anabam

traballando polo patrimonio natural

do Baixo Miño galego-portugués

 

anabam.anabam@terra.es     

 

 -ANABAM

-CAMPAÑAS

 -EVENTOS -  ACTOS

 -LEMBRANZAS

 -CONTACTO - HORARIO OFICINA-

 -ASOCIARSE

-ANABAM EN ACCIÓN

      -Saídas de Campo

-EDUCACIÓN AMBIENTAL

-ACTIVIDADES

-VOLUNTARIADO

-VISITAS GUIADAS

-CURSOS

-PUBLICACIÓNS

-VÍDEOS

 

ASOCIACIÓN  NATURALISTA  "BAIXO  MIÑO"

 

 

 

 

INICIO

 

PORTADA

 

PORTADAS ANTERIORES

 

PEGADAS

 

FENOLOXIA

 

FAUNA

 

MORTANDADE

 

INFORMACION

 

AGRESIONS

 

CARTAS

 

ANABAM VÍDEO

 

ODONATOS

 

 

P.E.S.

QUE E O PES

 

CAMARIÑA

 

CHARAXES JASIUS

 

PÍLLARA-BORRELHO

 

EURYNEBRIA

 

OTANTHUS MARITIMUS

 

HONCKENIA PEPLOIDES

 

WODWARDIA RADICANS

 

ANDORIÑA DE CU BRANCO

 

FENTOS ARBOREOS

 

 

TRABALLOS DE CAMPO

 

BOLBORETAS

 

CETÁCEOS

 

TARTARUGAS MARIÑAS

 

FAUNA ATROPELADA

 

CENSO AVES ACUÁTICAS

 

ANDORIÑAS DO BAIXO MIÑO

 

PROXECTO LARUS

 

UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA

 

REXISTRO DE PEGADAS

 

ETNOGRAFÍA

ÚTILES E APARELLOS

 

MARCAS DOS MARIÑEIROS

 

 
 
MERCADIÑO
 

 

 

EXPOSICIÓNS-2012

 

 

 

      Actualizada o 30-01-2011  
 

REMATOU A EXPOSICIÓN

"SOMBRAS ASOMBROSAS"

     
         
 

 

      A divulgación dos morcegos no Centro Cultural de Pedornes (Oia), chegou ao seu fin, logo de estar todo o mes de xaneiro, a través dunha exposición, no devandito local.

 

    Foron moitas as persoas que coñeceron un pouco máis a vida destes mamíferos voadores, tan próximos a nós pero tamén tan descoñecidos.

 

   E non soamente se interesaron pola exposición as xentes da parroquia, senón que tamén foron a vela xentes alleas á mesma, da Guarda, do Rosal, de Vigo, de Cangas, de Tomiño...

 

   

 
         

 

      Actualizada o 11-01-2012  
 

CONTINÚA EN PEDORNES A EXPOSICIÓN

"SOMBRAS ASOMBROSAS"

 

     
 

 

 
 

       

       A Exposición Sombras asombrosas, está tendo un grande éxito polo numeroso público que se ten achegado a ela. Pode verse no Centro Cultural de Pedornes, onde está dende o día 5 de xaneiro, permanecendo neste local ata o vindeiro 29 do mesmo mes. O local estará aberto os días 15, 22 e 29, domingo todos eles, en horario de 16.00 ás 21.00 horas, pero tamén pode abrirse excepcionalmente nas demais datas do mes para visitas concertadas previamente.

 

     Esta exposición está formada por 8 paneis de 80 X 120 cm, contendo cada un deles fotografías e texto explicativo. Ademais conta con 50 pequenos carteis (DIN A4) onde se amplía a información e algúns con referencia especial ao Baixo Miño.

 

       

 
 

Nada mellor para ver esta exposición que ir acompañado dun "Chupa-chups", que nos relaxará mentres nos informamos lendo nos panéis.

 

    

 

 

 
 

 

Que morcegos viven en Galicia? Como se orientan os morcegos? Que tipos de morcegos hai?

Cantas especies se coñecen? De que se alimentan? Estas e outras preguntas teñen a súa resposta

na exposición. Dende aquí invitamos a tódalas persoas interesadas pola natureza en xeral, e polos morcegos

en particular, a que vos acheguedes a parroquia de Pedornes, Oia. So quedan tres días para sacar

proveito da expo.

 
         

 

 

Exposición:

Sombras asombrosas

 

Centro Cultural de Pedornes (Oia)

 

     As Asociacións Cultural “San Mamed” e de Veciños “A Muruxeira” da parroquia de Pedornes xunto con ANABAM organizan, en colaboración co Grupo de Ecoloxía e Evolución-Divulgare da Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo e o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia a exposición fotográfica “Sombras asombrosas”.

A devandita exposición poderá visitarse os días

5, 6, 8, 15, 22 e 29 de xaneiro

de 16.00 a 21.00 h.

    Os paneis desta exposición pertencen ao Grupo de Ecoloxía e Evolución-Divulgare da Universidade de Vigo e foron elaborados con motivo da celebración do Ano Internacional dos Morcegos. Para iso, contaron co apoio de investigadores e fotógrafos de institucións como o Instituto de Ecoloxía e Sistemática de Cuba, o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia e o afamado Instituto de Ecoloxía Experimental da Universidade de Ulm (Alemaña).

    Os morcegos son os únicos mamíferos voadores. Os seus hábitos nocturnos e aparencia estraña fixéronos protagonistas de mitos e supersticións. Con todo, teñen unha importancia vital no funcionamento dos ecosistemas e repercuten positivamente na economía e no benestar social.

   Os morcegos representan case a quinta parte das especies de mamíferos que se coñecen, e hai especies que nunha soa noite forman agrupacións de centos e miles de individuos. Actúan como reguladores biolóxicos das poboacións de insectos, polinizan as flores e dispersan as sementes de centos de especies de plantas tropicais. Ademais, a maioría das especies de morcegos oriéntanse por medio do son, e os estudos sobre este tema contribuíron ao tratamento de enfermidades neurolóxicas e do sistema auditivo nos seres humanos.

    A pesar da súa gran importancia, os morcegos seguen estando entre os grupos de animais peor coñecidos e menos comprendidos, o cal levou a algunhas especies ao bordo da extinción. O coñecemento das súas habilidades e a súa función ambiental é clave para situalos no lugar que se merecen como arquitectos dos ecosistemas. Con esta exposición fotográfica preténdese achegar á sociedade o apaixonante universo destes animais tan singulares, os morcegos.