anabam

traballando polo patrimonio natural

do Baixo Miño galego-portugués

 

anabam.anabam@terra.es     

 

 -ANABAM

-CAMPAÑAS

 -EVENTOS -  ACTOS

 -LEMBRANZAS

 -CONTACTO - HORARIO OFICINA-

 -ASOCIARSE

-ANABAM EN ACCIÓN

      -Saídas de Campo

-EDUCACIÓN AMBIENTAL

-ACTIVIDADES

-VOLUNTARIADO

-VISITAS GUIADAS

-CURSOS

-PUBLICACIÓNS

-VÍDEOS

 

ASOCIACIÓN  NATURALISTA  "BAIXO  MIÑO"

 

 

 

 

INICIO

 

PORTADA

 

PORTADAS ANTERIORES

 

PEGADAS

 

FENOLOXIA

 

FAUNA

 

MORTANDADE

 

INFORMACION

 

AGRESIONS

 

CARTAS

 

ANABAM VÍDEO

 

ODONATOS

 

 

P.E.S.

QUE E O PES

 

CAMARIÑA

 

CHARAXES JASIUS

 

PÍLLARA-BORRELHO

 

EURYNEBRIA

 

OTANTHUS MARITIMUS

 

HONCKENIA PEPLOIDES

 

WODWARDIA RADICANS

 

ANDORIÑA DE CU BRANCO

 

FENTOS ARBOREOS

 

 

TRABALLOS DE CAMPO

 

CETÁCEOS

 

TARTARUGAS MARIÑAS

 

FAUNA ATROPELADA

 

CENSO AVES ACUÁTICAS

 

ANDORIÑAS DO BAIXO MIÑO

 

PROXECTO LARUS

 

UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA

 

REXISTRO DE PEGADAS

 

ETNOGRAFÍA

ÚTILES E APARELLOS

 

MARCAS DOS MARIÑEIROS

 

 
 
MERCADIÑO
 

 

CURSOS 2011

 

CURSO DE INICIACIÓN:

OBSERVACIÓN E IDENTIFICACIÓN DE ANFIBIOS

16 de ABRIL

 

O curso consta dunha parte teórica (pola mañá) e outra práctica (pola tarde).

 

   Estará apoiado con proxección de vídeo

 

    A saída ao campo .

 

 

HORARIO

 

        -10.30 horas............................recibimento dos participantes ao curso e entrega de material.

        -11.00.....................................inicio do curso.

        -13.00.....................................remate da sesión teórica.

 

        -15.30....................................saída práctica.

        -19.00....................................remate do curso.

 

 

PREZO:

 

         SOCIOS ACTIVOS........................................................... Gratuíto.

         DEMAIS SOCIOS............................................................. 5 euros.

        

         MEMBROS DE ENTIDADES CONSERVACIONISTAS

                                              OU DA NATUREZA..........................8 euros*

 

         ESTUDANTES..................................................................8 euros*

      

         DEMAIS INTERESADOS.................................................12 euros.

 

*Necesario ter acreditación.

 

 

LOCAL:

 

      Aula da Natureza Muíño das Aceñas (O Rosal)

 

 

 

INSCRIPCIÓN:

 

Precísase inscripción previa, cubrindo a ficha adxunta e enviándoa a ANABAM por e-mail (anabam.anabam@terra.es)

 

 

Data tope de inscripción: 12 de abril

 

 

Prazas limitadas.

 

 

 

Material subministrado:

 

DVD

Fichas

 

Edade mínima: 14 anos

 

     
FICHA DE INSCRIPCIÓN: CURSO DE ANFIBIOS                                        16 ABRIL 2011

(copiar e enviar a ANABAM  por e-mail)

NOME  
APELIDOS  
DATA NACEMENTO  
DNI  
RÚA, PLAZA, PISO, Nº  
CÓDIGO POSTAL  
POBOACIÓN  
PROVINCIA  
CORREO ELECTRÓNICO  
TELÉFONO-MÓBIL  
   
PERTENCES A ALGÚN COLECTIVO CONSERVACIONISTA?
     ¿A CAL?  
SE ERES ESTUDIANTE INDICA: ESTUDIOS, CURSO E CENTRO  
    O usuario acepta que os datos enviados mediante este formulario serán xestionados unicamente por anabam. Esta asociación non compartirá dita información, agás consulta previa co usuario, con ningunha outra entidade, organismos, etc.. Informámoslle estes datos poden ser cancelados, rectificados, etc., sen máis que enviar un escrito a esta asociación, ben por correo normal ou a través do correo electrónico: anabam.anabam@terra.es

 

CURSOS 2007

Actualizado o 07-05-2007

      

