|

Dende o día 2 e ata o 11 de agosto pódese ver unha exposición-venta de
cadros e de figuras, obra de distintos autores de diferentes partes do
estado (Vigo, A Coruña, Valladolid, Andalucía), que se sumaron ao Proxecto
Píllara que dende hai varios anos desenvolve ANABAM no Baixo Miño.
O artífice e mentor desta expo e Jose Arcas, biólogo e ornitólogo, quen se
ocupou de todo o relativo a mesma, desplazándose dende Vigo ata A Guarda
para montar a exposición, poñerse en contacto con tódolos artistas que
colaboran , etc.
Dende ANABAM temos que agradecer a Jose a disponibilidade e o interese
amosado para que esta manifestación artística en prol da píllara papuda sexa
realidade.
Á
esquerda Jose Arcas colocando os cadros que ían ser expostos.

Jose e Quico Arcas
no Centro Cultural en pleno montaxe da expo.
 
Dúas das figuras
modeladas que representan á píllara papuda.

Unha das obras que
se expoñen na exposición adicada á píllara papuda.
Dende hai varios anos, cada
tempada de aniñamento, ANABAM vén desenvolvendo un proxecto de protección
dos niños de píllara papuda no Baixo Miño. Gracias a este proxecto,
conseguiuse que necran 13 polos e que chegaran a completar o seu ciclo e
voar, 6 deles.
Para saber máis da píllara papuda
AQUÍ
|