|
| |
|
GAIVOTAS NO BAIXO MIÑO
31-10-2010: Resultados da nidificación de gaivota clara (Larus michaellis)
na Guarda.
28-09-2010: Remata o censo de polos e niños de gaivota.
27-07-2010: Aniñamento de gaivotas en penedos da Guarda.
10-07-2010: Novos datos de da nidificación de gaivotas na Guarda.
08-06.2010: Localizando niños de gaivotas na Guarda.
05-05-2010: Iniciado o seguimento da nidificación de gaivotas.
22-04-2010: As diferentes especies de gaivotas no Baixo Miño.
10.02-2010: En proxecto un estudo da nidificación de gaivotas.
|
|
|
|
|
|
|
|
GAIVOTAS: PROXECTO LARUS
(CENSO DE NIÑOS DE GAIVOTAS)
|
|
Actualizado o 31-10-2010 |
| |
RESULTADOS DA NIDIFICACIÓN DE
GAIVOTA
CLARA ( (Larus michaellis) NA GUARDA
|
|
| |
|
|
|
|
| |
|
150 NIÑOS
300 POLOS |
|
|
| |
|
|
|
|
|
Nos barrios de Salcidos e Camposancos non se detectou ningún niño. No caso de
habelos non chegarían a tres. A parroquia da Guarda, acada a área de
nidificación de Larus michaellis. |
|
TÁBOA DE
RESULTADOS
 |
|
Aos datos anteriores estimamos que
habería que engadirlle un 15 % máis correspondente a posibles
niños e polos que non foi posible detectalos, polo que a
poboación de parellas reproductoras estarían nas 141 e o número
de polos sería de 284. Redondeando esta cifra estimamos un
máximo de 150 parellas, que afectarían a outros tantos
edificios, e de 300 polos, establecendo a media en dous polos
por niño. |
| |
|
O traballo
de campo comezou a finais do mes de febreiro e rematou a
mediados de outubro. Durante este tempo foron dedicadas máis de
200 horas ao traballo de campo, percorrendo as rúas do núcleo
urbano da Guarda na procura dos datos que nos permitiran coñecer
a situación da nidificación de gaivotas nesta vila. |
|
|
| |
|
|
|
|
|
O
Proxecto Larus permanecerá activo tres anos
máis co fin de recoller a suficiente información que nos
permita coñecer a evolución da nidificación de gaivotas no
municipio guardés. Deste xeito o estudio vai permitir saber
se a nidificación de gaivotas aumenta, diminúe ou permanece
sen variación apreciable. |
|
|
A eclosión dos ovos prodúcese dende finais de maio ata o mes de
xuño. Os últimos polos nacidos abandonarán o niño a finais de
agosto. |
|
 |
| |
|
|
|
|
| |
|
 |
No mapa da esquerda, correspondente ao municipio da
Guarda, pode verse, en amarelo, a zona de nidificación
da gaivota clara.
Ocupa a
maior parte do núcleo urbano e exténdese cara ao sur con
límite nos penedos de A Grelo, unha zona que conta con
tres ou catro edificacións de planta baixa e piso, pero
que as gaivotas preferiron nidificar nos penedos
próximos.
Como se aprecia, a área de nidificación vai parelela ao
tramo costeiro, coincide na súa totalidade coa
superficie edificada e polo tanto as molestias para os
residentes, principalmente os que se asentan nos
edificiacios ocupados polos niños, van ser evidentes,
esta é a razón das protestas de moitos veciños, pero que
a solución non e doada dado que, como porto de mar, é o
prezo que hai que pagar.
|
| |
|
|
|
|
 |
|
Á esquerda, plano de situación cos seis núcleos de
nidificación. |
|
|
| |
|
|
|
|
| |
|
|
|
|
|
| Actualizado o 28-09-2010 |
|
REMATA O
CENSO DE NIÑOS E POLOS DE GAIVOTA

