anabam

traballando polo patrimonio natural

do Baixo Miño galego-portugués

 

anabam.anabam@terra.es     

 

 -ANABAM

-CAMPAÑAS

 -EVENTOS -  ACTOS

 -LEMBRANZAS

 -CONTACTO - HORARIO OFICINA-

 -ASOCIARSE

-ANABAM EN ACCIÓN

      -Saídas de Campo

-EDUCACIÓN AMBIENTAL

-ACTIVIDADES

-VOLUNTARIADO

-VISITAS GUIADAS

-CURSOS

-PUBLICACIÓNS

-VÍDEOS

 

ASOCIACIÓN  NATURALISTA  "BAIXO  MIÑO"

 

 

 

 

INICIO

 

PORTADA

 

PORTADAS ANTERIORES

 

PEGADAS

 

FENOLOXIA

 

FAUNA

 

MORTANDADE

 

INFORMACION

 

AGRESIONS

 

CARTAS

 

ANABAM VÍDEO

 

ODONATOS

 

 

P.E.S.

QUE E O PES

 

CAMARIÑA

 

CHARAXES JASIUS

 

PÍLLARA-BORRELHO

 

EURYNEBRIA

 

OTANTHUS MARITIMUS

 

HONCKENIA PEPLOIDES

 

WODWARDIA RADICANS

 

ANDORIÑA DE CU BRANCO

 

FENTOS ARBOREOS

 

 

TRABALLOS DE CAMPO

 

BOLBORETAS

 

CETÁCEOS

 

TARTARUGAS MARIÑAS

 

FAUNA ATROPELADA

 

CENSO AVES ACUÁTICAS

 

ANDORIÑAS DO BAIXO MIÑO

 

PROXECTO LARUS

 

UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA

 

REXISTRO DE PEGADAS

 

ETNOGRAFÍA

ÚTILES E APARELLOS

 

MARCAS DOS MARIÑEIROS

 

 
 
MERCADIÑO
 

 

COORDINADOR

 

Manuel Ángel Pombal Diego

"Peque"

 

pombal@uvigo.es

 

 

Saramagantas na estrada de Camposancos................................................................................................29-11-2010

Punto negro para as píntegas na estrada A Guarda-Camposancos........................................................16-12-2009

Teixugo atropelado en Goián........................................................................................................................31-05-2009

Un caso de alta mortalidade de andoriña común (Hirundo rustica) por atropelamento.....................31-05-2009

A xeneta (Genetta genetta) é un dos mustélidos que máis atropelos sufre..........................................16-03-2009

Censo total meses de maio a decembro de 2007........................................................................................30-11-2008

Máis de mil atropelos en dúas estradas do Baixo Miño...........................................................................17-11-2008

Certas especies predominan segundo a estación do ano........................................................................30-09-2008

Datos de atropelos nos tres primeiros meses do ano...............................................................................15-05-2008

Consellos para fotografar (2)........................................................................................................................05-05-2008

Consellos para facer boas fotos aos vertebrados que non sabemos identificar (1)............................31-03-2008

Anfibios atropelados nas nosas estradas..................................................................................................25-01-2008

Cabalo salvaxe atropelado............................................................................................................................15-01-2008

Normas de recollida de datos de fauna atropelada...................................................................................14-01-2008

Análise dos resultados do ano 2007...........................................................................................................14-01-2008

Recollendo datos de atropelos....................................................................................................................25-12-2007

Manuel A. Pombal Diego, coordinador do proxecto "Fauna silvestre atropelada"............................04-12-2007

Datos de xaneiro a agosto de 2007..............................................................................................................08-10-2007

O ourizo común acapar máis do 50 % dos atropelos................................................................................04-06-2007

Así vai a recollida de datos dos atropelos neste primeiro ano...............................................................07-05-2007

Primeiros datos do proxecto "Fauna silvestre atropelada".....................................................................12-04-2007

 

 

 

 

 

 

Actualizado o 29-11-2010

 

 

SARAMAGANTAS NA ESTRADA DE CAMPOSANCOS (A GUARDA)

 

Texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenzo

 

 

     O pasado 20 de novembro fixemos un percorrido pola estrada de Camposancos, ao longo de pouco máis dun quilómetro, co fin de tomar datos de posibles saramagantas atropeladas. Coa chegada das chuvias, estes anfibios inician a súa actividade e a zona prospectada é unha das que habitualmente temos rexistros de atropelos desta especie. Esta prospección levouse a cabo ás 10 da mañá, rexistrando un total de 9 exemplares atropelados.

         

 

Os corvos (Corvus corone corone) transfórmase nun carroñero que aproveita os restos das saramagantas para se alimentar. Na fotografía un corvo no medio da estrada prospectada dándose un festín cos despoxos dun destes urodelos.

         

 

 

Actualizado o 16-12-09

   

PUNTO NEGRO PARA AS PÍNTEGAS

NA ESTRADA A GUARDA - CAMPOSANCOS

 

Texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenzo

 

 

      Cada outono, coa chegada das chuvias e mentres as temperaturas non sexan moi baixas,  as píntegas, eses anfibios negros con manchas amarelas, chegada a noite,  saen dos seus acubillos para cumplir esa misión que ten todo ser vivo: reproducirse para perpetuar a especie. Pero as estradas supoñen para estes animais un dos perigos máis mortíferos que teñen. Milleiros destes animais sucumbirán nas estradas do Baixo Miño víctimas do seu impulso na procura de parellas.

 

     O seguimento levado a cabo por ANABAM, en relación coa fauna silvestre atropelada, estanos a dar datos alarmantes e..., puntos negros para certas especies. Hai case que tres anos en que inciamos este proxecto, e xa temos información de certos enclaves que resultan fatídicos para algúns animais.

 

      As píntegas saen dos seus acubillos nas noites chuviosas, cando as temperaturas aínda non resultan excesivamente baixas, fundamentalmente a partir do mes de novembro.

 

     A estrada de Camposancos é un dos puntos negros para a especie. O tramo que vai dende uns metros antes da antiga cerámica Santa Tecla (a popularmente coñecida como Katanga) ata a curva que aparece pouco antes da baixada á praia (pouco despois do marco da Picota), constitúe unha trampa mortal para estes anfibios. Sen medo a equivocarnos, podemos afirmar que cada outono, un mínimo de douscentos exemplares morrerán esmagados polas rodas dos coches. Por poñer un exemplo, soamente o pasado luns día 7 de novembro, no reconto matinal de cadáveres efectuado por Ricardo Portela Vilas, membro de ANABAM, e o autor deste artigo, foron contabilizados 13 individuos mortos. Se temos en conta que non facemos un seguimento diario, que parte dos cadáveres serán arrastrados polas chuvias e posiblemente algúns outros desaparecerán por diversas causas, a cifra antóxasenos terriblemente negativa.

 

    Atrevémonos a sinalar a causa principal de que este tramo sexa un dos puntos negros para a especie: a deficiente ou nula iluminación do tramo citado. Se temos en conta que estes animais son nocturnos, hai que pensar que os tramos perfectamente iluminados servirán, nun bo número de casos, como "repelente" para a especie, diminuíndo considerablemente a presenza de píntegas no mesmo e, consecuentemente, diminuíndo tamén a mortandade delas.

 

    Tamén temos comprobado que os fins de semana son particularmente máis negativos para a especie. A razón, evidentemente, non é porque elas vaian de "marcha" neses días, senón que a actividade dos paisanos nas estradas é maior e durante máis horas, polo que as consecuencias tamén son maiores.

 

     En calquera caso, cando demos por rematado este traballo de campo, tal vez poderemos sacar máis e mellores conclusións relativas á mortandade da fauna silvestre nas estradas do Baixo Miño. Por iso tamén é de moita axuda contar con xente que nos envíe datos dos animais silvestres que vexa atropelados en calquera punto da comarca baixomiñota..

 

 

Restos dunha píntega atropelada na estrada de Camposancos á altura do Marco da Picota.

