|
DESTRUCCIÓN DUNAR
NA PRAIA DE
CAMPOSANCOS
Dende hai un par de meses vimos detectando na zona do Puntal a extracción
ilegal de area, unha actividade que non está permitida e sí castigada por
lei. As pequenas formacións dunares existentes nesta praia forman un
ecosistema moi fráxil no que medran plantas que teñen como hábitat
exclusivo os areais. Coa extracción da area, vaise destruindo a flora e
tamén moitas pequenas especies faunísticas que dependen e precisan deste
tipo de ecosistemas.
Estamos convencidos de que as persoas que están "roubando" a area das
dunas, saben que é unha actividade ilegal, pois a collen cando non
hai ninguén polos arredores.
Dende ANABAM poñeremos estes feitos en coñecemento das respectivas
autoridades e faremos, na medida do posible, un seguimento para dar cos
infractores. Nin se pode, nin podemos permitir que o patrimonio natural e
paisaxístico se deteriore por mor duns poucos.

Na praia do Puntal (desembocadura do río Miño, Camposancos), onde xa se
teñen retirado varios metros cúbicos nas últimas semanas, son ben visibles
os efectos da ilegal extracción de area que aquí denunciamos.

Praia do Puntal, na mesma desembocadura do Miño. En primeiro plano, á
esquerda pódese observar a zona onde se está producindo a extracción
ilegal de area. |