|

| |
|
FAUNA: INFORMACIÓN XERAL (III) |
IR A
FAUNA BAIXO MIÑO
IR A FAUNA (I)
IR A
FAUNA (II)
IR A ANDORIÑAS DO
BAIXO MIÑO
| |
|
|
Actualizado o
27-10-2011 |
|
| |
RESCATADO UN MASCATO FERIDO |
|
por
Manuel A.Pombal Diego |
|
| |
 |
|
O pasado luns 24 de
outubro, a iso das 18.30 h, foi atopado un mascato ferido entre o Porto
do Tecedor e o Porto da Xamúndez (coordenadas: X: 509 540 45; Y: 4 651
685 58) en Pedornes, Oia. Trátase dun exemplar xoven, posiblemente
de segundo ou terceiro ano posto que aínda non ten a cabeza amarela
típica dos exemplares adultos, pero xa tiña un certo apencado no dorso e
nas porcións proximais das ás. O seu característico son foi o que o
delatou, e ó acercarse a el foi cando se puido comprobar que tiña serias
dificultades para voar. Aínda así, avanzaba con certa velocidade coas ás
estiradas e dando grandes zancadas. Cando se intentou coller, defendíase
co seu grande peteiro, como era de agardar. Ocorréusenos sacar a
chaqueta (xa facía algo de fresco) para tentar collelo sen facerlle dano
e sen ser alcanzados polos agresivos intentos de picotazo que lanzaba.
Conseguimos rodear as ás coa axuda da chaqueta, con parte dela arredor
do longo pescozo, e dirixímonos a onde tiñamos o coche. No traxecto,
decatámonos que do animal colgada un bo pedazo de tanza, de
aproximadamente metro e medio de longo. O mascato tentaba, de cando en
vez, defenderse co seu peteiro ao tempo que emitía o característico son.
De feito, conseguiu picarnos nos dous brazos, aínda que sen maiores
consecuencias. Cando chegamos ó coche, necesitamos a axuda dun señor que
paseaba co seu can pola estrada vella para poder abrilo. |
|
| |

|
|
Mais tarde, xa na sede de ANABAM,
comprobamos que a tanza era dun amocelo que tiña cravado nunha das ás.
Debía levar tempo con el cravado posto que tiña bastante rozada a zona,
ademais dunha fonda ferida, duns dous cm de longo. Despois dun certo
tempo tentándoo, conseguimos retirarlle o amocelo, tratando de non
desgarrar máis a masa muscular. Cando conseguimos sacar o amocelo,
tratamos a ferida cun antiséptico, procedendo de seguido a colocar ao
animal nunha gaiola para que estivese máis tranquilo. Comprobamos que
estaba bastante fraco. Pasou a noite na gaiola e, a mañá seguinte, foi
enviado ao Centro de Recuperación de Aves de Pontevedra, logo de dar
aviso ao axente responsable de Conservación da Natureza da zona para que
pasaran a recollelo.
|
|
| |
 |
|
Para pescar, estes animais lánzanse en vertical dende unha altura
considerable, mergullándose totalmente. Polo tanto, e moi probable que
nun destes lances (pode que para coller un peixe enganchado nun
palangre), se enganchara accidentalmente nun dos amocelos sen carnada do
palangre, sen poder librarse del. Tamén é posible que ao recoller o
palangre, e debido a súa agresividade co peteiro, os mariñeiros optaran
por cortar a tanza para así liberarse do mascato sen ter que “rifar” con
el. Neste caso, parece que se librou dunha morte segura.
|
|
| |
|
|
|
|
|
| Actualizado o 02-12-2009 |
|
ESCRIBENTA DAS CANAVEIRAS
(Emberiza schoeniclus lusitanica)

Foto: Robert Scanlon
Esta escribenta, do tamaño dun pardal, endémica da Península Ibérica, está
presente no canaveiral da marisma de Salcidos onde ten o seu lugar de
aniñada e onde crece o carrizo (Phragmites australis), zonas
naturais que precisa esta escribenta. Esta especie podería estar en
regresión no Baixo Miño, polo que se precisaría desenvolver un estudio
puntual da mesma. Segundo os estudos realizados polos ornitólogos, a Guarda
(marisma de Salcidos) ocuparía o 5º lugar en España pola poboación que
acollen, unhas dez parellas, por detrás do Parque nacional das Tablas de
Daimiel (90-120 parellas); Parque Natural do Delta do Ebro (50-100
parellas); Dodro (14-16 parellas); Noia-serra de Outes (10 parellas) e A
Guarda - O Rosal (10 parellas). Estos resultados pertencen ao I Censo
nacional de Emberiza schoeniclus levado a cabo no ano 2005.