 

  

Actualizado 0 31-05-09

   

Un caso de alta mortalidade de andoriña común (Hirundo rustica) por atropelamento.

 

Texto e fotos: Manuel A. Pombal Diego "Peque"

 

As cinco especies de andoriñas (andoriña común: Hirundo rustica; andoriña do cu branco: Delichon urbica; andoriña das barreiras: Riparia riparia: andoriña dáurica: Hirundo daurica, e andoriña dos penedos: Ptyonoprogne rupestris) que poden observarse en Galicia tamén poden verse no Baixo Miño, aínda que só a andoriña dos penedos é sedentaria. No concello de Oia soamente temos rexistradas algunhas zonas de aniñamento da andoriña común nas parroquias costeiras, ás que volven cada ano durante a primavera e o verán para a súa reprodución.

 

Algunhas características da andoriña común

Pode medir de 17 a 21 cm de largo, posúe un peteiro negro e curto, patas tamén curtas e negras, e ás fortes e largas en proporción ao seu corpo. O color da cabeza, do lombo, das ás e do rabo é dun negro azulado brillante. No largo e escotado rabo destacan catro manchas brancas nas catro rectrices exteriores de cada lado. A fronte e a gorxa ten un color rechamante roxo ferruxinoso e fácil de ver. Entre a gorxa e o peito ten unha banda azul escura e o resto das partes inferiores son moi claras, do branco ao beixe rosado.

Está especialmente dotada para o voo, sendo moi veloz e áxil xa que é no aire onde captura as súas presas (insectos); non lle sucede o mesmo no chan, onde se moven torpemente, dado o pequenas e relativamente débiles que son as súas patas. As estreitas ás e o seu rabo gallado permítenlle manobrar con facilidade: pode dar rápidos xiros para perseguir ás súas presas. O seu corpo aerodinámico está adaptado para voos rápidos e de longo percorrido.

Extremadamente inquieta, pasa a maior parte do tempo no aire, voando dun lado para outro. Tanto poden voar a gran altura, case fora do alcance da vista humana, como en voo rasante sobre o chan ou a superficie da auga. É unha ave escandalosa, de piar continuo. O canto da andoriña común non pode reproducirse, pero si dicir que se trata dun gorxeo sostido, moi agradable e melodioso.

A dieta alimenticia está constituída por insectos que son capturados en pleno voo. Principalmente Díptera (Tipulidae, Chironomidae, Empididae, Tachinidae, etc.), Ephemeroptera, ou Odonata, e ocasionalmente Lepidóptera, Coleóptera e Himenóptera. A alimentación dos polos inclúe unha gran variedade de Díptera, sobre todo de Tipulidae e Tabanidae. É unha especie gregaria, e dicir, vive en grupos numerosos que se concentran cerca de charcas, lagoas, carrizais, marismas, estuarios, etc., onde soe haber gran cantidade de mosquitos e outros insectos. En época de cría vive normalmente en parellas.

Case todos os niños están formados por barro, herba seca, palla, ou bosta de vaca, e solen fixalos en construcións humanas nas vigas de madeira e paredes ou nos aleiros dos tellados; polo tanto están habituadas á presenza do home. Normalmente, os niños están forrados por dentro con plumas, pelos ou folliñas de herba seca. Ambos adultos traballan na súa construción, e en catro ou cinco días o traballo está terminado.

Casa en Chinchilla de Montearagón (Albacete)!! Foto feita o pasado 09 de Xulio de 2009. Nela pódese observar que  tódalas tellas do aleiro teñen un niño de andoriña.

           Unha posta normal é de 5 ovos, pero pode oscilar entre 3 e 8. A incubación é efectuada case totalmente pola femia durante 14 días. Se a femia morre accidentalmente prodúcese o abandono do niño; pero isto non sucede se o que morre é o macho. Algúns polos voan aos 18 días, aínda que normalmente non o fan hasta os 23-24 días. Durante os primeiros días despois de abandonar o niño os novos exemplares volven a durmir a él ao atardecer. Nestas aves dúas roladas son normais en cada temporada e tres ocasionais.

      O número de polos que chegan a voar é superior ao 95 por cento dos ovos postos, o que significa, sen dúbida, un notable éxito. Nembargante, moitas aves de presa coñecen as dificultades dos hirundínidos nos primeiros días e sucede a miúdo que gaivotas, bufos, gabiáns, falcóns e gatos domésticos dan boa conta das andoriñas novas. Logo son moitísimos os perigos que ten que sortear nos aproximadamente 10.000 quilómetros de ida e volta da cada periodo migratorio; polo tanto, o índice de mortalidade é consecuentemente moi alto e poucas andoriñas superan os 5 años de idade. A maioría das que chegan a criar, viven de media uns 3 anos. Hai, sen embargo, casos de andoriñas que viviron de 6 a 8 anos e, excepcionalmente, algunhas poden chegar hasta os 10 anos.

            As andoriñas teñen hábitos migratorios e un admirable sentido da orientación, retornando sempre ao mesmo sitio onde criaron o ano anterior. Moitas parellas ocupan incluso o mesmo niño. As veces, tanto o paporrubio (Erithacus rubecula) como a carriza (Troglodytes troglodytes), ocupan algún dos seus niños. Nos lugares onde os niños son destruídos, ou onde son ocupados por outra especie cústalles moito traballo volver a aniñar.

Andoriñas atropeladas no Porto de Mougás (concello de Oia)

            O pasado día 20 de agosto de 2009 chamounos a atención o número de andoriñas atropeladas a altura do Porto de Mougás. Trátase dun treito de estrada dun cento de metros ao sur do río de Mougás (ver liña azul na foto) onde rexistramos 14 exemplares mortos de andoriña común (Hirundo rustica). Unha vez nos acercamos ao propio Porto de Mougás puidemos comprobar como unha bandada de andoriñas realizaba percorridos repetitivos (liñas de cor vermella e verde na foto) en voo rasante, a pesares da presenza a escasos metros dun tractor e un grupo de persoas arrumbando unha gamela. Unha vez nos puxemos nunha das zonas de paso (pequena estrada de entrada ao porto), observamos que apenas modificaron a súa zona de voo, xusto o necesario para poder esquivarme, mentres as fotografaba. Procuramos espantalas un pouco para que non entraran na estrada A Guarda-Baiona (N-552) en voo rasante, onde podían ser atropeladas con moita facilidade.

              O día seguinte acercámonos de novo a zona para comprobar se seguían por alí. Sen embargo, non puidemos observar ningún exemplar mais, nin vivo nin morto e pensamos que xa se marcharán da zona. Uns días mais tarde, concretamente o 25 de agosto, volvemos a ver bastantes exemplares en voo rasante pola mesma zona ao mesmo tempo que rexistrábamos 4 exemplares mais atropelados na estrada. Así pois, rexistramos un total de 18 exemplares mortos nesa pequena zona do Porto de Mougás. É moi probable que se acercaran ata alí na procura de alimento posto que son moitos os insectos que se atopan na barda de argazo e outras algas que hai estes días no citado porto. Isto, xunto con que son aves habituadas á presenza do home e o seu voo rasante, tivo como resultado final o elevado número de exemplares mortos por atropelo en apenas 6 días e 100 metros de estrada.

 

 

Actualizado 0 31-05-09

 

TEIXUGO ATROPELADO EN GOIÁN

 

Texto: Agustín Ferreira Lorenzo

Fotos: Ricardo Portela Vilas

 

 

     Manuel A. Pombal, coordinador da recollida de datos da fauna silvestre atropelada, segue na brecha aumentando, desgraciadamente, o número de animais atropelados. Nesta época, paxaros, cobras e mamíferos como os ourizos, forman o groso dos rexistros.

 

    Un dos últimos rexistros de mamíferos atropelados correnponde a un teixugo femia, posiblemente con crías ou ben a piques de telas. O atropelo tivo lugar na entrada á ponte internacional de Goián. O concelleiro de Medio Ambiente de Tomiño, Santiago Vergara, púxose en contacto con nós para facilitarnos a información. Un membro de ANABAM, Ricardo Portela, desplazouse ata o lugar en cuestión, para recoller o animal, xa que nalgúns casos, esta asociación aproveita para tomar datos, sacar fotografías e mesmo quedarse con esqueleto se este está en bó estado, utilizandoo máis adiante nas actividades didácticas ou exposicións.

