anabam

traballando polo patrimonio natural

do Baixo Miño galego-portugués

 

anabam.anabam@terra.es     

 

 -ANABAM

-CAMPAÑAS

 -EVENTOS -  ACTOS

 -LEMBRANZAS

 -CONTACTO - HORARIO OFICINA-

 -ASOCIARSE

-ANABAM EN ACCIÓN

      -Saídas de Campo

-EDUCACIÓN AMBIENTAL

-ACTIVIDADES

-VOLUNTARIADO

-VISITAS GUIADAS

-CURSOS

-PUBLICACIÓNS

-VÍDEOS

 

ASOCIACIÓN  NATURALISTA  "BAIXO  MIÑO"

 

 

 

 

INICIO

 

PORTADA

 

PORTADAS ANTERIORES

 

PEGADAS

 

FENOLOXIA

 

FAUNA

 

MORTANDADE

 

INFORMACION

 

AGRESIONS

 

CARTAS

 

ANABAM VÍDEO

 

ODONATOS

 

 

P.E.S.

QUE E O PES

 

CAMARIÑA

 

CHARAXES JASIUS

 

PÍLLARA-BORRELHO

 

EURYNEBRIA

 

OTANTHUS MARITIMUS

 

HONCKENIA PEPLOIDES

 

WODWARDIA RADICANS

 

ANDORIÑA DE CU BRANCO

 

FENTOS ARBOREOS

 

 

TRABALLOS DE CAMPO

 

CETÁCEOS

 

TARTARUGAS MARIÑAS

 

FAUNA ATROPELADA

 

CENSO AVES ACUÁTICAS

 

ANDORIÑAS DO BAIXO MIÑO

 

PROXECTO LARUS

 

UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA

 

REXISTRO DE PEGADAS

 

ETNOGRAFÍA

ÚTILES E APARELLOS

 

MARCAS DOS MARIÑEIROS

 

 
 
MERCADIÑO
 

 

ESTEIRO  DO  MIÑO

 

      Actualizada o 15-12-2011  
 

 

MODIFICACIÓN DA BEIRA

DA DESEMBOCADURA DO MIÑO

 

     A acción das augas do Miño, debido as subidas e baixadas da marea, aos efectos da corriente do río e a oleaxe, fae que as beiras se modifiquen intensamente dun ano a outro, ás veces, mesmo, en poucos días e, aínda, nun só día.

 

   O areal pode retroceder dende varios metros, máis de dez, coma mesmo traer enormes cantidades de area que deposita na beira aumentando a praia ata chegar a triplicar, nalgúns casos o tamaño que tiña un ano antes.

 

    Calquera que faga un seguimento da acción natural das augas, pode apreciar estes bruscos cambios da fisonomía do terreo.

 

    Os efectos poden ser comparados dun ano a outro sen máis que sacar anualmente varias fotografías dunha mesma zona.

 
         
 

 

 

    Un dos cambios bruscos sobre a ribeira fluvial, apreciámolo o pasado 29 de outubro, onde vimos desniveis de máis de metro e medio onde antes era unha praia máis ou menos de suave pendente, no tramo denominado praia do Forte.

 

    Evidentemente, a area que desaparece dun tramo vaise deporsitar noutra zona, ben no mesmo leito do río, formando parte dos característicos bancos de area, ou ben, indo a parar á mesma marxe, metros máis arriba ou metros máis abaixo, ou ben indo a beira oposta.

 

     O río, pois, actúa coma se se tratara dun sistema vivo e por iso, dende ANABAM, sempre nos opoñemos a extracción de area se non se levan a cabo antes estudos integrais, que garanten que non se producirá ningún dano no entorno, ademais de sinalar onde e cando se pode proceder á extracción dos áridos.

 
         

 

Actualizada no 2010

ILLOTE  

 

MORRACEIRA DE SEIXAS

 

 

O illote Morraceira de Seixas recibe este nome por estar situado fronte a feligresía portuguesa de Seixas,

pertencente ao concello de Caminha.

 

 

Nesta fotografía do Sigpac podemos ver as dúas zonas do illote: a parte que habitualmente se atopa submerxida (o areal)

e a zona emerxida, colonizada pola vexetación palustre.

 

Superficie marea baixa: 27 Ha.

Lonxitude perimetral en marea baixa: 3400 m.

Superficie marea alta. 9 Ha.

Lonxitude perimetral en marea alta: 1130 m.

Anchura máxima: 430 m.

Lonxitude máxima: 1000 m.

Anchura máxima: 260 m.

Lonxitude máxima: 425 m.

 

A formación deste illote iniciouse a  principios da década dos oitenta. Por aquel entón, non era máis que un areal que sobresaía do río durante a marea baixa carecendo totalmente de vexetación. A mediados dos oitenta, as plantas, entre elas o carrizo (Phragmites australis), comezaron a colonizalo . Na actualidade soamente as máximas crecidas do río o submerxen na súa totalidade, pero na maior parte do ano non sucede isto, aínda que si as mareas cubren máis do 50% da sús superficie.

   Como todos os illotes do complexo intermareal da Canosa (a excepción precisamente da illa que da nome a este complexo), son internacionais.

 

    A morraceira de Seixas é un dos reductos utilizados polas moitas aves acuáticas presentes no Esteiro do Miño para descansar.

 

     Os elementos que forman este areal corresponden á sedimentación arrastrada polo río que se van depositando e orixinando os típicos bancos de area. Algúns bancos poden acabar formando illas, como sucede neste caso.