|

| |
|
| |
 |
ETNOGRAFÍA MARIÑEIRA
| |
ÚTILES E APARELLOS DOS MARIÑEIROS DA GUARDA |
|
|
 |
|
| |
|
|
|
|
|
NOTA: A recopilación
das marcas e de información aquí exposta, foi iniciada por
Antón Ferreira Lorenzo, que vén desenvolvendo este labor dende o ano 1989, sendo
o
coordinador e responsable da Sección Etnográfica desta asociación.
Se queres axudarnos
na recollida de material dos mariñeiros da Guarda,
ponte en contacto
con ANABAM: anabam.anabam@terra.es
| Actualizado o 29-11-2010 |
|
| |
|
|
BOUREL:
Vai situado sobre as pezas, aparellos de
xeitocoas que se capturaba a sardiña. Co bourelregulábase
a profundidade das redes. Normalmente cada pezalevaba tres
boureis. Pola parte inferior levaba a cintadura e, atada a esta,
unha rabiza ou corda de dúas brazas (aproximadamente cada braza
ten 1,70 metros).
Nas fotografías tres tipos de bureis.
MATERIAL: Corcho.
PROPIEDADE: ANABAM
Recopilado por: Antón Ferreira
Lorenzo
DEPOSITADO: Museo do Mar da Guarda.
|
|
| |
|
|
|
|
| |

|
|
PUNZÓN:
Instrumento que se empregaba para abrir ou separar os fíos das
cordas da cortizada ou da chumbeira e introducir entre
elas os fíos da rede.
MATERIAL: Madeira.
PROPIEDADE: ANABAM
Recopilado por: Antón Ferreira Lorenzo
DEPOSITADO: Museo do Mar da Guarda.
|
|
| |
|
|
|
|
| |
 |
|
BANQUETAS: Especie de caixa aberta por un dos lados. Erae
empregado polas mulleres para poñerse de xeonllos cando ían aos
lavadoiros.
MATERIAL: Madeira.
PROPIEDADE: ANABAM
DEPOSITADO: Museo do Mar da Guarda da Guarda.
Recopilado por: Antón Ferreira Lorenzo
Nota: as marcas que amosa unha das banquetas indica que esta pertencía a
unha familia mariñeira, xa que estes utensilios tamén eran usados polas
demais mulleres.
|
|
| |
|
|
|
|
| |
 |
|
CORTIZA: Empregábanse coma flotadores nas redes, dando lugar a
cortizada, conxunto de cortizas que se dispuñan ao longo da rede
mantendo á mesma a flote.
MATERIAL: Corcho.
Recopilado por: Antón Ferreira Lorenzo
PROPIEDADE: Privada.
|
|
| |
|
|
|
|
| |
 |
|
GARRUCHA:
Usábase nas gamelas para facilitar a operación de alar as amarras.
Cando se estaba faenando, fondeábase a gamela cunha amarra que
levaba, no extremo, unha poutada.. Para largala non se utilizaba
a garrucha xa que o propio peso da poutada arrastraba a
amarra. A garrucha, pois, usábase para recoller esa amarra.
Aquelas gamelas que levaban un carro usaban o rolo deste
co mesmo obxecto cando traballaban a liña.
GGARRUCHA DO MEDIOMUNDO: Dispoñía de dous rodamentos e facilitaba
a tarefa de izar e baixar o mediomundo.
MATERIAL: Madeira.
PROPIEDADE: ANABAM
Recopilado por: Antón Ferreira Lorenzo
DEPOSITADO: Museo do Mar da Guarda.
|
|
| |
|
|
|
|
| |
  |
|
ACHICADEIRA: Instrumento de madeira, dunha soa peza, provisto
dunha empuñadura e unha superficie cóncava que se utilizaba nas gamelas
para achicar a auga. Na empuñadura adoitaba gravarse a marca.
MATERIAL: Madeira.
PROPIEDADE: ANABAM
Recopilado por: Antón Ferreira Lorenzo
DEPOSITADA: Museo do Mar da Guarda.
|
|
| |
|
|
|
|
| |
 |
|
CARRO: Aparello utilizado para alar e largar as
redes.
Situado na proa da gamela, o carro consta de tabuleiro e
rodullón, sendo este un cilindro de madeira situado horizontalmente
que, ao xirar, facilita os labores de largar e alar a
rede. O carro inicialmente era de madeira pero nos últimos anos foise
substituíndo o redullón por un cilindro de ferro.
Tamén substituía á garrucha para alar a liña, xa que o
rodullón facía a mesma función que a garrucha.
MATERIAL: Madeira.
PROPIEDADE: ANABAM
Recopilado por: Antón Ferreira Lorenzo
DEPOSITADA: Museo do Mar da Guarda
|
|
| |
|
|
|
|
| |
 |
|
DEVANADOURA: Utensilio que xira en tonor a un eixo. Dispón de
catro paus en forma de crus, situados horizontamente, atravesados polo
eixo. Dos extremos de cada segmento saen, perpendicularmente, uns
pequenos paus sobre os que se dispón o fío que, ao tirar, imprime un
movemento xiratorio á devanadoura, permitindo o desenredo cómodo do fío
para facer o novelo.
MATERIAL: Madeira.
PROPIEDADE: ANABAM
Recopilado por: Antón Ferreira Lorenzo
DEPOSITADA: Museo do Mar da Guarda.
|
|
| |
|
|
|
|
| |
 |
|
TRIPIEIRO: Pousadoiro de ferro de tres ou catro pés e forma
triangular ou redonda, sobre o que se puña as peroladas para quentar,
alimentándoas co lume que se acendía entre os pés do tripieiro.
MATERIAL: Ferro.
PROPIEDADE: ANABAM
Recopilado por: Antón Ferreira Lorenzo
DEPOSITADO: Museo do Mar da Guarda.
|
|
| |
|
|
|
|
| |
 |
|
POTE: Tiña a mesma función que a caldeira: estaba
destinado a quentar a casca que se sacaba coa axuda dun xarro grande.
O pote tamén se utilizaba para quentar a carena coa que se
pintaban as gamelas.
Caldeira: Nela fervíase a auga coa cortiza de salqueiro e de
piñeiro para facer a casca. A cortiza de salgueiro proporcionaba
fortaleza ao fío da rede ou a vela, mentres que o piñeiro dáballe cor.
A cocción duraba todo o día, xeralmente encascándose pola noite, sendo,
sobre todo, un traballo da muller, xa que os homes estaban no mar.
Nas encascadeiras fixas que se adoitaban construir nas adegas, a
caldeira tamén era fixa e despuña dun burato na parte inferior para
baldeirala.
MATERIAL: Ferro.
PROPIEDADE: ANABAM
Recopilado por: Antón Ferreira Lorenzo
DEPOSITADA: Museo do Mar da Guarda.
|
|
| |
|
|
|
|
|
|