 

 

 

 

Actualizado o 16-03-2009

 

A XENETA (Genetta genetta) É UN DOS MUSTÉLIDOS QUE MÁIS ATROPELOS SUFRE

 

Texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam

 

     Aínda que non se fixo o reconto dos animais silvestres atropelados e, polo tanto, sen ter os datos finais actualizados, si podemos afirmar que a xeneta, ese animal silvestre parecido a un gato, é un dos mustélidos que máis accidentes sufre nas estradas baixomiñotas. De hábitos nocturnos, este animal sae a cazar pola noite e, para iso, non dubida en atravesar as estradas na procura do seu necesario alimento.

 

     No domingo día 8 deste mes no que andamos, recibiamos unha chamada telefónica (Benito de Maderas del Miño) que nos informaba da presenza dun cadáver de xeneta no límite dos municipios de O Rosal e Oia e ata alí desprazouse Peque, que é a persoa que coordina a recollida de datos e posterior estudo dos mesmos, en relación coa fauna silvestre atropelada.

 

Coordenadas UTM: X: 509756; Y: 4646389

 

 

A cola da xeneta presenta alternativamente, franxas claras e escuras. Un rasgo distintivo para identificar este mustélido. O tamaño é similar a un gato doméstico.

 

 

Os pes dispoñen dunhas almohadillas que lles permiten desprazarse polo campo co mínimo ruído, evitando así que as posibles presas se decaten da súa presenza. As uñas son retráctiles, coma a dos gatos.

 

A súa cor clara con manchas escuras representa unha vantaxe á hora de moverse pola noite cando hai lúa , ou mesmo o atardecer, pois isto lle permite camuflarse no medio perfectamente.

 

 

Actualizado o 30-11-08

    

Censo total meses de maio a decembro de 2007

  

Texto: Manuel A. Pombal Diego-anabam

 

Clasificación por especies dos vertebrados atropelados rexistrados nas estradas do Baixo Miño durante o ano 2007.

 

 Do total de 412 rexistros do pasado ano 2007, amosamos agora a clasificación por especies dos 396 rexistros correspondentes aos meses de maio a decembro; non incluimos os 16 rexistros realizados nos primeiros 4 meses (cando puxemos en marcha o proxecto da fauna silvestre atropelada), posto que non son comparables cos do resto dos meses nos que mais xente se involucrou no citado proxecto.

Tal e como se pode observar na taboa que se adxunta, do total de 396 rexistros 131 son de mamíferos, 202 de aves, 47 de réptiles e 16 de anfibios. Tamén se pode observar a súa distribución nos 5 concellos do Baixo Miño: Oia, O Rosal, A Guarda, Tomiño e Tui. Desta distribución destacan os poucos rexistros pertencentes aos concellos de Tomiño e Tui. Isto débese a que non temos informadores deses concellos, polo que, unha vez mais, pedimos a colaboración de mais persoas para que os resultados deste estudio sexan algo mais proporcionais e tamén mais representativos do que acontece nos centos de quilómetros de estradas que temos no Baixo Miño. Se alguen quere colaborar no proxecto so ten que porse en contacto connosco a través do enderezo electrónico de Anabam (ANABAM.ANABAM@terra.es) ou ben directamente co coordinador do proxecto (pombal@uvigo.es). 

 

 

Concello

Mamíferos

Aves

Réptiles

Anfibios

Total

Oia

59

157

20

8

244

O Rosal

35

24

14

0

73

A Guarda

23

15

11

6

55

Tomiño

11

6

2

2

21

Tui

3

0

0

0

3

Total

131

202

47

16

396

 

 Identificación das especies

O proceso de identificación foi longo e dificultoso polo estado en que atopamos moitos dos atropelados. Hai que ter en conta que moitas veces estaban tan deteriorados que resultou imposible a súa identificación. No caso dos paxaros, por exemplo, chegamos a identificalos de verdadeiras “tortillas triple p”, é dicir, de plumas, patas e peteiros, especialmente cando chove. Nesta tarefa contamos coa axuda de varios colaboradores como David Álvarez Graña para os morcegos;  Ignacio Menéndez Vega, Tito Salvadores, Antonio Fernández Cordeiro, e sobre todo Emilio Martínez Sabarís para as aves; e Marcial Lorenzo Pereira para as cobras. Aínda así, houbo 26 casos (algo mais do 6%) onde foi imposible identificar a especie (3 mamíferos -un é un morcego, pero non identificamos de que especie se trata-, 23 aves e unha cobra).

Os resultados do proceso de identificación presentámolos nos seguintes 4 apartados, unha para cada un dos grupos de vertebrados: Mamíferos, Aves, Réptiles e Anfibios. En cada táboa se inclúen as especies rexistradas ordenadas de maior a menor en función do número de rexistros. En total foron 59 as especies de vertebrados identificadas, das cales 24 só tiveron un rexistro.

 

 

Clase: Mamíferos. 

            Os 128 mamíferos identificados correspóndense con 15 especies, tendo en conta que non diferenciamos entre a rata común e a de campo (polo tanto os 27 rexistros inclúen as dúas especies) nin entre o rato caseiro e o de campo (2 rexistros). Neste grupo destaca con claridade o número de ourizos que se corresponde case co 50 % dos rexistros. A continuación, con menos da metade de rexistros (27 rexistros) están as ratas, seguidas dos coellos (15 rexistros) e os esquíos (10 rexistros). Así pois, entre estas especies repártense a maioría dos rexistros identificados (112 de 128).

 

 

Nome Portugués

Nome Castelán

Nome Galego

Nome Científico

Animais

Ouriço-cacheiro

Erizo

Ourizo Cacheiro

Erinaceus europaeus

60

Ratazana castaña e preta

Rata Común y de campo

Rata común e de campo

Rattus norvegicus e R. rattus

27

Coelho-bravo

Conejo

Coello

Oryctolagus cuniculus

15

Esquilo vermelho

Ardilla

Esquío

Sciurus vulgaris

10

Fuinha

Garduña

Garduña

Martes foina

3

Jabalí

Jabalí

Xabarín

Sus scrofa

3

Raposa

Zorro

Raposa

Vulpes vulpes

2

Ratinho caseiro e do campo

Ratón casero y de campo

Rato caseiro e do campo

Mus musculus e Apodemus sylvaticus

2

Toupeira

Topo

Toupa

Talpa occidentalis

2

Morcego sen identificar

Murciélago sin identificar

Morcego sen identificar

 ?

1

Morcego-anão

Murciélago común

Morcego común

Pipistrellus sp

1

Morcego-de-ferradura

Murciélago de herradura

Morcego de ferradura

Rhinolophus hipposideros

1

Texugo

Tejón

Teixugo

Meles meles

1

Gineto

Gineta

Xeneta, algaria

Genetta genetta

1

Sen identificar

Sin identificar

Sen identificar

 

2

Total

 

 

 

131

 

 

Clase: Aves.

            No grupo das aves, que é o mais numeroso, identificamos tamén o maior número de especies: 38 en total. De todas elas, hai 5 con mais de 10 rexistros (paporrubio, pardal, merlo, papuxa das amoras e papuxa do mato), destacando o número de paporrubios (29 rexistros), o de pardales (22 rexistros) e o de merlos (19 rexistros). Tamén é de salientar o número de papuxas, sobre todo o de papuxas do mato con 11 exemplares.

            A continuación hai un grupo de 6 especies que ten de 5 a 10 rexistros (carrizo, lavandeira, papuxa cabecinegra, chasca común, verderolo e rabirrubio tizón). Logo ven un terceiro grupo con 8 especies que teñen 2 ou 3 rexistros, e finalmente identificamos 19 especies con un só rexistro.

