anabam

traballando polo patrimonio natural

do Baixo Miño galego-portugués

 

anabam.anabam@terra.es     

 

 -ANABAM

-CAMPAÑAS

 -EVENTOS -  ACTOS

 -LEMBRANZAS

 -CONTACTO - HORARIO OFICINA-

 -ASOCIARSE

-ANABAM EN ACCIÓN

      -Saídas de Campo

-EDUCACIÓN AMBIENTAL

-ACTIVIDADES

-VOLUNTARIADO

-VISITAS GUIADAS

-CURSOS

-PUBLICACIÓNS

-VÍDEOS

 

ASOCIACIÓN  NATURALISTA  "BAIXO  MIÑO"

 

 

 

 

INICIO

 

PORTADA

 

PORTADAS ANTERIORES

 

PEGADAS

 

FENOLOXIA

 

FAUNA

 

MORTANDADE

 

INFORMACION

 

AGRESIONS

 

CARTAS

 

ANABAM VÍDEO

 

ODONATOS

 

 

P.E.S.

QUE E O PES

 

CAMARIÑA

 

CHARAXES JASIUS

 

PÍLLARA-BORRELHO

 

EURYNEBRIA

 

OTANTHUS MARITIMUS

 

HONCKENIA PEPLOIDES

 

WODWARDIA RADICANS

 

ANDORIÑA DE CU BRANCO

 

FENTOS ARBOREOS

 

 

TRABALLOS DE CAMPO

 

BOLBORETAS

 

CETÁCEOS

 

TARTARUGAS MARIÑAS

 

FAUNA ATROPELADA

 

CENSO AVES ACUÁTICAS

 

ANDORIÑAS DO BAIXO MIÑO

 

PROXECTO LARUS

 

UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA

 

REXISTRO DE PEGADAS

 

ETNOGRAFÍA

ÚTILES E APARELLOS

 

MARCAS DOS MARIÑEIROS

 

 
 
MERCADIÑO
 

 

 

EXPOSICIÓN NO CENTRO CULTURAL DE PEDORNES (Oia)

"GOLFIÑOS NA PROA"

CO PATROCINIO DE

 

 

      Actualizada o 02-05-2012  
 

Prorrogamos a exposición “Golfiños na Proa” durante o mes de maio engadindo mais información para mergullarse no mundo dos cetáceos.

 

     As asociacións Cultural e de Veciños da parroquia de Pedornes (Oia) en colaboración coa Asociación Naturalista do Baixo Miño (ANABAM) e a Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños (CEMMA) prorrogan a exposición “Golfiños na Proa” no Centro Cultural de Pedornes engadindo máis información sobre a caza da balea. Así, pois, durante este mes de maio incorporamos información sobre os grandes cetáceos que moran nos nosos mares, as baleas. Aparte dunha introdución ás especies de cetáceos presentes nas nosas costas, abórdanse temas ben interesantes tales como o comportamento de baleas e cachalotes, a balea como recurso mariño en Galicia o longo da historia, a súa caza na antigüidade, a caza nos séculos XVIII e XIX, o declive da actividade pesqueira, o renacer da súa caza no século XX, así como cal será o futuro das baleas nos nosos mares e océanos.

Aproveitando que este mes de maio se celebra a festa do Santísimo na parroquia os próximos días 17, 18 e 19, haberá máis posibilidades para visitar a exposición que estará aberta ao público os días 1, 6, 13, 17, 18, 19, 20 e 27 de 16.00 a 22.30 h. Convidamos, pois a todos os naturalistas, ecoloxistas ou namorados do noso mar e dos cetáceos a que visiten esta interesante exposición producida pola CEMMA.

Aproveitamos para lembrar que, mentres non se esgoten as existencias, todos visitantes son agasallados cun exemplar do caderno de campo que leva por título “Especies mariñas ameazadas: cetáceos e aves”, editado recentemente pola CEMMA cunha subvención do GAC 7.

 

 
         

 

      Actualizada o 14-04-2012  
 

 

Nova exposición no Centro Cultural de Pedornes

A asociación Cultural e a asociación de Veciños da parroquia de Pedornes (Oia) en colaboración coa asociación naturalista do Baixo Miño (ANABAM) e a Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños (CEMMA) organizan a exposición que leva por título “Golfiños na Proa”. A exposición consta de 10 paneis de 85 X 205 cm nos que se fai un interesante percorrido polo fabuloso mundo dos cetáceos en primeira persoa. Algúns dos aspectos mais salientables que se abordan son a súa evolución, a súa presenza no mundo e en Galicia, especies e abundancia nas nosas costas, así como as principais características anatómicas, hábitat ou dieta das especies mais doadas de observar, tales como os golfiños, os arroaces, as toniñas, as baleas, os cachalotes ou os caldeiróns. Unha coidada iconografía con fotografías, debuxos, gráficos e esquemas amosan de forma didáctica e resumida moitas das súas características morfolóxicas e outros aspectos tales como a súa abundancia e a súa distribución, tanto nas costas galegas como no mundo.

