anabam

traballando polo patrimonio natural

do Baixo Miño galego-portugués

 

anabam.anabam@terra.es     

 

 -ANABAM

-CAMPAÑAS

 -EVENTOS -  ACTOS

 -LEMBRANZAS

 -CONTACTO - HORARIO OFICINA-

 -ASOCIARSE

-ANABAM EN ACCIÓN

      -Saídas de Campo

-EDUCACIÓN AMBIENTAL

-ACTIVIDADES

-VOLUNTARIADO

-VISITAS GUIADAS

-CURSOS

-PUBLICACIÓNS

-VÍDEOS

 

ASOCIACIÓN  NATURALISTA  "BAIXO  MIÑO"

 

 

 

 

INICIO

 

PORTADA

 

PORTADAS ANTERIORES

 

PEGADAS

 

FENOLOXIA

 

FAUNA

 

MORTANDADE

 

INFORMACION

 

AGRESIONS

 

CARTAS

 

ANABAM VÍDEO

 

ODONATOS

 

 

P.E.S.

QUE E O PES

 

CAMARIÑA

 

CHARAXES JASIUS

 

PÍLLARA-BORRELHO

 

EURYNEBRIA

 

OTANTHUS MARITIMUS

 

HONCKENIA PEPLOIDES

 

WODWARDIA RADICANS

 

ANDORIÑA DE CU BRANCO

 

FENTOS ARBOREOS

 

 

TRABALLOS DE CAMPO

 

CETÁCEOS

 

TARTARUGAS MARIÑAS

 

FAUNA ATROPELADA

 

CENSO AVES ACUÁTICAS

 

ANDORIÑAS DO BAIXO MIÑO

 

PROXECTO LARUS

 

UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA

 

REXISTRO DE PEGADAS

 

ETNOGRAFÍA

ÚTILES E APARELLOS

 

MARCAS DOS MARIÑEIROS

 

 
 
MERCADIÑO
 

 

DVDs PARA AXUDAR A ANABAM

 

Actualizada o 29-11-2011

   
 

 

 

A VALGA NATURAL

 

    DVD de 25 minutos de duración. Paisaxe, fauna, especialmente os anfibios, son parte fundamental deste enclave natural do Baixo Miño. Con este documental, podemos coñecer un pouco máis esta zona húmida de montaña do Baixo Miño.

 

    PVP: Socios activos de ANABAM....... Gratuíto.

             Demais socios de ANABAM.......4 € (5 € para envíos por correo).

             Público en xeral: 8 € (10 € para envíos por correo)

 

 

 

 

UNHA BALEA NAS ROCHAS:

 

DVD de 15 minutos de duración. No 2008 o cadáver dunha balea, o rorcual albranco, varou na costa de Oia o que orixinou unha grande espectación e houbo que mobilizar unha embarcación e un tractor, ademais do personal, para sacar o animal dos rochedos.

 

    PVP: Socios activos de ANABAM....... Gratuíto.

             Demais socios de ANABAM.......4 € (5 € para envíos por correo).

             Público en xeral: 8 € (10 € para envíos por correo)

 

 

 

Actualizado o 15-09-2009

   

DVDs DOADOS A ANABAM PARA RECAUDAR FONDOS

 

  

A Cachiza é un xogo popular que se practica con un pau longo (Catanibón) e outro corto (Cachiza). Era un dos xogos máis populares que practicaron os nosos avós cando rapaces. Hoxe, recupérase na Gándara (barrio da parroquia de Salcidos, na Guarda) este xogo coa celebración do I Campionato da Cachiza. O documental, permítenos coñecer como é este xogo e, ó mesmo tempo, pasaremos un agradable momento mentres contemplamos a destreza e habilidade dos participantes. Por suposto que os beneficios que xere a adquisición do mesmo, van destinados integramente aos programas de conservación e protección da natureza desenvolvidos por ANABAM.

Duración 33 minutos.

PREZO: 10 € (+2 € para envíos por correo). 

 

TINO BAZ,

CANTAUTOR GUARDÉS

 

     TINO BAZ é un cantautor guardés que transmite toda a súa enerxía ao público que está a velo actuar. Así aconteceu no concerto que tivo lugar o pasado 10 de xullo na Casa da Comunidade de Montes de Camposancos, nunha memorable actuación, na que o público participou activamente con palmas ou cantando os estrebillos acompañando así a este magnífico autor, e, por suposto, ao remate da actuación pedindo unha e outra vez que seguira o concerto ao que TINO, que estaba acompañado no piano por Alex Ríos e voz pola súa irmán Carmen Baz, non dubidou en obsequiar ao público asistente con dous temas máis.

 

     Tanto TINO como a Comunidade de Montes de Camposancos, déronos tódalas facilidades para que puideramos gravar o concerto. Froito do mesmo é o DVD que co título Tino Baz en concerto, presentamos agora e que pode ser adquirido polo prezo de 8 euros. Parte dos beneficios van destinados ás actividades desenvolvidas por ANABAM.

 

 

    As persoas interesadas en adquirir este DVD poden facelo directamente no local desta asociación, ou poñéndose en contacto coa mesma. Tamén poden pedilo directamente a TINO BAZ.