 

 

Nome Portugués

Nome Castelán

Nome Galego

Nome Científico

Animais

Pisco-de-peito-ruívo, pisco

Petirrojo

Paporrubio (Pisco)

Erithacus rubecula

29

Pardal-comum

Gorrión

Pardal

Passer domesticus

22

Melro-preto

Mirlo

Merlo

Turdus merula

19

Toutinegra-de-barrete-preto

Curruca capirotada

Papuxa das Amoras

Sylvia atricapilla

15

Toutinegra-do-mato

           Curruca Rabilarga

Papuxa do mato

Sylvia undata

11

Carriça

Chochín común

Carriza, carrizo

Troglodytes troglodytes

9

Alveola-branca, lavandisca

Lavandera blanca

Lavandeira

Motacilla alba alba

8

Toutinegra-de-cabeça-preta

Curruca cabecinegra

Papuxa cabecinegra

Sylvia melanocephala

8

Cartaxo-comum

Tarabilla común

Chasca Común

Saxicola torquata

7

Verdilhão

Verderón

Verderolo

Carduelis chloris

7

Rabirruivo-preto

Colirojo tizón

Rabirrubio tizón

Phoenicurus ochruros

5

Coruja-das-torres

Lechuza blanca

Curuxa

Tyto alba

3

Pombo

Paloma

Pomba

Columba livia

3

Rouxinol-bravo

Ruiseñor bastardo

Rousinol bravo

Cettia cetti

3

Pintarroxo-comum

Pardillo común

Liñaceiro Común

Carduelis cannabina

3

Tordo-común

Zorzal común

Tordo

Turdus philomelos

2

Ferreirinha-comum

Acentor común

Azulenta Común

Prunella modularis

2

Noitibó-europeu

Chotacabras Gris

Avenoteira Cincenta

Caprimulgus europaeus

2

Fuinha-dos-juncos

Buitrón

Carriza dos xuncos

Cisticola juncidis

2

Maçarico-das-rochas

Andarrios chico

Bilurico bailón

Actitis hypoleucos

1

Escrevedeira-de-garganta-preta

Escribano soteño

Escribenta común

Emberiza cirlus

1

Cia

Escribano montesino

Escribenta riscada

Emberiza cia

1

Estorninho-malhado

Estornino Pinto

Estornino

Sturnus vulgaris

1

Faisão

Faisán

Faisán

Phasanius colchicus

1

Felosa-poliglota

Zarcero común

Folosa Amarela

Hippolais polyglotta

1

Gaivota-prateada

Gaviota argéntea

Gaivota arxéntea

Larus argentatus

1

Gaivota-de-patas-amarelas

Gaviota patiamarilla

Gaivota patiamarela

Larus michahellis

1

Gavião

Gavilán

Gavián

Accipiter nissus

1

Papa-moscas-preto

Papamoscas Cerrojillo

Papamoscas Negro

Ficedula hypoleuca

1

Codorniz

Codorniz Común

Paspallás

Coturnix coturnix

1

Pato

Pato

Pato

Anas sp.

1

Torcicolo

Torcecuello

Peto formigueiro

Jynx torquilla

1

Pica-pau-malhado

Pico picapinos

Peto Real

Dendrocopos major

1

Petinha-dos-prados

Bisbita común

Pica dos prados

Anthus pratensis

1

Felosa-comum

Mosquitero Común

Picafollas Europeo

Phylloscopus collybita

1

Pombo-torcaz

Paloma torcaz

Pombo

Columba palumbus

1

Frango-d'água

Rascón

Rascón de auga

Rallus aquaticus

1

Rola turca

Tórtola turca

Rola turca

Streptopelia decaocto

1

Sen identificar

Sin identificar

Sen identificar

 

23

Total

 

 

 

202

 

 

Clase: Réptiles.

            O número de rexistros de réptiles identificados ascende a 46, dos cales 44 son de cobras e só dous son de lagarto arnal. Dentro das cobras, algo mais da metade (24 rexistros) correspóndese co cobregón, e o resto coa cobra de escada. Sen lugar a dúbidas estas son as dúas especies de cobras que mais atropelos sofren no Baixo Miño. 

 

 

Nome Portugués

Nome Castelán

Nome Galego

Nome Científico

Animais

Cobra-rateira

Culebra bastarda

Cobregón

Malpolon monspessulanus

24

Cobra-de-escada

Culebra de escalera

Cobra de escada

Rhinechis scalaris

20

Lagarto-comúm

Lagarto ocelado

Lagarto arnal

lacerta lepida

2

Cobra sen identificar

Culebra sin identificar

Cobra sen identificar

 

1

Total

 

 

 

47

 

 

Clase: Anfibios. 

            Dentro do escaso número de rexistros obtidos no grupo dos anfibios (o 2007 foi un ano moi seco, o cal influíu no número de individuos atropelados), identificamos exemplares pertencentes a 3 especies. A gran maioría dos rexistros son de salamandra ou píntega común (13 rexistros); os 3 restantes son de sapos: 2 de sapo común e 1 de sapo raxado. 

 

 

Nome Portugués

Nome Castelán

Nome Galego

Nome Científico

Animais

Salamandra-de-pintas-amarelas

Salamandra común

Píntega común

Salamandra salamandra

13

Sapo-comúm

Sapo común

Sapo común

Bufo bufo

2

Discoglosso

Sapillo pintojo

Sapo pintoxo

Discoglossus galganoi

1

Sen identificar

Sin identificar

Sen identificar

 

0

Total

 

 

 

16

 

 

Actualizado o 17-11-08

 

MÁIS DE MIL ATROPELOS EN DÚAS ESTRADAS DO BAIXO MIÑO

 

  Texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam

 

        Aínda que a colaboración é moi escasa, os datos recollidos, practicamente en dúas das estradas do Baixo Miño, son demoledores. Máis dun milleiro de exemplares levamos rexistrados no que vai de ano. É moi posible que de contar coa colaboración que reiteradamente vimos pedindo, co fin de obter datos da maioría das estradas da comarca, estariamos falando agora, probablemente, de entre 10.000 e 20.000 animais silvestres atropelados.

 

      Entre estes animais atropelados está un morcego, o denominado Orelludo austriaco (Plecotus austriacus).

 

 

 

     O orelludo austríaco é un dos morcegos que voan no Baixo Miño. Del destacan as súas grandes orellas. Xa temos outros rexistros de morcegos aínda que non desta especie. Este foi recollido na estrada  Oia-Baiona, o pasado día 10 deste mes de novembro.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Actualizado o 30-09-08

 

CERTAS ESPECIES PREDOMINAN SEGUNDO A ESTACIÓN DO ANO

 

  Texto e fotos: Manuel Á. Pombal Diego-anabam

 

     Continuamos recollendo información dos animais silvestres atropelados nas estradas do Baixo Miño. Aínda que non analizamos polo miúdo os datos dos últimos meses, si podemos sinalar que hai certas especies que practicamente desaparecen como víctimas dos atropelos dependendo da estación que se trate, aparecendo, en cambio, outras. Así, no caso dos anfibios, dende finais da primavera e, sobre todo no verán, resultará difícil que atopemos algún. Pola contra, os réptiles e mamíferos aumentan, sendo os ourizos unha das especies que máis sucumben.

 

   Seguimos insistindo na necesidade de contar con colaboradores que nos envíen datos, cousa que agradecemos encarecidamente xa que iso permítenos ter datos máis precisos da fauna atropelada.

 

 

              As aves nocturnas forman parte importante da fauna atropelada, pois moitas delas quedan deslumbradas polas luces dos coches, nos seus vós rasantes na procura de alimento, acabando arroladas polos vehículos. Na fotografía as plumas da á esquerda desta ave permitiunos identificar a especie: trátase da avealiona común (Strix aluco), unha das maís comúns nos nosos bosques. A fotografía foi obtida na estrada paralela ao río Tamuxe que vai cara ao Morán (O Rosal), o 23 de setembro deste ano 2008. (Foto: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam).