Finaliza o mes de setembro e con el tamén o
1º censo de niños e polos de gaivota
levado a cabo no Baixo Miño. Agora queda o traballo de estudar os datos
recollidos, redactar a memoria e presentar estes datos ao Concello (que
apoiou este traballo) e á poboación. Na vindeira actualización desta web xa
disporemos probablemente destes datos que aparecerán na mesma.
A participación e colaboración cidadana foi máis ben escasa e iso que é
moita a xente que comenta o tema da nidificación de gaivotas nos tellados,
tampouco nos estrana porque é o que suele acontecer frecuentemente, falar
fálase pero colaborar xa é outra cousa. A pesar diso, pensamos que este
primeiro censo de niños e polos de gaivota nos vai aproximar á realidade da
nidificación desta especie no municipio da Guarda e cos resultados acadados,
saberemos como se atopa na actualidade este feito. Non temos datos da
nidificación dos anos anteriores, así que, este 2010, será o punto de
partida para os censos que levaremos a cabo nos vindeiros anos e que nos
permitirán coñecer como se desenvolve a poboación de gaivotas neste
municipio.
|
| Actualizado o 27-07-2010 |
|
AS GAIVOTAS GUARDESAS TAMÉN ANIÑAN
EN SENDOS PENEDOS, FORA DO CASCO URBÁN GUARDÉS

Aínda que a foto
non é de calidade, día de névoa, distancia considerable e cámara normaliña,
podemos ver un par
de polos sobre un dos penedos na zona da Grelo, próximos ao muíño de vento,
pouco despois do porto gurdés.

Noutro penedo,
próximo ao anterior, unha gaivota monta garda.
Neste lugar tamén
había dous polos.
O seguimento que estamos a
facer dos niños e polos de gaivotas na Guarda, deparounos unha sorpresa: ata
agora estabamos convencidos que as gaivotas soamente aniñaban nos tellados
do núcleo urbán guardés, pero a realidade é algo diferente. En efecto. Como
estamos a comprobar, case que o 100% das gaivotas nidificantes, constrúen os
seus niños nos tellados. Pero o case, ou sexa, a excepción que confirma a
regra, dícenos que algunhas buscan outros lugares. Puidemos comprobalo con
dúas parellas que elixiron sendos penedos existentes na zona da Grelo, entre
a praza de San Queitano e o muíño de vento, Custounos un pouco ver os
polos, porque durante días so observábamos a algún dos proxenitores facendo
garda. Por fin, de mañanciña, un día de néboa, alí estaban. Dous polos en
cadanseu penedo chamando aos pais.

Un dos penedos que
sobresaen do terreo cunha caida de dous ou tres metros pola cara oeste.
Están nun terreo
de monte baixo (silveiros e fentos principalmente).
|
| Actualizado o 10-07-2010 |
|
NOVOS DATOS DA NIDIFICACIÓN DE GAIVOTAS NA GUARDA
Pouco a pouco imos ampliando os datos correspondentes á nidificación das
gaivotas no Baixo Miño. Como resumo dos mesmo, poñemos a continuación os
datos globais recollidos ata o momento de actualizar esta páxina. Seguimos a
pedir a colaboración de todos, fundamentalmente daquelas persoas que dende a
súa vivenda dominan os tellados e poden ter doada a observación de presenza
de polos. Con este tipo de censos poderemos saber como evoluciona a
nidificación destas aves no municipio da Guarda. Se vai a máis ou non; onde
se localizan as principais zonas de nidificación ou se no futuro haberá que
tomar medidas para controlalas.
| |
|
MES |
Nº DE NIÑOS |
Nº DE EDIFICIOS |
Nº DE POLOS |
Nº DE RÚAS |
Nº MÁXIMO POLOS/NIÑO |
Nº MÍNIMO POLOS/NIÑO |
| Xuño |
8+14* |
21 |
35 |
11 |
3 |
2 |
| Xullo |
1+4* |
5 |
8 |
5 |
2 |
1 |
|
|
*NOTA:
O primeiro nº é o dos niños que se rexistraron, o segundo nº corresponde a
edificios onde se viron polos e non se rexistraran previamente os niños.
Os
datos foron recollidos por Agustín Ferreira Lorenzo
Colaboradores: Yolanda Pazos Giráldez; José Benito Guerreiro Álvarez; Elena
Rodríguez Núñez.