RESUMO DO CURSO DE PEGADAS

 

     Tal e como estaba programado, ANABAM levou a cabo o primeiro curso de Rastros, Pegadas e Sinais dos animais na praia. A Estación Ornitolóxica foi o punto de partida desta actividade que se continuou, polo piñeiral que bordea á praia para logo pasar a percorrer esta. No percorrido observamos as sinais dos esquíos nas piñas (levóxiras e destróxiras); dos ratos tamén nas piñas; os "escupitajos" dun insecto homóptero; as pegadas na area do corvo, do mazarico e da gaivota; os restos dun ourizo e dunha pomba; etc. Pola tarde continuamos coa sesión proxectando e comentando unha serie de fotografías relacionadas co tema, finalizamos coa confección dunha ficha. 

 

 

Os participantes estiveron atentos a calquer pegada que aparecera na praia aproveitando para obter algunha fotografía das mesmas.

 

 

Un dos participantes coa cámara fotográfica prestando atención a unha das sinais de prencia dun animal: o insecto do "escupitajo".

 

 

Piñas roídas por esquío e rato.

 

 

Outro dos momentos no que as cámaras fotografiaron unha das sinais atopadas: un grupo de piñas roídas por un esquío. 

 

 

Restos dun ourizo napraia.

 

 

 

Actualizado o 23 de abril de 2007

 

CURSO DE PEGADAS

 

Curso de Observación e Interpretación

de pegadas, rastros e sinais 

dos animais na praia

 

 

DATA   DO CURSO: 

SÁBADO 5 DE MAIO

SESIÓN DE MAÑÁN E TARDE

INSCRIPCIÓN ATA O 3 DE MAIO

Precio curso

 

Socios e voluntarios de ANABAM:                  gratuito

Estudiantes:                                                         3 euros***

Membros de entidades conservacionistas: 3 euros***

Demáis persoas:                                                 6 euros

 

 

  Material subministrado por ANABAM:

 

DVD

Fichas

 

<><><><><><><><><><><><><><><><><><><><><><><><

 

Material convinte que poden traer os participantes ao curso:

 

-Un caderno (Aproxim: 10x16 cm).

-Lapis.

-Os que poidan: cámara fotográfica dixital.

 

<><><><><><><><><><><><><><><><><><><><><><><><><><><><><>

 

Edade mínima: 14 anos

Numero mínimo de plazas: 10

 

P R O G R A M A

 

11:00——————------—Recibo dos participantes do Curso na  Estación Ornitolóxica*.

 

11:10 – 13:00—--------------------—–Observación de rastros, pegadas e sinais na praia.

                              Toma de mostras fotográficas.

                               Toma de datos.

 

13:00 ———------------------------------———–Trasladámonos ao  local de ANABAM**.

 

13:15 — 14:00 —------------------------–Charla e explicación teórica apoiada con imaxes.

 

14:00 —16:00 —--------------------------------------------------–Descanso para o xantar.

 

16:00 — 18:00 —-------–Taller de rastros, pegadas e sinais co material e datos recollidos 

na praia.

 

18:15————---------------——–Remate do curso coa entrega do material e dos diplomas

                               de asistencia.

 

 

PRÁCTICA 

NA PRAIA DE CAMPOSANCOS (A GUARDA) 

 

* ESTACIÓN ORNITOLÓXICA: Ubicada no Pasaxe (Camposancos - A Guarda) a 100 metros do

                  peirao do ferry. 

 

**LOCAL DE ANABAM: Se atopa na Guarda, rúa Calvario, 44-baixo. 

 

*** Estudiantes e membros de colectivos conservacionistas: é necesario traer unha acreditación para non ter que pagar a totalidade do curso.

 

FICHA  PARA  INSCRIBIRSE

ê

(copiar e enviala a ANABAM 

por e-mail)

NOME  
APELIDOS  
DATA NACEMENTO  
DNI  
RÚA, PLAZA, PISO, Nº  
CÓDIGO POSTAL  
POBOACIÓN  
PROVINCIA  
CORREO ELECTRÓNICO  
TELÉFONO-MÓBIL  
   
PERTENCES A ALGÚN COLECTIVO CONSERVACIONISTA?
     ¿A CAL?  
SE ERES ESTUDIANTE INDICA: ESTUDIOS, CURSO E CENTRO  

 

CURSO DE CETÁCEOS

Actualizado o 26-03-2007

 

Fotos: Antón Ferreira Lorenzo (ANABAM)

e Alfredo López Fernández (CEMMA)

 

        O pasado sábado 24 de marzo desenvolveuse no local de ANABAM  un curso de cetáceos organizado por esta asociación en colaboración con CEMMA, dando comezo ás 11 da mañán e rematando ás 6:30 da tarde.