 

 

 

Actualizado o 15-05-2008

 

DATOS DE ATROPELOS NOS TRES PRIMEIROS MESES DO ANO

 

  Texto e gráficos: Manuel Á. Pombal Diego-anabam

 

Un total de 338 vertebrados atropelados rexistrados nas estradas do Baixo Miño durante os tres primeiros meses de 2008.

 

Nos tres primeiros meses de 2008 levamos xa rexistrados un total de 338 vertebrados atropelados nas estradas do Baixo Miño. Trátase, pois, dun bo número, tendo en conta que nos derradeiros oito meses do ano pasado (2007) recollemos un total de 396 rexistros. A media dos meses de abril a decembro do 2007 foi duns 47 rexistros, mentres que para estes tres meses (xaneiro-marzo de 2008) é duns 113, e dicir, case dúas veces e media maior. De feito, tal e como se pode observar nas figuras 1 e 2, mentres que o mes de febreiro con 44 rexistros pódese considerar un mes “normal”, os meses de xaneiro (140) e marzo (154) superan con creces o máximo de rexistros por mes do ano pasado alcanzado no mes de decembro (102 rexistros).

 Nembargantes, cando distribuímos os rexistros por grupos de vertebrados (mamíferos, aves, réptiles e anfibios; Figuras 3 e 4), observamos que mais da metade (188 rexistros) correspóndense con anfibios. Isto débese a gran cantidade de píntegas (132) e sapos (56) atropelados nos días de choiva e boa temperatura habidos nestes tres meses. Así mesmo, os resultados obtidos permítennos definir unha serie de “puntos negros” (zonas de cruce utilizados por estes animais), todos eles caracterizados por ser tramos de estrada sen luz artificial. Algúns exemplos son: a estrada que rodea ao monte de Santa Trega en Camposancos (Concello de A Guarda), cerca do antigo basureiro de A Guarda (na estrada A Guarda-Baiona), ou na saída de Torrón (Concello de Tomiño) cara a Tui (na estrada A Guarda-Tui). Por outra banda, hai que salientar un so rexistro de réptiles nos 3 meses. Dito rexistro correspóndese cunha tartaruga atropelada na zona de Carregal (Concello de Tomiño). A partir de agora tamén as cobras empezaran a ser atropeladas.

 Finalmente, nas figuras 5 e 6 podemos ver a distribución dos rexistros por grupos de vertebrados e por meses, o cal nos da unha idea da evolución dos rexistros ao longo dos tres primeiros meses do ano. Mentres que os rexistros de mamíferos e aves foron crecendo conforme avanza o ano (no caso dos réptiles cun so rexistro non se poden sacar conclusións), os anfibios ten o máximo en xaneiro seguido do mínimo en febreiro. Como xa se indicou, as condicións meteorolóxicas inflúen moito na mobilidade (e polo tanto na mortalidade) destes animais.

             Dende ANABAM seguimos solicitando a colaboración de todas aquelas persoas que recorren as estradas do Baixo Miño para que recollan e nos envíen os rexistros dos animais que atopen atropelados. Solo así poderemos ter unha estima aproximada do que realmente acontece nas nosas estradas.

 

 
Meses Rexistros Mamíferos Aves Réptiles Anfibios
Xaneiro 140 7 17 0 116
Febreiro 44 8 25 0 11
Marzo 154 22 70 1 61
Total 338 37 112 1 188

 

 

Actualizado o 05-05-2008

 

CONSELLOS PARA FOTOGRAFAR (2) 

 

Texto e fotos: Manuel A. Pombal Diego

 

     Cando non sexamos capaces de identificar o animal atropelado, convén sacar suficientes fotografías dende varios ángulos, tal vez unha pata, un peteiro, a cor dalgunha pluma, a forma dos dedos, etc, poda ser suficiente para recoñecer ao animal en cuestión.

Vísceras e plumas forman unha masa que as veces non permiten recoñecer claramente de qué ave se trata. Neste caso fotografar o peteiro foi un acerto, pois xunto coas plumas negras permite saber que se trata dun merlo. 

Os anfibios, como sapos e píntegas aproveitan a humidade e a noite para saír dos seus acubillos, sempre que a temperatura non sexa moi baixa. Probablemente son milleiros os anfibios que sucumben víctimas do tráfico nas estradas do Baixo Miño.

Restos de pel dun sapo común (Bufo bufo). As berrugas, a cor, e unha observación detallada permite recoñecer con precisión a especie.

MORCEGOS.

Para a identificación destes curiosos mamíferos contamos coa colaboración de David Álvarez Graña, un verdadeiro experto en morcegos e tamén membro do grupo de anelamento Anduriña. Para estes animais é importantísimo fotografar a faciana e as orellas (o tamaño é importante; se non é posible reflectir a forma do trago na foto, apuntar a súa forma [rematado en punta, redondeado, en forma de ril, etc.], e a lonxitude con respecto ó pavillón da orella). Se é posible medir o antebrazo, sería un dato moi importante. Tamén é importante a: referencia xeral de tamaño, aspecto e cor da pelaxe, etc. Sempre que sexa posible, é bo abrirlle as ás para fotografalas, xa que o ancho da á tamén poder axudar a identificar algunhas especies. Aínda así, habería especies que non poderían ser identificadas, a menos que se lle fixera un estudo morfométrico máis profundo, para o cal sería necesario conservar (conxelar) os exemplares que non estean moi "desfeitos ou esmagados". Noutros casos, hai especies que son realmente moi difíciles de distinguir (especies crípticas), como acontece, por exemplo, para as dúas especies do xénero Pipistrellus. De feito, ate hai ben pouco, considerábanse unha mesma especie. O máis doado sería poder estudar os ultrasóns que emiten para poder distinguilas. 

 

 

Actualizado o 31-03-2008

 

CONSELLOS PARA FACER BOAS FOTOS AOS VERTEBRADOS QUE NON SABEMOS IDENTIFICAR (1)

 

Texto e fotos: Manuel A. Pombal Diego

 

 Moitas veces non somos quén de identificar a especie á que pertence o vertebrado que atopamos atropelado na estrada. Neses casos, se é posible, sería moi recomendable facerlle unhas fotos que poidan ser utilizadas por outras persoas que colaboran con nós neste proxecto para tentar identificar qué especie é. Hai moitos detalles que poden ser de utilidade, algúns deles dependentes do grupo de vertebrados que se trate. Un dos aspectos importantes é poder estimar o tamaño do animal atropelado, para iso é necesario ter unha referencia (incluír na foto unha moeda, unha chave, teléfono móbil, etc., é dicir, calquera cousa que teña un tamaño definido que nos sirva de referencia). 

     A continuación indicamos algunhas das características que poden axudar a identificar os rexistros.

 Aves.  

Sempre convén engadir, sobre todo ás que están en peor estado, unha referencia de tamaño (poñer unha moeda xunto ao tarso ou a cola e fotografar na perpendicular á estrada). Os peteiros e patas aportan moitas veces os datos necesarios polo que si están ben é bo que se vexan claramente.

Normalmente as plumas "grandes" (das ás e cola) non dan información (solen ser de cor uniforme). Polo tanto, débense fotografar as que teñan cores, manchas, etc., incluíndo os detalles da cabeza, lombo e peito; así mesmo, se algunha á, rectrices ou outras partes están en bo estado sería bo ter fotos dos dous lados.

Tamén é importante a data (como para os demais rexistros), pois axuda coas idades das aves e descarta aves estivais, invernantes, etc. Exemplo: sería case imposible atopar unha andoriña en decembro ou un bisbita común en xullo.

O hábitat das proximidades tamén pode axudar e así como calquera outra cousa que chame a atención, como por exemplo: patas longas, garras, peteiro fino ou groso, rectrices longas en proporción, etc.

Estes son algúns dos consellos que nos deron dúas das persoas que nos están axudando a identificar boa parte das aves atropeladas nas estradas do Baixo Miño: Antonio Fernández Cordeiro e Emilio Martínez Sabarís, ambos son membros do grupo de anelamento Anduriña de Pontevedra.

