|
O Concello da Guarda conta, dende hai un par de anos, cunha colección de
conchas de varios miles de exemplares que pertenceo no seu día ao arquitecto e
malacólogo vigués, xa falecido, Ignacio Navarro. Esta colección foi adquirida
polo citado Concello por 10.000 euros á viuda quen, nunha primeira ocasión, hai uns cinco ou seis anos,
tiña pensado donala ao concello guardés, que non soubo ou non quixo por aquel entón,
aproveitar a magnífica ocasión que tiña.
Hai
dous anos, o que por entón era o Concelleiro responsable de Medio
Ambiente. Ignacio Saa, púxose en contacto co Presidente de ANABAM,
Agustín Ferreira, para conseguir una colección relacionada co Medio
Ambiente e co Mar con destino ao futuro Museo do Mar. Este último
barallou a posibilidade de contar coa colección malacolóxica de Ignacio
Navarro, que xa fora ofertada de xeito gratuito ao Concello uns anos antes
pola súa viúda, como dixemos máis arriba. Así que o Presidente de ANABAM contactou con Emilio
Rolán, moi relacionado coa familia de I. Navarro. Rolán, unha autoridade
mundial en malacoloxía, xa se movera
para que a colección de I. Navarro viñera para A Guarda, así que
novamente colaborou para que esa colección estivera nesta localidade, cousa
que finalmente se conseguiu, aínda que non de xeito gratuito, pois esta
oportunidade se perdera. O custe da adquisición dos varios milleiros de
cunchas foi de 10.000 euros.
Algunhas destas cunchas, as máis curiosas e chamativas, serán expostas na réplica da
Atalaia tra-la súa
conversión en Museo do Mar. Este Museo podería abrir as súas portas no
vindeiro mes de maio.

Emilio
Rolán, á esquerda, Agustín Ferreira, no centro e Ignacio Saa, á
dereita preparando parte das cunchas que serán expostas no futuro Museo
do Mar.

Algunhas
das cunchas que estarán expostas nas vitrinas do Museo do Mar.
Buccínidos,
Tróquidos, Cásidos, Cónidos, Volútidos, Cipreidos, Murícidos..., son
algunhas das familias cos que conta a colección Ignacio Navarro
propiedade do Concello da Guarda.
Algunhas
pezas son realmente fermosas, como estes Volútidos da fotografía.
Emilio
Rolán ordenando algunhas das conchas que estarán expostas no Museo.
Conus
gloriamaris foi considerada, ata hai algúns anos, unha das especies
máis raras e máis apetecidas polos coleccionistas.
Agustín Ferreira e Ignacio Saa seleccionado algunhas
das cunchas que serán expostas no Museo do Mar da Guarda.
|