 

SE DESEXAS COLABORAR CON ANABAM

AGORA PODES ADQUIRIR O PRIMEIRO

DVD DUNHA ACTUACIÓN EN DIRECTO DE

TINO BAZ

 

PREZO: 10 EUROS

(envíos por correo +2 euros de gastos)

 

ACADEMIA FERREIRA (Arsenios)

LOCAL DE ANABAM

 

 

   

           TROULADA  NO  MONTE  2009.   Un novo DVD editado para axudar economicamente a ANABAM. É o terceiro da serie titulada Troulada no Monte (os dous anteriores corresponden aos anos 2007 e 2008). Foi gravado o domingo día 8 deste mes de agosto, día grande das Festas do Monte, declaradas dende este ano Festas de Interese Turístico de Galicia. Un documento que presenta, ao longo dos 40 minutos de duración, o que é o día principal e último das festas. Un vídeo que pode converterse nun agasallo especial para aqueles guardeses e guardesas que están lonxe da súa terra; tamén para que aqueles que participaron na troulada teñan un recordo perenne da mesma e, por suposto, para os que aínda non coñecen estas festas, ou neste ano non tiveron a oportunidade de disfrutar delas, visionando este DVD estarán ao tanto das mesmas.

 

      Este vídeo permite, ademais, algo moi importante: contribuír aos programas de protección, conservación, estudo e divulgación do patrimonio natural da comarca galego-portuguesa do Baixo Miño, pois os beneficios que produza van destinados a ANABAM para que poda levar a diante os seus proxectos.

 

SE DESEXAS COLABORAR CON ANABAM

PODES ADQUIRIR ESTE DVD NOS SEGUINTES LUGARES DA GUARDA:

 

ACADEMIA FERREIRA (Arsenios)

LOCAL DE ANABAM

 

PREZO: 10 EUROS

(envíos por correo +2 euros de gastos)

 

T

Troulada no Monte, 2007, nos leva ao día grande das Festas do Monte no concello da Guarda. Gravación donada a ANABAM para recadar fondos para a asociación.

 

Prezo: 10 € (+2 € gastos de envío).

 

Troulada no Monte 2008, similar ao DVD anterior. Ó igual que o do 2007, as imaxes foron cedidas a ANABAM para recadar fondos destinados aos programas desenvolvidos por esta asociación.

Prezo: 10 € (+2 € gastos de envío).

 

Festival Homenaxe a Celso Domínguez "Cabriñas". Actuación de varios grupos musicais que rendiron unha homenaxe a un dos músicos máis recordados e queridos do panorama comarcal.

Prezo: 10 € (+2 € gastos de envío).

Un día na quinta, é un documental de convivencia nunha xornada especial entre alumnos de Educación Infantil do Colexio da Gándara (A Guarda) e do Centro de Educación Especial "San Xerome" da Guarda.

Prezo: 10 € (+2 € gastos de envío).

 

 

Actualizado o 15-09-2009

   

DVDs EDITADOS POR ANABAM PARA RECAUDAR FONDOS

 

PROXECTO PÍLLARA:

PROTEXENDO OS NIÑOS DA

PÍLLARA PAPUDA

 

Un documental producido por ANABAM que nos achega os esforzos levados a cabo polos membros desta asociación para conseguir que a píllara papuda aniñara con éxito na praia de Camposancos (A Guarda).

 

PREZO: 10 € (+ 2 € para envíos por correo).

 

DISECCIONANDO UN

GOLFIÑO

 

Este é o primeiro documental producido por ANABAM. Coa colaboración de CEMMA, nel se da a coñecer todo o proceso da disección dun golfiño que morreu logo de quedar enmallado nas redes dun pescador.  

 

PREZO: 10 € (+ 2 € gastos envío por correo) 

 

 

 

DOCUMENTAIS GRATUITOS

 

O ADQUIRIR ALGÚN OU ALGÚNS DOS VÍDEOS ANTERIORES, PODES ELEXIR UN DOS SEGUINTES VÍDEOS QUE TE ENVIAREMOS GRATUITAMENTE CO TEU PEDIDO.

(se eres socia/o de ANABAM e non recibiches gratuitamente estes vídeos, ponte

en contacto con nós)

 

 

DVD

TÍTULO: RUTA ORNITOLÓXICA POLO ESTEIRO DO MIÑO.

EDITA: ANABAM.

SUBVENCIONADO POLO PRODER-BAIXO MIÑO

 

O Esteiro do Miño é un dos enclaves ornitolóxicos máis importantes do NW peninsular. Nos 40 minutos que ten de duración este documental, aproximámonos a esta paraxe a través dun routeiro que nos conduce aos puntos máis interesantes para observar aves.

 

 

 

DVD

TÍTULO: BAIXO MIÑO NATURAL.

EDITA: ANABAM.

SUBVENCIONADO POLO PRODER-BAIXO MIÑO

 

Baixo Miño natural aproxímanos á natureza e paisaxe baixomiñota nunha viaxe de 40 minutos que nos leva ao mar, ao río e a montaña presentándonos diferentes aspectos do entorno natural da comarca.

 

 

DVD

TÍTULO: A REDE NATURA NA GUARDA.

EDITA: ANABAM.

SUBVENCIONADO POLA XUNTA DE GALICIA E O CONCELLO DA GUARDA

A Rede Natura na Guarda, exténdese pola ribeira do Miño que baña este concello. O Río Miño, na súa desembocadura, xunto coa riqueza que posúe neste tramo, é e eixo no que xira este documental de 32 minutos de duración.