A identificación dos vertebrados atropelados pode ser dificultosa en demasía, por iso, as fotografías poden resultar de excepcional axuda para determinar a especie.

1 . Passer domesticus, polas patas, rectrices, Covertoras primarias.

2. Motacilla alba, polas rectrices (coloración e tamaño) e coloración xeral do bicho.

3. Turdus merula ,macho, polo peteiro e coloración xeral.

 

Actualizado o 25-01-2008

    

        ANFIBIOS ATROPELADOS NAS NOSAS ESTRADAS

 

Texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenzo

 

    Os quince primeiros días de xaneiro, trouxeron auga. Abondosa e benvida auga. Tan necesaria para uns e para outros. Os anfibios aproveitaron para saír dos seus acubillos na procura de parella e cumplir así cunha parte máis do seu ciclo vital: a reproducción. Pero iso trouxo tamén desastrosas consecuencias para moitos individuos. A mortandade de exemplares nas estradas baixomiñotas tivo que ser impresionante. Por exemplo nun tramo duns 300 metros na estrada de Camposancos (A Guarda) contamos máis de 20 píntegas (Salamandra salamandra). E en Tomiño tamén nun curto tramo, foron contabilizados máis de 30 sapos comúns (Bufo bufo) ou en Guillarei (Tui) tamén unha boa cantidade deles.

 

 

As veces os exemplares apenas poden recoñerse e, na meirande parte dos casos, o seu aspecto non é nada agradable.

 

 

Os anfibios atropelados, como esta píntega, desaparecerán en poucas horas do lugar do atropelo. Corvos, paso de coches, etc, acabarán cos restos dos animais, por iso, para tomar nota dos mesmos é convinte facelo pola mañanciña. 

 

 

Actualizado o 15-01-2008

 

CABALO SALVAXE ATROPELADO

 

Texto e fotos: Manuel A. Pombal Diego

O animal invadía parcialmente a estrada moi preto do río de Vilar, no concello de Oia.

        Os cabalos salvaxes da serra da Groba tamén son víctimas ocasionais dos atropelos nas estradas do Baixo Miño.  Como herdanza dos monxes que habitaron no mosteiro Cisterciense de Oia, na serra da Groba viven en liberdade un bo número (aínda que descoñecido con precisión) de cabalos de raza galega. Cando a climatoloxía é adversa, os cabalos soen baixar as zonas costeiras onde lles é mais doado conseguir alimento, moitas veces entrando e causando desfeitas en fincas particulares. Polo tanto, principalmente nos meses de inverno, é doado atoparse con algún cabalo nas principais estradas da costa, coa posibilidade de ser atropelado. No caso dos cabalos (e tamén algún outro mamífero como o xabarín ou o raposo), debido a súa porte e peso, poden causar graves danos materiais nos vehículos que os atropelan, e incluso danos persoais. Aínda que recentemente se instalaron varios quilómetros de valado para protexer as amplas zonas desbastadas polos incendios do verán do 2006, é evidente que seguen baixando ata a estrada nacional 550 (treito de Baiona a Guarda). O pasado sábado (12 de xaneiro) pola mañanciña, na parroquia de Pedornes (concello de Oia) produciuse o primeiro atropelo mortal dun cabalo do ano 2008. Agradecemos a Tina Estebas de Viladesuso que nos informase do atropelo. O accidente produciuse nas proximidades do río de Vilar, e o animal quedou na marxe esquerda en dirección a Guarda, con parte das patas invadindo a estrada. O lugar do atropelo estaba sinalado cun triángulo de perigo na marxe dereita da estrada. Trátase dunha femia que ben podía estar preñada debido ao gran tamaño da súa barriga e ao mes no que estamos (hai que ter en conta que soen parir en maio-xuño coincidindo coa celebración dos famosos curros que se celebran no concello de Oia nesas datas). Aparentemente, levou un golpe na cabeza onde se podía observar unha ferida aberta con sangue, aparte do sangue que lle saíu pola boca. Quizais debido ao estres inmediato producido polo atropelo, presentaba algunha herba na boca, ademais de "literalmente cagarse" no mesmo sitio onde quedou morta. Non observamos ningún marco que puidera identificar ao dono do animal posto que tiña o pelo moi grande. Alá polo mediodía o animal xa fora retirado da estrada.

 

Nesta foto obsérvase o gran tamaño da súa barriga, o cal é indicativo de que debía de estar preñada.

 

 

Parte do impacto debeu recibilo na cabeza.

 

 

 

 

Actualizado o 14-01-2008

 

ANÁLISE DOS RESULTADOS DO ANO 2007

 

Texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenzo

 

 

Análise dos atropelados do ano 2007.

Os datos obtidos durante o pasado ano irémolos analizando dende diferentes puntos de vista e os resultados irémolos incluíndo nas sucesivas actualizacións desta páxina web. Hoxe aportamos unha primeira análise incluíndo a súa distribución por grupos (mamíferos, aves, réptiles e anfibios), así como por meses.

 

Distribución dos rexistros por grupos.

Como se pode apreciar nos seguintes gráficos (Figuras 1 e 2), mais da metade dos rexistros correspóndense con aves, mentres que os anfibios son os que teñen menor representación. Estes resultados teñen certa lóxica posto que as aves son, con diferencia os vertebrados máis abundantes e que máis cruzan as estradas, sendo pois mais vulnerables aos atropelos. No caso dos anfibios, hai que ter en conta as particulares condicións metereolóxicas do 2007, con gran escaseza de choivas, que dalgunha maneira reduciu a súa mobilidade e polo tanto a súa sinestralidade. Cabe sinalar, ademais, que dos primeiros 4 meses do ano 2007 so temos un total de 15 rexistros (ningún en xaneiro, 3 en febreiro, 8 en marzo e 4 en abril; 13 son de mamíferos, un ave e un réptil). Como é ben sabido, trátase de meses chuviosos polo que sería normal que moitos anfibios sexan atropelados en ditos meses. De feito, nos poucos días que levamos de xaneiro de 2008 xa temos moitos mais rexistros (máis ou menos o triple) de anfibios atropelados que os rexistrados no 2007.

Distribución dos rexistros por meses.

            Como acabamos de indicar, dos 393 atropelados do 2007, so 15 foron rexistrados nos primeiros 4 meses, tempo no que se puxo en marcha o proxecto e se foron incorporando os diferentes colaboradores; polo tanto, nesta análise imos ter en conta soamente os 378 rexistros dos restantes 8 meses (de maio a decembro). Os datos obtidos amósanse no seguintes gráficos (Figuras 3 a 7), onde destaca o elevado número de rexistros do mes de decembro. O gran número de aves (72) xunto con case a totalidade dos anfibios (15 dos 16 rexistrados no 2007) fan que os rexistros de decembro sexan superiores a un cento. A media de atropelados por mes é de 47,25 rexistros, o cal implica mais de 3 animais cada 2 días. Tendo en conta os quilómetros de estrada abarcados no estudio, e pendente dunha análise mais elaborada, tratase dunha media moi alta, alomenos moito mais alta do agardado cando iniciamos o proxecto.

 

 

Actualizado o 14-01-2008

 

NORMAS DE RECOLLIDA DE DATOS DE FAUNA ATROPELADA

 

Texto e fotos: Manuel A. Pombal Diego

 

Como colaborar no proxecto:

En realidade é moi sinxelo, só necesitamos que as persoas que queiran botarnos unha man nos envíen os seguintes datos para cada rexistro: 

 

animal atropelado, data e lugar (o mais concreto posible) do atropelo. Se é posible, tamén algunha fotografía e coordenadas UTM.

