|

BASES (infantil, primaria
e educación especial)
PREMIO 25 ANIVERSARIO DE ANABAM
E
DÍA
MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
1º/ Poderán participar
tódol@s nen@s matriculados nos centros de
Educación Infantil,
Primaria e Educación Especial
da
comarca do Baixo Miño (municipios de Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda e Oia)
así como os seus equivalentes de Valença, Vila Nova de Cerveira e Caminha.
2º/ a/ Os traballos
terán que ser total ou maioritariamente
feitos con material reciclado.
b/ Os traballos de
infantil serán
por aula.
Cada
aula poderá presentar ata tres traballos,
pero soamente poderán ter opción a un premio.
c/ Os traballos de
primaria serán
individuais. O mestre será o encargado de elixir
5
traballos por curso.
Estes traballos serán entregados a ANABAM no prazo que figura máis abaixo.
d/ Os traballos de educación especial poden ser colectivos ou presentados a
nivel individual.
3º/ TEMA: terá que ver
con algún motivo relacionado coa natureza.
4º/ Cada traballo virá
acompañado dunha tarxeta co
título da obra, nome e apelidos d@ autor/a, idade, curso, centro escolar e
mestre responsable.
A tarxeta irá no interior dun sobre pechado. A obra presentada virá tamén
cunha tarxeta adosada, co mesmo título que figura na tarxeta introducida no
sobre.
5º/ O tamaño máximo da
obra presentada será de 100x100x100 centímetros.
6º/ Cos traballos
presentados farase unha exposición no mes de xuño, do 1 ao 13, coincidindo
co aniversario de ANABAM, en horario que se comunicará na páxina web desta
asociación (www.anabam.org)
7º/ PREMIOS:
Serán elixidos
tres
traballos de Educación Infantil (un
de tres anos; un de catro anos e un de cinco anos),
tres de Primaria
(un por cada ciclo), e dous de Educación Especial (un colectivo
e outro individual) que a xuízo do xurado, formado por mestres, artistas
plásticos e membros de ANABAM, sexan considerados gañadores.
NOTA: Os premios de
Educación Infantil e de Educación Especial, modalidade colectiva, serán para a aula. Os de primaria
re os de Educación Especial individual, serán para o/a
autor/ra dos traballos gañadores.
8º/ A entrega de premios
terá lugar nun acto, que comezará ás 7 da tarde do sábado 5 de xuño (Día
Mundial do Medio Ambiente), no salón
de actos do Centro Cultural da Guarda. Nese acto terán que estar presentes
os alumnos premiados na modalidade individual, e no caso da modalidade
colectiva, o mestre resposable,
ou persoa en quen delegue, e algúns alumn@s representantes da aula.
9º/ Ademais, ANABAM
realizará un sorteo de agasallos entre os escolares que estean presentes no
acto. Tamén haberá un sorteo de dous miniordenadores portátiles para os mestres
dos alumnos participantes (infantil e primaria) que estean presentes no
acto.
10º/ Os traballos
entregaranse no mes de maio, entre o
domingo 1 e o xoves 20 de maio,
no local de ANABAM, Rúa Calvario, 44-baixo, A Guarda. (Contacto: 986
611799; 986 627 255; 616 180 557)
11º/ Os traballos
seleccionados serán publicados na
páxina de anabam (www.anabam.org) o 31 de maio.
Se é posible tamén serán divulgados noutros medios de comunicación.
12º/ Tódalas obras
premiadas pasarán a ser propiedade de ANABAM que poderá facer uso libre
delas citando sempre a autoría. Os traballos non premiados poderanse
recoller dende o día 14 ata o día 30 de xuño no local de ANABAM, os que non
se recollan no prazo sunalado, decidirá a organización o destino dos mesmos.
13. O feito de
participar supón a total aceptación das bases. Calquera nova que xurda e non
figure nestas bases, será resolta pola organización.
A Guarda a 20 de xaneiro
de 20010
|