CURSOS  -  TALLERES

 

 

 

 

Actualizada: 15/06/2017

 

DATA

HORA

LUGAR

Nº PRAZAS

PREZO

Domingo, 2 de xullo

10:30 a 13:00

Monte Terroso

A Guarda

10

Gratuito

 

 

 

 

 

TALLER BÁSICO DE ENTOMOLOXÍA

 

 

     Este taller consiste nunha actividade práctica de achegamento ao fascinante mundo dos insectos e dos arácnidos.

 

     Estamos en plena época de floración de numerosas especies vexetais e isto favorece a presenza dunha grande variedade de insectos, pero tamén algunhas pequenas arañas se aproveitan da floración para atrapar ás presas que se achegan. Estamos pois, nunha das mellores épocas do ano para interesarnos por estes "bechos".

 

     Para esta actividade, que se realiza en plena natureza, necesitaremos contar cunha cámara fotográfica que nos permita acercarnos suficientemente ao insecto, ou sexa, que teña obxectivo "macro". Vale tamén un teléfono móbil que saque fotografías de obxectos pequenos moi próximos.

 

     Percorreremos unha senda do Monte Terroso, algo así como dous ou tres quilómetros, observando as flores, as herbas,  o chan e, á menor oportunidade, ZAS!, dispararemos o "percutor" da cámara para intentar ter unha boa imaxe.

 

     Logo, elixiremos aquelas fotografías nas que se aprecie suficientemente ben o insecto, e faremos unha GUÍA ENTOMOLÓXICA que imos colgar na páxina de ANABAM, onde citaremos ao autor de cada fotografía e ao resto ds participantes.

 

       É preciso inscribirse previamente, porque o número de prazas é moi limitado. Soamente dez persoas como máximo. Pero tamén, para que o curso sexa viable, poñemos un número mínimo de asistentes, que será de cinco. A inscripción pode facerse por calquera dos seguintes medios: correo electrónico (anabam.anabam@gmail.com), whassapp (61 61 80 557) ou a través do facebook (privado).

 

      Á hora de comezo: ás 10:30 da mañá, e a hora prevista de finalización, ás 13:00 horas. O curso é gratuíto.

 

      Neste taller trataremos de coñecer algúns aspectos esenciais dos insectos, para familiarizarnos con eles. Coñeceremos algunhas características duns poucos grupos.

 

     Este taller está pensado para principiantes, será, polo tanto básico.