 

En canto ao animal atropelado, o mellor e aportar a especie a que pertence, senón, alomenos o grupo ao que pertence (mamífero, ave, réptil ou anfibio), tendo en conta que, se é posible, sempre é mellor facerlle unhas fotos ao animal completo e a aqueles detalles que poidan axudar a identificar a especie. Sobre todo para os paxaros, tamén pode ser de interese incluír nalgunha foto un obxecto de tamaño coñecido (como unha moeda, un lapis, unha chave, un teléfono móbil, etc.) para ter unha referencia do tamaño do animal atropelado, dato que en moitos casos é fundamental para a súa clasificación. Ademais, un par de fotos nas dúas direccións da estrada na que foi atropelado serven para identificar con precisión o lugar onde foi atropelado. Outra posibilidade de localizar o lugar do atropelo é indicando as coordenadas UTM (cando sexa posible) ou sinalando a súa posición nunha foto aérea da zona; ditas fotos pódense obter dende o visor SIXPAC da Xunta de Galicia no seguinte enderezo de internet: http://www.xunta.es/visor/. Se alguén necesita algún consello de como obtelas fotos ou as coordenadas UTM, que se poña en contacto con nos, e lle facilitaremos as instruccións detalladas para facelo. Animamos, pois, a todas aquelas persoas interesadas nos aspectos ecolóxicos e medioambientais do Baixo Miño a participar neste proxecto (por exemplo, hai moitas persoas que tódolos días percorren varios quilómetros das nosas estradas para facer exercicio e que poderían ser de gran axuda se anotaran os animais atropelados que atopan e nos informaran). Cantos mais sexamos, mais realistas serán os datos obtidos, e polo tanto mellores serán tamén as conclusións ou as medidas que se puideran adoitar da análise dos resultados. Se queres axudar, podes ver de seguido unha plantilla modelo onde anotar cada un dos rexistros que atopes.

 

 

PLANTILLA

 

ESPECIE

DATA

LUGAR

UTM

COLABORADOR/A

FOTOGRAFÍA/

OUTROS DATOS

Exemplo

Píntega

 (Salamandra salamandra)

06-01-08

Cerca eirado de Pedornes (enfronte cabanón de Rosalía).

X: 510250

Y: 652050

Maribel Diego Pombal

 

Fotografada

1

 

 

 

 

 

 

2

 

 

 

 

 

 

 

Actualizado o 25-12-2007

 

RECOLLENDO DATOS DE ATROPELOS

 

Texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenzo

 

 

A visión non resulta moi agradable pero é o que hai.

As manchas amarelas axúdannos a identificar perfectamente de que animal se trata.

 

    Aínda que levamos un outono escaso de chuvias, cando estas fan acto de presencia, como aconteceu a noite entre o 8 e 9 de decembro, as píntegas saen do seu acubillo e un bo número delas van dereitiñas ás estradas. 

 

    Nun percorrido duns 200 metros que fixemos en Camposancos o día 9 pola mañán, entre o cemiterio e a estrada de subida da praia do Muíño, localizamos 4 exemplares que foron atropelados durante a noite pasada. Isto é unha pequena mostra do que ocorreu noutras estradas da comarca e do cal non temos dato ningún. Por iso, porque este estudio que estamos a levar a cabo coordinado polo socio Manuel A. Pombal, é de enorme importancia para coñecer importantes aspectos da nosa fauna en relación cos atropelos e, aínda, coa mobilidade e comportamento das diferentes especies, pedimos novamente a colaboración dos socios e da poboación en xeral para que nos envíe información dos animais que sucumbiron por atropelo. En principio válenos con que nos digan que clase de animal é así como o lugar no que foi observado, pero se é posible agradecemos tamén fotografías tanto do animal como unha vista xeral da zona onde se produciu o atropelo.

 

 

 

Vista parcial do tramos onde se localizaron os catro exemplares atropelados, na estrada de Camposancos.

 

 

Actualizado o 04-12-2007

 

MANUEL A. POMBAL, COORDINADOR DO PROXECTO

"FAUNA SILVESTRE ATROPELADA"

 

Texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenzo

 

       Manuel Angel Pombal, "Peque", decidiu non só ser membro de ANABAM, senón tamén traballar activamente na mesma. El é o impulsor e verdadeiro artífice do estudo que estamos desenvolvendo en relación á fauna silvestre atropelada do Baixo Miño. Cando aínda non se cumpliu un ano dende a posta en marcha deste proxecto, gracias a Peque  xa contamos con máis de 250 rexistros o que nos permite ter algunha idea do que acontece coas diferentes especies silvestres que cruzan a estrada Oia-A Guarda-Tui, que é onde se está a recoller o maior número de datos.

 

   Agardamos que os nosos socios, e cantas persoas desexen, colaboren neste proxecto e nos envíen datos da fauna atropelada, pois estamos seguros que de cando en vez, todos pasamos por algunha estrada da comarca onde algún destes animais sufriu un atropelo e seu corpo xace no asfalto.

 

     En fin, Peque pasa dende este mes de decembro a ser o coordinador responsable desta sección, encargándose do tratamento e estudo dos datos que vaian chegando.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Un coello recén atropelado fotografado por 

por M.A. Pombal

 

 

Serpe na estrada de Mougás, tamén fotografado por Manuel A. Pombal.

 

SE OBSERVAS ALGÚN ANIMAL SILVESTRE ATROPELADO,

POR FAVOR ENVÍANOS UN E-MAIL INDICANDO TÓDOLOS DATOS QUE PODAS 

CO FIN DE INCLUILO NO NOSO ESTUDO.

GRACIÑAS. 

 

 

Actualizado o 08-10-2007

 

DATOS DE XANEIRO A AGOSTO DE 2007

 

Texto Agustín Ferreira Lorenzo

 

      Gracias, fundamentalmente, ao labor desenvolvido por Manuel A. Pombal, profesor na Universidade Viguesa, investigador e membro desta asociación, xunto coas aportacións de Agustín Ferreira e Noé Ferreira, levamos rexistrados case que 170 citas de animais silvestres atropelados nas estradas do Baixo Miño. A maior parte destes datos corresponden a estrada principal, a comarcal Oia-A Guarda-Tomiño-Tui. De contar con máis colaboración, seguramente esta cantidade se multiplicaría cando menos por tres ou catro, permitindo coñecer máis polo miudo os principais puntos conflictivos para a fauna e a incidencia dos atropelos na mesma.

 

    Os datos que temos rexistrados ata finais deste agosto pasado, danos o seguinte resultado:

 

77 mamíferos

72 aves

20 réptiles

 

    Agora, cando empece o periodo de chuvias, o listado anterior se verá ampliado polos anfibios, entre estes polas observacións efectuadas (aínda que non rexistradas) en anos anteriores, a saramaganta común, seguido dos sapos (común e corriqueiro) ampliarán o número de exemplares que son víctimas da circulación.

 

MAMÍFEROS:

 

 

Ourizo (Foto: M.A. Pombal "Peque")

 

    O Ourizo segue cada vez máis destacándose entre tódalas especies que son atropeladas, nada menos que temos 46 rexistros, moi lonxe do coello ou da rata, ámbalas dúas especies con 9 rexistros.  

 

MAMÍFEROS CANTIDADE
Coello 9
Esquío 1
Garduña 2
Morcego 1
Ourizo 46
Raposa 2
Rata 9
Teixugo 1
Xabarín 1
Xeneta 2
Sen identificar 3
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

AVES

 

Lavandeira (Foto: M.A. Pombal "Peque")

 

     No que respecta ás aves, o merlo ocupa o primeiro lugar, aínda que é posible cambiar bastantes datos unha vez analicemos máis polo miudo as fotografías das que están sen identificar.

 

ESPECIE CANTIDADE
Andarríos 1
Curuxa 1
Gorrión 4
Lavandeira 2
Merlo 6
Pomba 3
Verderolo 6
Sen Identificar 48

 

 

 

 

 

 

RÉPTILES 

 

 

Cobregón (Foto: Agustín Ferreira)

 

       No que respecta aos réptiles, hai que destacar que case que o 50 % dos atropelos corresponden á cobra de escada, sorpréndemos un pouco o escaso número de lagarto arnal, pois sempre cremos que sería un dos réptiles máis castigados.