 

     Preto de vinte persoas, a maior parte delas estudiantes universitarios, biólogos ou relacionados con actividades ou colectivos de natureza, procedentes de Afife, Vila Nova de Cerveira, Gondomar, Nigrán, Vigo, Pontevedra, A Guarda, Santiago, Vilaboa, Ourense e Cangas seguiron con interese este curso que tiña por obxecto divulgar aspectos relacionados cos mamíferos mariños.

 

     Alfredo, Mara, Josep e Pablo, todos eles membros de CEMMA, se encargaron de impartir as charlas que estiveron apoiadas con diapositivas e unha saída á costa para tratar de ver cetáceos, cousa que non houbo sorte. Ó rematar o curso foron entregados a cada asistente diplomas de asistencia ao curso. Ademais a cada un deles se lle fixo entrega dun documental elaborado por ANABAM en colaboración con CEMMA relacionado coa disección dun golfiño, xunto con diversas publicacións, unha delas sobre varamenetos no Baixo Miño e fichas.

 

 

A fotografía amosa un dos momentos da charla, neste caso ao frente da mesma Pablo Covelo, que é seguida

con atención por tódolos asistentes.

 

 

Alfredo, que foi o encargado de abrir o curso, nun momento da súa exposición.

Con este tipo de cursos ANABAM pretende contribuir á formación da sociedade 

no coñecemento do medio natural e da biodiversidade, claves fundamentais para contribuir 

na protección e conservación do patrimonio natural.

 

 

Un grupo de asistentes segue as explicacións de Mara  nun

dos puntos de observacións de cetáceos existentes no Baixo Miño, localizado

no lugar das Loucenzas, A Guarda.

 

 

Aínda que non houbo éxito en canto a observar algún cetáceo, moitos pares de ollos escudriñaron a superficie do

mar na procura de ver algún.

 

 

Durante preto dunha hora os asistentes estiveron observando o mar. 

 

 

Prospectando a costa dende o lugar das Loucenzas, na saída da Guarda.

 

 

No remate da xornada, ANABAM, a través do seu presidente, fixo entrega dos 

diplomas de asistencia. Na fotografía, un dos asistentes, Tiago Rodrigues. de Afife, recollendo o seu.

 

 

 

Actualizado o 07-03-2007

NOVAS DO CURSO DE CETÁCEOS

Dado que hai xente que  se desplaza dende lonxe, decidimos facer o curso nun só día pero repartido en dúas tandas: de mañán e de tarde. O programa figura máis abaixo. 

     Se vos apetece podemos comer no local de anabam. Cada quen ten que traer a súa comida.

    O pago do curso (para as persoas que non están exentas delo) se efectuará no momento de chegar.

    O CURSO se desenvolverá o     

SÁBADO DÍA 24 DE MARZO

10:30-11:15.- Identificación das especies (Alfredo López)

11:15-12.00.- Asistencia a varamentos mortos e recuperación (Josep Mª Alonso)

12:00-13:45.- Rede de avistamentos costeira (Mara Caldas)

13:45-14:00.- Campañas marítimas (Pablo Covelo)

  16:00-17:00.- Práctica de avistamento costeiro.

17:00-18:30.- Recolida de mostras biolóxicas, actividade sobre comentarios do video de ANABAM

Calquera dúbida, consulta ou aclaración que desexes facer, 

poñerse en contacto con ANABAM

A INSCRIPCIÓN A ESTE CURSO REMATARÁ O XOVES DÍA 22 DE MARZO

 

 

 

Actualizado o 01-03-2007

CURSO DE CETÁCEOS

para tódalas persoas que estedes interesadas neste curso, 

xa podemos adiantar que se desenvolverá a mediados deste mes de marzo,

confirmaremos esta data a partir do mércores próximo, día 7

nesta mesma páxina

e tamén informaremos a todas e todos os que xa estades inscritos 

a través do correo electrónico a partir da citada data.

NOTAS

Os que pertenecedes a 

CEMMA

 a algún grupo conservacionista 

ou sodes estudiantes

deberedes de traer un escrito no que conste este dato e o cuño 

da correspondente entidade, para que non teñades que pagar o total do curso.

 

LUGAR ONDE SE IMPARTE O CURSO:

Local de ANABAM

(Rúa Calvario, 44  de A Guarda)

               *voluntarios de ANABAM *Para ser considerado como  voluntario de ANABAM e que teña validez para este curso, deberán ter realizado algunha actividade de voluntariado antes da data do curso. Os socios e socias terán que ter pagada a cuota ou deberán pagala no mesmo día do curso.

