin de días (venres, sábado, domingo), nin de información, xa que houbo cartelería dabondo e sendo anunciado en diferentes medios de comunicación. Foron Pedornes (Oia) e Goián (Tomiño) os que mellor responderon. Polo tanto, este ciclo, pese ao grande esforzo desplegado, pasou con máis pena que gloria. En fin, haberá que pensar que este tipo de eventos non interesa á meirande parte da poboación. Vaia o noso agradecemento ás persoas que coa súa presenza arrouparon o mesmo.

 

 

Actualizado o 24-02-2010

       

        Esta actividade enmárcase nos actos programados con motivo do 25º ANIVERSARIO de ANABAM. Temos previsto levar a cabo a proxección de catro documentais nos concellos de Oia, O Rosal, A Guarda e Tomiño. Deixamos a Tui fóra porque o Concello desa localidade xa programara un ciclo de cine documental con parte das películas que temos programado, polo que non tiña obxecto repetilas. 

 

     O CEIDA, colabora nesta actividade, dándonos todas as facilidades para poder facelo, así como os responsables municipais dos concellos citados.

 

    Os días, datas e os documentais que se proxectarán son os seguintes, Prema enriba das datas nas que estea interesad@.

 

 

 

 

 

 

A GUARDA

PROXECCIÓN: Centro Cultural.

DÍA: Venres, 26 de febreiro.

HORA: 8 da tarde.

 

TOMIÑO:

PROXECCIÓN: Auditorio de Goián

DÍA: Domingo, 7 de marzo.

HORA: 6 da tarde

 

 

O ROSAL:

PROXECCIÓN: Auditorio Municipal.

DÍA: Sábado 6 de marzo

HORA: 8 da tarde.

 

OIA:

PROXECCIÓN: Centro Cultural de Pedornes.

DÍA: SÁBADO: 13 DE MARZO

HORA: 7.30 DA TARDE.

 

Este documental é un espectacular recorrido pola Terra, de norte a sur y a o longo das estacións, observando o comportamento de distintas especies animais e a influencia do cambio climático nas súas vidas. Foi realizado co as máis sofisticadas técnicas da serie televisiva da BBC Planet Earth. A súa presentación levouse a cabo na Sección Oficial do Festival de cine de San Sebastián.

 

 

A GUARDA

PROXECCIÓN: Centro Cultural.

DÍA: Venres, 5 de marzo.

HORA: 8 da tarde.

 

O ROSAL:

PROXECCIÓN: Auditorio Municipal.

DÍA: Domingo, 7 de marzo

HORA: 12 da mañá.

 

OIA:

PROXECCIÓN: Centro Cultural de Pedornes.

DÍA: SÁBADO: 20 DE MARZO

HORA: 7.30 DA TARDE.

Non vos perdades o documental Home en español. A última película creada por Yann Arthus-Bertrand, o autor de a terra vista desde o ceo. Un documento indispensable para comprender a terra e o efecto do home sobre o planeta. Un canto emocional de amor ao noso fogar común.

 

 

 

 

A GUARDA

PROXECCIÓN: Centro Cultural.

DÍA: Venres, 12 de marzo.

HORA: 8 da tarde.

 

TOMIÑO:

PROXECCIÓN: Auditorio de Goián

DÍA: Domingo, 14 de marzo.

HORA: 6 da tarde

 

 

O ROSAL:

PROXECCIÓN: Auditorio Municipal.

DÍA: Sábado, 13 de marzo

HORA: 8 da tarde.

 

OIA: .

PROXECCIÓN: Centro Cultural de Pedornes.

DÍA: SÁBADO: 27 DE FEBRERO

HORA: 7.30 DA TARDE.

No océano, o pingüino emperador, parécese máis a un golfiño do que a un ave. Este animal potente pero de movementos fluídosé capaz de xurdir das profundidades coma un torpedo. patinar axilmente sobre o xeo e volver a erguerse para poñerse sobre as súas patas.Pero unha vez en pe, esta ave de andar torpe está sempre a merced do menor obstáculo. O emperador ten que percorrer centos de quilómetros dende onde se atopa o alimento, no mar, ata onde está a súa cría. Este documental narra a odisea da viaxe deste pingüíno.

 

 

 

 

A GUARDA

PROXECCIÓN: Centro Cultural.

DÍA: venres, 19 marzo.

HORA: 8 da tarde.

 

TOMIÑO:

PROXECCIÓN: Auditorio de Goián

DÍA: Domingo, 21 de marzo.

HORA: 6 da tarde

 

O ROSAL:

PROXECCIÓN: Auditorio Municipal.

DÍA: Domingo, 14 de marzo

HORA: 12 da mañá.

 

OIA:

PROXECCIÓN: Centro Cultural de Pedornes.

DÍA: SÁBADO: 6 DE MARZO

HORA: 7.30 DA TARDE.

 Este film está considerado o mellor documental europeo do 2004. Nos anos 50 e case que clandestinamente, un funcionario colonial relacionado co departamento de pesca, introduciu a perca do Nilo no lago Victoria. Hoxe, este peixe véndese en todo o mundo,  nas peixerías como si fose "mero". Coa excusa da perca do Nilo, o director Hubert Sauper propóñenos un documental sobre as miserias da globalización.

 

COLABORAN:

                          

 

 

 

CONCELLO DA GUARDA

ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS

 

"A MURUXEIRA"

 

PEDORNES-OIA

 

 

 

CONCELLO DE TOMIÑO

CONCELLALIA DE CULTURA

 

 

 

 

 

CONCELLO DO ROSAL

 

    

ORGANIZA: