anabam

traballando polo patrimonio natural

do Baixo Miño galego-portugués

 

anabam.anabam@terra.es     

 

 -ANABAM

-CAMPAÑAS

 -EVENTOS -  ACTOS

 -LEMBRANZAS

 -CONTACTO - HORARIO OFICINA-

 -ASOCIARSE

-ANABAM EN ACCIÓN

      -Saídas de Campo

-EDUCACIÓN AMBIENTAL

-ACTIVIDADES

-VOLUNTARIADO

-VISITAS GUIADAS

-CURSOS

-PUBLICACIÓNS

-VÍDEOS

 

ASOCIACIÓN  NATURALISTA  "BAIXO  MIÑO"

 

 

 

 

INICIO

 

PORTADA

 

PORTADAS ANTERIORES

 

PEGADAS

 

FENOLOXIA

 

FAUNA

 

MORTANDADE

 

INFORMACION

 

AGRESIONS

 

CARTAS

 

ANABAM VÍDEO

 

ODONATOS

 

 

P.E.S.

QUE E O PES

 

CAMARIÑA

 

CHARAXES JASIUS

 

PÍLLARA-BORRELHO

 

EURYNEBRIA

 

OTANTHUS MARITIMUS

 

HONCKENIA PEPLOIDES

 

WODWARDIA RADICANS

 

ANDORIÑA DE CU BRANCO

 

FENTOS ARBOREOS

 

 

TRABALLOS DE CAMPO

 

BOLBORETAS

 

CETÁCEOS

 

TARTARUGAS MARIÑAS

 

FAUNA ATROPELADA

 

CENSO AVES ACUÁTICAS

 

ANDORIÑAS DO BAIXO MIÑO

 

PROXECTO LARUS

 

UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA

 

REXISTRO DE PEGADAS

 

ETNOGRAFÍA

ÚTILES E APARELLOS

 

MARCAS DOS MARIÑEIROS

 

 
 
MERCADIÑO
 

 

 

ECOINFORMACIÓN 2012

 

 

      Actualizada o 02-05-2012  
 

ANIMALIA, unha interesante exposición no

IES 1º de Marzo de Baiona

 

Texto e fotos: Manuel A. Pombal Diego-anabam

 
 

 

 

 

A exposición que leva por título “Animalia” foi preparada polos alumnos de 1º da ESO e de PCPI do IES Primeiro de Marzo de Baiona, no que realizan os seus estudos os alumnos do concello baixomiñoto de Oia.

A exposición ten por obxectivo axudar a reforzar os coñecementos sobre a biodiversidade adquiridos polos alumnos; ademais pretende fomentar a admiración, o respecto, a defensa e a protección de todas as formas de vida animal.

 
         
 

  Nela están representadas de forma naturalizada ou gráfica cinco das oito grandes clases de invertebrados (poríferos, cnidarios, moluscos, artrópodos e equinodermos), e as cinco clases de vertebrados (Peixes, anfibios, réptiles, aves e mamíferos), en diferentes ordes, familias, xéneros, e especies, subtituladas estas coa súa nomenclatura galega, castelá e científica. Hai varias especies de vertebrados disecados ou conservados en botes con alcohol.  
         
 

  Cabe salientar a recreación dun ecosistema paradoxicamente realizado con elementos da natureza morta, ou as mais de trescentas conchas e corais de mares tropicais pertencentes á colección privada do mestre de ciencias naturais, D. Avelino Sierra, entre as que destaca unha valva dun exemplar da especie Tridacnia gigas (ameixa xigante), que é o molusco bivalvo mais grande do mundo, podendo alcanzar unha lonxitude de 115 cm e un peso duns 330 quilos. Como contraste, o seu carón hai un pequeno bote con varios exemplares de Bittiun reticulatum, un molusco gasterópodo de pequeno tamaño (11-15 mm).  
         