(Outra información deste curso de cetáceos E FICHA DE INSCRIPCIÓN véxase máis abaixo)

 

 

Actualizado o 11-02-2007

 

CURSO DE CETÁCEOS

Material subministrado:

 

DVD

Fichas

Publicación: Cetáceos varados

 

Precio cursiño

 

Socios e voluntarios de ANABAM:                  gratuito

Membros de CEMMA:                                        gratuito

Estudiantes:                                                         5 euros

Membros de entidades conservacionistas: 5 euros

Demáis persoas:                                               12 euros

 

Edade mínima: 14 anos

Numero mínimo de plazas: 10

 

DURACIÓN DO CURSO

 DOUS DÍAS (FIN DE SEMANA) 

 

 

DATAS

 CANDO SE CUBRA O MÍNIMO DE PLAZAS, SE CONVOCARÁ 

CUNHA ANTELACIÓN DUNS VINTE DÍAS.

 

PRÁCTICA 

1) SE CONTEMPLA A POSIBILIDADE DE REALIZAR

ALGUNHA PRÁCTICA DURANTE UN FIN DE SEMANA, 

ISTO DEPENDERÁ DA POSIBILIDADE DE ATOPAR UN CETÁCEO

VARADO RELATIVAMENTE EN BÓ ESTADO.

 

2) VISITA A LUGARES DE AVISTAMENTO DE GOLFIÑOS NO BAIXO MIÑO.

 

3) PROSPECCIÓN COSTEIRA: COMO SE PROSPECTA

 

 

POSIBILIDADE DE ASISTIR E PARTICIPAR NA 

OBTENCIÓN DE DATOS DOS VARAMENTOS DE CETÁCEOS

NO BAIXO MIÑO

 

 

ESTE CURSO ESTÁ

ORGANIZADO  POR  ANABAM

E IMPARTIDO POR ESPECIALISTAS DE CEMMA

 

 

 

 

CURSOS 2006

 

Actualizado o 21 de setembro de 2006

     

CURSO  DE  ORNITOLOXIA

AVES ACUÁTICAS DA

ZEPA  DO  ESTEIRO DO MIÑO

 

 

DATAS DO CURSO: SÁBADO  7 E 14 DE OUTUBRO.

HORA DE INICIO: 11 DA MAÑÁN.

LOCAL: SÉ DE ANABAM (rúa Calvario, 44, baixo).

PREZO: GRATUITO.

TIPO DE CURSO: TEÓRICO (no local de ANABAM) - PRÁCTICO (na ZEPA do ESTEIRO DO MIÑO).

MATERIAL QUE SE ENTREGA: DVD do curso; Caderno e varias publicacións de ANABAM.

DATA LÍMITE DE INSCRIPCIÓN: VENRES 6 DE OUTUBRO.

DIRIXIDO: AS PERSOAS QUE NON SON CAPACES DE DISTINGUIR AS DIFERENTES ESPECIES DE AVES ACUÁTICAS QUE SE PODEN VER NO ESTEIRO DO MIÑO .

 

PROGRAMA PREVISTO:

 

SÁBADO 7 DE OUTUBRO

 

11:00 --->Presentación do curso. Entrega de material.

11:15--->Proxección DVD: Aves acuáticas do Esteiro do Miño (I).

11:30--->Zancudas; anátidas e similares.

12:00--->Identificación de aves. Uso de guías. Material óptico.

13:00--->Descanso para xantar.

 

15:30--->Saída práctica á ZEPA do Esteiro do Miño.

17:30--->Fin desta xornada.

 

 

SÁBADO 14 DE OUTUBRO

 

11:00--->Entrega de material.

11:15--->Proxección DVD: Aves acuáticas do Esteiro do Miño (II).

11:30--->Limícolas e outras aves.

12:00--->Identificación de aves.

13:00--->Descanso para xantar.

 

15:30--->Saída práctica á ZEPA do Esteiro do Miño.

17:30--->Remate do curso.

 

 

FICHA DE INSCRIPCIÓN*

 

NOME  
APELIDOS  
TFN/MÓBIL  
e-mail  
EDADE  
RÚA-Nº-PISO  
POBOACIÓN  
PROVINCIA  
CÓDIGO POSTAL  

 

*Copiar e enviar a ficha a ANABAM (por e-mail) ou presentala directamente no local da asociación.

 

NOTA: As novas que se produzan en relación ó desenvolvemento do curso, iremos poñéndoas puntualmente nesta páxina, por iso pedimos ós interesados que entren diariamente na mesma por si houbera algún cambio. Graciñas.