Así mesmo, os visitantes son agasallados cun exemplar do caderno de campo que leva por título “Especies mariñas ameazadas: cetáceos e aves”, editado recentemente pola CEMMA.

 

 

 

 
 

 

 

   

 
 

 
         

 

 

EXPOSICIÓN

"BIONATURA MIÑOTA"

CO PATROCINIO DE

 

 

      Actualizada o 30-03-2012  
 

Rematou a exposición “Bionatura Miñota”

no Centro Cultural de Pedornes

     
 

 

 

 

    A exposición fotográfica titulada “Bionatura Miñota” ven de rematar no Centro Cultural de Pedornes (Oia) cun notable éxito de público e moi boa acollida por parte dos que a visitaron. Dita exposición foi organizada polas Asociacións Cultural “San Mamed” e de Veciños “A Muruxeira” da parroquia de Pedornes en colaboración con ANABAM.

     Mais de 80 instantáneas de gran formato, todas elas tomadas no entorno natural do Baixo Miño polo fotógrafo de ANABAM, D. Luís Dorado Senra alá polos anos 1999 e 2000 puideron ser observadas durante as tardes dos domingos dos meses de febreiro e marzo. Nelas amósase unha boa parte da rica e variada natureza Baixomiñota, ademais de imaxes da paisaxe natural do Baixo Miño e dalgunhas das actividades e saídas de campo realizadas pola citada asociación conservacionista.

 

 

      Actualizada o 28-02-2012  
   

 

 

 
 

 

      Pois si, o Centro Cultural de Pedornes (Oia), dicidiu prorrogar por un tempo a exposición de fotografía obra do membro de ANABAM e vocal desta entidade, Luis Dorado Senra. Como ata agora, continuará abríndose os domingos en horario de tarde, así que, aqueles que non tiveron oportunidade de acercarse un pouquiño máis ao noso patrimonio natural, aínda seguen a ter esta oportunidade.

 

 

 

      Actualizada o 14-03-2012  
 

 

EXPO BIONATURA

 

 

    Inaugurada o sábado 11 de febreiro, a exposición "BIONATURA", pode verse no Centro Cultural de Pedornes os domingos pola tarde, ata fin de mes, que é cando abre o local, a partir das 16.00 horas.

 

   Máis de 70 fotografías amosan diversos aspectos da fauna e flora do Baixo Miño, algunhas delas fan referencia ás actividades desenvolvidas por ANABAM, que é a entidade propietaria das fotografías, todas elas obra do fotográfo desta asociación Luis Dorado Senra, que forma parte da asociación dende o ano da súa posta en marcha, alá polo 1985.

 

   Todas elas foron obtidas na comarca do Baixo Miño, que é a zona de traballo da asociación. Como sempre o artífice e posta en marcha desta exposición non é, nin máis nin menos, que o incombustible Manuel A. Pombal Diego, Peque para os amigos e para os que non o son, que como persoa natural de Pedornes, fae o que faga falta para que a súa parroquia, pertencente a Oia, non quede atrás no aspecto cultural. Dende logo que, mentres estea el ao pe do canón, está claro, isto non vai suceder.

 

 
         
 

 

 
         
 

 
         

 

      Actualizada o 30-01-2012  
 

 

 

Exposición:

“Bionatura Miñota”

Centro Cultural de Pedornes (Oia)

 

    As Asociacións Cultural “San Mamed” e de Veciños “A Muruxeira” da parroquia de Pedornes en colaboración con ANABAM organizan a exposición fotográfica “Bionatura Miñota”.

     Esta nova exosicións consta de mais de 70 instantáneas de gran formato (aproximadamente 42 X 30 cm) que foron tomadas no entorno natural do Baixo Miño polo fotógrafo de ANABAM Luís Dorado Senra entre os anos 1990 e 2000. Cada unha delas posúe unha pequena etiqueta explicativa.

     A devandita exposición poderá visitarse durante o mes de febreiro os domingos 5, 12, 19 e 26, así como o sábados día 11 de 16.00 a 22.00 h.