 

 

ESPECIE CANTIDADE
Cobra de escada 9
Cobregón 5
Lagarto arnal 2
Cobra sen ident. 4

 

 

 

 

 

     Nos gustaría poder contar con máis colaboradores neste proxecto pois hai moitas estradas da comarca baixomiñota, que sen esa colaboración é imposible ter datos.

 

     Lembramos que para os que desexen colaborar os datos mínimos que teñen que tomar son os seguintes:

 

     Clase de animal (se é posible a súa identificación mellor).

     Lugar do atropello (canta máis precisión neste dato, moito mellor. Podemos  obter datos concretos acudindo ao SIGPAC: http://www.xunta.es/visor/).

 

      Se temos posibilidade lle sacaremos varias fotografías (primeiros planos) o que nos facilitará coñecer o seu estado, a confirmación da especie e as veces o sexo. Ademais da ave, se tomará algún plano xeral da zona na que se produciu o atropelo.

 

    A partir de aí, tódolos demais datos que se nos poidan aportar son ben recibidos xa que moitos deles nos poden axudar a sacar conclusións, outros datos no futuro, etc.

 

   Así que, dende aquí facemos un chamamento a socios e non socios para que colaboen neste proxecto de FAUNA SILVESTRA ATROPELADA NO BAIXO MIÑO (Concellos de Oia, O Rosal, A Guarda, Tomiño e Tui).

 

 

COLABORADORES: Agustín Ferreira Lorenzo

                               Noé Ferreira Rodríguez

                               Manuel Angel Pombal

 

 

Actualizado o 04-06-2007

 

O OURIZO COMÚN ACAPARA MÁIS DO 50 % DOS ATROPELOS

 

Texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenzo

 

    Dos datos que temos recollidos ata o de agora, correspondentes á fauna silvestre atropelada nas estradas do Baixo Miño, máis do 57 % corresponden a ourizos (Erinaceus europaeus) que se convirten, deste xeito, na principal especie víctima da circulación.  

    

 

 

 

Lagarto arnal femia atropelado na baixada á praia do Muíño (Camposancos-A Guarda). Obsérvese dous ovos ó seu carón. (Foto: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam; 04-06-2007)

 

 

 

Cobra de escada (Elaphe scalaris) atropelada en Sanxián (O Rosal) estrada A Guarda-Oia.  (Foto: Manuel A. Pombal-anabam; 21-05-2007)

 

 

Cobregón (Malpolon monspessulanus) na estrada de Camposancos, fronte á baixada á praia de Muiño (05-06-2007).

 

 

Restos dun ourizo cacheiro (Erinaceus europaeus) na estrada A Guarda-Tui, á altura de Goián. (Foto Manuel A. Pombal-anabam; 21-05-2007).

 

 

Lavandeira branca (Motacilla alba) na estrada de O Rosal. (Foto: Manuel A. Pombal-anabam; 21-05-2007).

 

 

Rata en Mougás, fronte á depuradora, na estrada Oia-Baiona. (Foto: Manuel A. Pombal-anabam: 22-05-2007)

 

 

 

Actualizado o 07-05-2007

 

ASÍ VAI A RECOLLIDA DE DATOS DOS ATROPELOS NESTE PRIMEIRO  ANO

Reportaxe fotográfica de 

Manuel Ángel Pombal ("Peque")

 

    Xa temos en marcha a recollida de datos da fauna atropelada nas estradas do Baixo Miño. Nestes intres temos rexistradas seis especies: 

 

Verderolo (Carduelis chloris)............1..... (A Guarda)

Raposo (Vulpes vulpes).........1..... (A Guarda)

Ourizo (Erinaceus europaeus)........6 ..... (Tomiño; O Rosal; Oia)

Coello (Oryctolagus cuniculus)........1.....Oia

Garduña (Mustela ).........1.....Oia

Xabarín (Sus scrofa).........1.....O Rosal

Non identificados........2......A Guarda; Oia

 

   O Ourizo, como podemos ver, ven sendo, de momento, a especie que aparece máis frecuentemente atropelada.

 

 

Hai certas estradas e certos momentos nos que o número de atropelos pode ser importante. O maior perigo para a fauna silvestre pode aparecer na época de reproducción e na primavera. Hai tramos, como este na  entrada á Guarda, preto do antigo basurero de Bazar,  no que resulta certamente importante o número de atropelos. Na imaxe podemos observar (flechas) os restos de dous animais. 

 

 

Os coellos, aínda que non son habituais víctimas de atropelos, as veces, como neste caso (09-05-2007, As Mariñas, Oia) deixan tamén a súa testimuña de morte. 

 

 

Entre as especies con maior mortande nas nosas estradas, tal vez ocupando o nº 1 do racking, se atopan os ourizos. É rara a estrada na que non apareza algún exemplar atropelado.

 

 

Os animais nocturnos, como esta garduña, tamén resultan máis habituais do que quixeramos. Posiblemente deslumbrados polos faros dos automóveis, moitos animais quedan estáticos converténdose en carne de estrada.

 

 

Detalle das patas da garduña anterior. Algunhas das especies atropeladas son utilizadas por ANABAM

 

 

A garduña estaba repleta de carrochos o que obrigou tomar algunhas precaucións cando se manipulou.

 

 

 

Actualizado o 12-04-2007

 

PRIMEIROS DATOS DO PROXECTO

"FAUNA SILVESTRE ATROPELADA"

Texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenzo

 

 

Raposo atropelado na estrada de Camposancos, na zona de Saa.

(Foto 1)

 

      Nesta sección trataremos de ir poñendo os datos que nos cheguen correspondentes á fauna que resulta víctima dos accidentes de tráfico na comarca do Baixo Miño. Con isto pretendemos coñecer que animais son os que sucumben víctimas do asfalto; que especies sos as mais propensas e épocas nas que con maior frecuencia se dan e cales son as estradas e os puntos máis conflictivos, entre outros datos que se recollerán. 

   

     Agradecemos os datos enviados por aquelas persoas que desexen colaborar con este proxecto.  

 

     Os datos mínimos que se deben enviar son os seguintes:

    

      Nome do animal atropelado.

      Estrada e punto de atropelo (o máis detallado posible, pode ser de grande axuda para unha mellor precisión entrar no SIXPAC).

      Data de observación.

      Datos do colaborador.

 

    Ademais, cada colaborador pode enviar todos aqueles datos (incluidas fotografías) que considere oportunos.

 

ESPECIE DATA LUGAR COLABORADOR

Raposo (Vulpes vuelpes

(Véxase foto 1)

02-02-2007 Estrada Camposancos Ag.Fe.Lo.
Verderolo común (Carduelis chloris) 02-02-2007 Estrada Camposancos Ag.Fe.Lo.
Xabarí (Sus scrofa) 19-02-2007 Estrada A Gándara (A Guarda) -O Rosal. P.Q. 1 Ma.Co.
Ourizo (Erinaceus europaeus) 31-03-2007   An.Fe.Lo.//Ri.Po.Vi.//Da.Po.Ro.
Ourizo (Erinaceus europaeus) 31-03-2007 Tabagón no cruce ás Eiras (Estrada A Guarda-Tui) An.Fe.Lo.//Da.Po.Ro.//Ri.Po.Vi.
Ourizo (Erinaceus europaeus) 09-04-2007 Tabagón, no cruce ás Eirás (Estrada A Guarda-Tui) Ag.Fe.Lo.//Ol.Ro.Vi.
Ourizo (Erinaceus europaeus) 10-04-2007 No cruce á ponte de Goián-Vila Nova Fe.Po.Ro.//Ri.Po.Vi.

COLABORADORES: 

     Ag.Fe.Lo.: Agustín Ferreira Lorenzo;  Ma.Co.: Mannuel Coimbra

     An.Fe.Lo.: Antón Ferreira Lorenzo;    Da.Po.Ro.: David Portela Rocha     

     Ri.Po.Vi.:  Ricardo Portela Vilas        Ol.Ro.Vi.: Olga Rodríguez Vicente

     Fe.Po.Ro.: Fernando Portela Rocha

 

As plumas das ás nos permiten coñecer claramente a especie desta ave atropelada: o verderolo común.