 

  Na exposición tamén destaca a extraordinaria colección de instantáneas de bolboretas realizada pola fotógrafa e tamén profesora do centro, Dna. Laura Lago. Laura Lago tamén é colaboradora habitual de ANABAM, enviándonos imaxes das bolboretas e libeliñas presentes no Baixo Miño. Son unhas 45 fotografías de bolboretas a todo color e presentadas sobre cartolinas, amosando o seu nome científico e, nalgúns casos, tamén o nome común, así como o lugar onde foron tiradas: Folgoso do Caurel, Rubiá, Lleida, Noia, e moitas delas na comarca do Baixo Miño (concellos de Oia, Tomiño, A Guarda e O Rosal). De cando en vez, hai textos explicativos acerca dos seus depredadores, as formas aberrantes, a cópula, a orixe da palabra lepidóptero, anécdotas como a acontecida coa Cacyreus marshalli (que chegou de África a través do comercio de xeranios), ou curiosidades como a de Melitaea sp. (dificultades para identificar a especie), Maculinea alcon (cun ciclo vital fascinante), Polygonia c-album (que mimetiza o entorno confundíndose cunha folla seca ou cunha cortiza), Parnassius apollo (a raíña das bolboretas peninsulares) Zerynthia rumina (unha das bolboretas mais fermosas de Galicia) ou a Charaxes jasius (a bolboreta mais grande que voa en Galicia, e a que ANABAM lle creou un bosque na ladeira do monte Santa Trega).  
         
 

  Nun gran cartel que se atopa un nada mais chegar ao segundo andar, onde se atopa a exposición, pódese ler o seguinte: “Os alumnos abaixo asinantes, de acordo co espírito da mostra ANIMALIA, manifestamos o noso compromiso co respecto, protección e defensa de tódalas formas de vida animal”, onde van asinando os alumnos.  
         
 

 

Grandes carteis con especies mariñas de interese comercial ou especies ameazadas; ademais, nunha pequena mesa a carón duns sofás hai uns 20 libros (guías, atlas, enciclopedias, etc.) de interese para consulta ou saber mais sobre distintos grupos de animais, tanto invertebrados como vertebrados.

En definitiva, trátase dunha exposición moi interesante que paga a pena ser visitada. Pódese visitar en horario
lectivo polo menos ata o próximo 16 de maio..

 

 
         
 

 
         

 

      Actualizada o 11-01-2012  
 

O CONCELLO GUARDÉS LIMPA A PRAIA AREA GRANDE

 

 

Fotos: Manuel A. Pombal Diego

Textos: Manuel A. Pombal Diego e

Agustín Ferreira Lorenzo

 
         
 

 

As fortes marusías amorean unha chea de lixo e entullos na praia de Area Grande (A Guarda)

      O día 17 do pasado mes de decembro, a praia de Area Grande, no concello de A Guarda, apareceu ateigada de lixo por causa das fortes marusías deses días. Entre o lixo acumulado destacaba a presenza de máis dunha ducia de nasas de plástico, das que usan os pescadores portugueses para a captura do polbo. Cabe salientar que este tipo de nasa non está permitida pola normativa española. Nun pequeno percorrido que fixemos pola praia recollemos mais de 20 fichas de colores (son utilizadas para atar estas nasas de plástico, de tal forma que o cordel que as suxeita “traballa” sobre a ficha, evitando así deteriorar o furado polo que sae o cordel; tanto é asi que se se rompe, pérdese a nasa. Tamén recollemos unhas cantas carpetas das que se utilizan para a carnada nas nasas convencionais.

 
         
 

 

   

     Apenas catro días mais tarde, puidemos comprobar como dúas operarias do servizo de limpeza do concello guardés estaban realmente atarefadas xuntando e recollendo todo o lixo da praia. Cando pasamos por alí xa tiñan dous sacos de grandes dimensións (dos que se usan para transportar area na construción) case cheos e aínda lles quedaba a metade por recoller.

   

 
         
 

 

      Aínda que non é recomendable a limpeza das praias no inverno, neste caso o impacto sobre o areal e mínimo ou nulo, por dous motivos fundamentais:

     -O primeiro que a limpeza e recollida de material lévase a cabo manualmente, sendo unha actuación moi superficial onde, entre o lixo acumulado, destaca moito material plástico. como se pode apreciar nas fotografías.

     -O segundo motivo é que a praia Area Grande carece practicamente de biodiversidade: é un areal que non conta con zona dunar, nin vexetación, delimitada por un muro de pedra polo que a influencia das mareas vivas e temporais incide en toda ela, polo que non é posible o desenvolvemento normal de vida animal ou vexetal.

 

     Temos que salientar que a limpeza manual dos areais guardeses é algo que se ven facendo dende hai varios anos atrás, polo que, neste senso, esta forma de actuar é modélica e ecoloxicamente sustentable, máxime tendo en conta que, no que respecta ás praias de interese ecolóxico (Camposancos), na maior parte dos casos se realiza en periodos concretos: Semana Santa e verán, minimizando deste xeito o impacto negativo nas mesmas.