| |

 |
|
A cuscuta é una planta herbácea parasita moi frecuente e abundante no
Baixo Miño. En realidade
cuscuta é un xénero de entre 100 a 170 especies destas
plantas parasitas de color amarela, laranxa ou vermello (raramente
verde).
Son doadas de identificar polos seus finos e longos talos. Non ten nin
raíces nin follas. Tampouco ten clorofila, polo que son incapaces de
fotosintetizar, sendo totalmente dependentes das plantas parasitadas
para a súa nutrición. Para
alimentarse presenta uns pequenos apéndices chamados haustorios cos que
ataca a planta "vítima" para extraerlle a savia elaborada. Os talos
medran ramificándose e enrolándose sobre a planta parasitada formando unha maraña que pode chegar a cubrir toda a planta. As flores aparecen
agrupadas en glomérulos ("pelotiñas") de ata 10 mm de diámetro. O seu
rango de colores varía
de branco a rosado, e a amarelo crema,
e soen aparecer a principios do verán.
As sementes son diminutas e producidas en gran cantidade, podendo
sobrevivir no chan de 5 a 10 anos. As cúscutas poden crecer e atacar a
múltiples especies, incluíndo especies agrícolas e hortícolas, como
alfalfa, liño, trevo, pataca, crisantemo, dalia, fento, petunia, entre
outras.
O rango de severidade de ataques depende da especie de Cuscuta, da
especie hospedante, do tempo de ataque, e se hai virus presentes na
planta parasitada. Ao debilitalas, a cuscuta diminúe a súa habilidade
para resistir enfermidades de virus, e ata a propia cuscuta pode
expandir enfermidades fitopatolóxicas de hóspede en hóspede.
Unha das especies presente no Baixo Miño é a Cuscutaepithymum, a
calé moi abundante
enriba de
toxos, pero que tamén se desenvolve sobre outras plantas como as
xestas. Outros
hóspedes desta especie son as leguminosas,a alfalfa, a
ortiga, o trevo e o lúpulo.
Algúns dos
nomes vulgares desta planta son:
Barbas de raposo, cerro
da raposa, liño do raposo, liño de cobra, liño de cuco, pelo dos toxos, ou
pelos de raposo.
Caracterízase porter o talo avermellado moi ramificado con escamas
foliares. As flores son pequenas, brancas ou rosadas con corola de cinco
lóbulos agrupados en glomérulos, en forma de campanilla. O froito é unha
cápsularedonda. As sementes desta especie poden estar ata 10 anos no
chan sen xerminar; cando xerminan a |
|
| |
plántula só ten uns
poucos días para atopar un anfitrión, do contrarioesgotará as reservas
da semente e morrerá.Cando o talo que xorde entra en contacto coa planta
a parasitara raíz orixinal desaparece, quedando a cuscuta enroscada
seguindo o sentido das agullas do reloxo. Mediante os haustorios a
cuscuta conéctase cos tecidos condutores da planta parasitada e comeza a
roubarlle os nutrientes e a auga. En xeral non acaba coa planta hospedada
(non a mata), aínda que a debilita.
A cuscuta,
á súa vez, pode ser parasitada por un fungo, Colletotrichum
destructivum. Tamén pode servir como útil controlador doutras
especies, por exemplo, contra o KUZDU (unha leguminosa importada de
Xapón) en EEUU.Ademais, serve como alimento a algunha bolboreta como aIncisalia
augustinus.
Curiosamente, é unha
planta utilizada como laxante en homeopatía, e como purgante (estimula a
secreción biliar).
As imaxes que se amosan foron tomadas cerca do porto do río Covo en San
Xián (concello de O Rosal). Neste caso a cuscuta parasita unha xesta. O
curioso do caso é que a metade da xesta está seca (como o esta parte da
cuscuta que a parasita), mentres que a outra parte esta viva (e o mesmo
acontece coa cuscuta que está sobre ela). Nembargante, non podemos saber
se a parte morta da xesta morreu por culpa da cuscuta, ou ben se a
cuscuta morreu porque secou o seu hóspede. Tamén é certo que o tratarse
a cuscuta dunha planta anual podería estar morrendo de forma natural;
neste caso, agardariamos que toda a cuscuta presente estivese morrendo
ao mesmo tempo e non houbese unha correlación entre as partes mortas da
xesta e da cuscuta.
|
|