anabam

traballando polo patrimonio natural

do Baixo Miño galego-portugués

 

anabam.anabam@terra.es     

 

 -ANABAM

-CAMPAÑAS

 -EVENTOS -  ACTOS

 -LEMBRANZAS

 -CONTACTO - HORARIO OFICINA-

 -ASOCIARSE

-ANABAM EN ACCIÓN

      -Saídas de Campo

-EDUCACIÓN AMBIENTAL

-ACTIVIDADES

-VOLUNTARIADO

-VISITAS GUIADAS

-CURSOS

-PUBLICACIÓNS

-VÍDEOS

 

ASOCIACIÓN  NATURALISTA  "BAIXO  MIÑO"

 

 

 

 

INICIO

 

PORTADA

 

PORTADAS ANTERIORES

 

PEGADAS

 

FENOLOXIA

 

FAUNA

 

MORTANDADE

 

INFORMACION

 

AGRESIONS

 

CARTAS

 

ANABAM VÍDEO

 

ODONATOS

 

 

P.E.S.

QUE E O PES

 

CAMARIÑA

 

CHARAXES JASIUS

 

PÍLLARA-BORRELHO

 

EURYNEBRIA

 

OTANTHUS MARITIMUS

 

HONCKENIA PEPLOIDES

 

WODWARDIA RADICANS

 

ANDORIÑA DE CU BRANCO

 

FENTOS ARBOREOS

 

 

TRABALLOS DE CAMPO

 

BOLBORETAS

 

CETÁCEOS

 

TARTARUGAS MARIÑAS

 

FAUNA ATROPELADA

 

CENSO AVES ACUÁTICAS

 

ANDORIÑAS DO BAIXO MIÑO

 

PROXECTO LARUS

 

UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA

 

REXISTRO DE PEGADAS

 

ETNOGRAFÍA

ÚTILES E APARELLOS

 

MARCAS DOS MARIÑEIROS

 

 
 
MERCADIÑO
 

 

ENTOMOLOXÍA

 

Actualizado o 12-11-2007

 

CERAMBÍCIDO

 

       En xeral, os cerambícidos posúen longas antenas que, nalgunhas especies, superan con moito o tamaño do seu propio corpo. 

 

    As imaxes que amosamos son dun cerambícido atopado recentemente en Camposancos (A Guarda).

 

 

 

 

 

 

 

 

Actualizado o 07-05-2007

 

ALACRÁN

 

       Esta é a primeira cita que temos, ademais documentada fotograficamente, dun alacrán recollido na comarca baixomiñota, máis concretamente na parroquia de Figueiró, no municipio de Tomiño e isto gracias á colaboración dun veciño daquela parroquia, Marcos Giomar Pereira que, non sen certa precaución e algo de temor, non dubidou en recoller o exemplar -en vez de matalo como acostuma suceder nestes casos- e entregalo a ANABAM, cousa que lle agradecemos porque nos permite, deste xeito, constatar a presencia dunha nova especie para a comarca. 

 

     Aínda por confirmar precisamente a que especie pertence (aínda que poidera pertencer ao xénero Mesobuthus), podemos sinalar que se trata dun exemplar adulto duns catro centímetros de lonxitude que se achaba nunha finca, enriba dun muro de pedras,  xunto a outro alacrán que non tardou en fuxir. 

 

    Temos que sinalar que a picadura da maior parte dos alacráns que viven na Península Ibérica son inofensivas, aínda que algunhas delas resultan tremendamente dolorosas, polo que convén tomar as debidas precaucións na manipulación destes animais. Pero tamén hai que decir, que resultan moi beneficiosos xa que se alimentan doutros pequenos animais que nos cultivos non soen ser moi ben recibidos.

 

     Agora estamos á espera de contactar con algún especialista que poida identificar con exactitud cal é a especie e poder obter, deste xeito, algúns datos máis do mesmo.

 

    Polo momento, xa podemos confirmar que a fauna coñecida e catalogada do Baixo Miño viuse incrementada con este novo achádego o que resulta unha boa noticia para o inventario da biodiversidade da comarca.

 

 

Con catro centímetros de lonxitude, este alacrán é o primeiro que se atopou na comarca do Baixo Miño. Aquí vémolo cunha presa (unha araña) logo de inxectar co seu aguillón o veleno que a deixaría case que de xeito instantáneo sen vida. 

 

 

Suxeta por unha das pinzas, a araña non tardará en se convertir en necesario e vital manxar para a supervivencia do alacrán.

 

 

As arañas forman parte importante da dieta dos alacráns. 

 

 

 

 

O aguillón é un arma eficaz para capturar as presas. Aínda que o veleno dos alacráns peninsulares non resulta mortal para os humanos -agás moi raras excepcións-, a súa picadura pode ser peligrosa e extremadamente dolorosa e requerir os cuidados dun facultativo. Non Baixo Miño non coñecemos ningún caso que precisara destes cuidados. No obstante, hai alacráns que son totalmente inofensivos para os humanos...pero hai que coñecelos.

 

 

 

 

 

O descubrimento de novas especies non catalogadas na comarca, resulta sempre un elemento motivador para o naturalista e para calquer aficionado á natureza.  Neste caso, gracias á colaboración de Marcos Giomar, sabemos con certeza que no Baixo Miño podemos atopar especies, como este alacrán, do que non tiñamos a máis remota idea da súa presencia na comarca.

Aínda está por confirmar de que especie se trata, podería pertencer ó xénero Mesobuthus