A Sociedade española de ornitoloxía declarou á Escribenta das canaveiras
como Ave do ano 2009, xa que é unha das especies máis ameazadas da
Península, onde habitan menos de 400 parellas, dez delas no Esteiro do Miño,
na marisma de Salcidos. |
|
Actualizado o 02-11-2009 |
|
Fulica atra (FOCHA COMÚN) LOGO DUN
ANO
VOLVE VERSE NA DESEMBOCADURA DO MIÑO

A focha é doada de
identificar: a plumaxe é totalmente negra. O peteiro e o escudete que lle
sube pola
fronte son brancos.
O tamaño é similar a dun alavanco.
Ata mediados da década dos noventa, o número de exemplares desta especie na
desembocadura do Miño, adoitaba ocupar a área comprendida entre o Asteleiro
do Pasaxe e o Observatorio da Regueira Ancha, pero sobre todo fronte ao
observatorio do Forno do Duque. Eran preto 80 exemplares os que
frecuentaban a zona entre finais de setembro-primeiros de outubro ata
febreiro-marzo. A partir de entón, a especie foi en regresión neste tramo da
desembocadura do Miño, límite da súa presenza no esteiro. Nesta década
(2000-2009), o número de exemplares máximo que foron observados foi de dous,
e nos últimos tres anos, xa de tan só un. O descenso é pois alarmante: ¡¡máis
dun 98 %!! de individuos deixaron de verse no tramo de maior querencia
ornitolóxica de todo o Esteiro do Miño. Non atopamos explicación algunha
para saber cales son as causas deste masivo descenso. Pode que o grupo de
fochas que invernaba na desembocadura busque agora outros enclaves fóra de
aquí ou mesmo augas arriba desta zona. Pero o certo tamén é, que este
alarmante descenso tamén o sufriron outras especies, o caso máis salientable
é o dos parrulos cristados (Aythya fuligula), on o descenso foi do
100 %. Pode que o grupo que se achegaba á desembocadura procedese
dunha mesma área do norte europeo e sufrira algún tipo de percance. O certo
é que un único visitante desta especie volvemos a velo por primeira vez
neste ano o pasado día 28 de outubro. O igual que os anos anteriores, a zona
que frecuenta atópase nos arredores do Asteleiro do Pasaxe.
Dada a súa escaseza no esteiro do Miño, pedimos en máis dunha ocasión que
esta especie fose incluída como NON CAZABLE no tramo internacional do Miño.
Polo de agora esta petición non foi atendida.

Esta é unha das últimas fotos dun número relativamente
importante
de fochas na desembocadura do Miño. Hoxendía, ver esta
concentración sería todo un luxo.
(Foto: Luis
Dorado. proximidades Asteleiro do Pasaxe-xaneiro 1991)
|
|
GABITAS (Haematopus ostralegus)
NO BAIXO MIÑO |
| Actualizado o 16-02-2009 |
|
Texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam

HÁBITAT:
Teñen moita querencia pola zona rochosa, que vai ser maioritariamente onde
imos poder velos.
DISTRIBUCIÓN: En todo o Esteiro do Miño.
Nº DE
INDIVIDUOS NO ESTEIRO DO MIÑO: Poden rondar os 100 individuos como
media.
GREGARISMO:
Frecuentemente en bandos que poden aglutinar medio cento de individuos
ou máis.
IDENTIFICACIÓN: Facilmente identificables pola cor da súa plumaxe:
branca e negra. Patas e peteiro vermellos.
ANIÑAMENTO:
Esta especie non cría aquí.
STATUS:
Especie protexida.
FACILIDADE
DE OBSERVACIÓN: Alta.
PRESENCIA: Fundamentalmente outono-invernal, pero algúns exemplares
(posiblemente individuos non reproductores) quedan aquí tamén no verán.
PUNTOS DE OBSERVACIÓN:
Principalmente na Armona, Puntal e Insua. Tamén
poden verse na ribeira de Salcidos, cando a marea está baixa e mesmo
pousados na praia, próximos á beira.
|
|