Unha gaivota con
dous pitos no tellado da lonxa guardesa. (Foto: Agustín
FerreiraLorenzo-anabam)
Neste mes de xuño comezaron verse os primeiros polos de gaivota nos tellados
dos edificios da Guarda. ANABAM iniciou o Proxecto Larus que
ten por obxecto recoller datos da reprodución desta especie na vila guardesa,
un fenómeno que vén producíndose dende a década dos noventa e que foi en
aumento. Ata agora non hai ningún estudo feito a este respecto polo que non
se sabe a ciencia certa o número de parellas que aniñan nesta localidade,
como tampouco se sabe cal é a principal área de cría na mesma ou o número de
polos que nacen. Tampouco hai un censo de número de gaivotas "estivais"
presentes. Estes, e outros aspectos, son o obxecto do Proxecto Larus
cuxa información podería servir para, se hai necesidade, saber se é
necesario actuar na poboación de gaivotas.
Para conseguir isto, é fundamental contar coa colaboración dos veciños, pois
moitos dos niños resultan imposibles de detectar dende a rúa e soamente son
visibles dende as ventás e azoteas dos edificios próximos. Neste aspecto, xa
contamos con algúns colaboradores que fixeron chegar os primeiros datos de
niños e polos.
|
| Actualizado o 08-06-2010 |
|
Fotos de Yoli Pazos Giráldez
LOCALIZANDO NIÑOS DE GAIVOTA

Xa nos chegaron os primeiros datos de niños de
gaivota criando na vila guardesa. Varios dos niños sitúanse nas proximidades
da zona portuaria, concretamente nos arredores da rúa Malteses. Algún está
máis ao interior, como sucede na rúa Joaquín Alonso . Esperamos máis
comunicados de niños co fin de facer un mapa de distribución e do número de
parellas existentes que podan servir nun futuro inmediato para tomar algún
tipo de medida e, sobre todo, para coñecer como vai evolucionando a
nidificación de gaivotas nesta vila mariñeira. Graciñas a Yoli e a Benito
Guerreiro por colaborar.

|
| Actualizado o 05-05-2010 |
|
INICIADO O SEGUIMENTO
DA NIDIFICACIÓN DE GAIVOTAS NA GUARDA
Dende o mes de marzo, as gaivotas deron comezo ao período reproductor que
ten como finalidade perpetuar a especie, algo que a máis dun non gusta pero
algo que é común a tódolos seres vivos do planeta. Sabemos que quen ten que
sufrir as consecuencias destes ruidosos e, en moitas ocasisóns, molestos
veciños, lles gustaría que este período reproductor non chegara. Tamén
sabemos que as consecuencias dos seus "misiles" lanzados en pleno vó,
non son de recibo (un xa tuvo a desagradable experiencia de sufrir un destes
impactos mentres camiñaba placidamente polo paseo marítimo), pero sexa ou
non do noso agrado, aí están.
Todos esperabamos que coa eliminación dos vertedoiros de lixo, controlados
ou incontrolados, legais ou ilegais, estas aves ían diminuír en número. Pero
non é así, e dende finais da década dos oitenta, comezaron a aniñar no máis
alto dos edificios, ou sexa, nos tellados, que era o que máis se lles
parecía aos acantilados onde adoitaban facelo. Algunha debeu dar o primeiro
paso e as demais non se quedaron atrás, e o que 20 anos atrás podería
considerarse como algo anecdótico, hoxe é habitual.
Dende ANABAM tratamos de facer un seguimento dos niños de gaivotas que hai
na Guarda. Para iso precisamos a colaboración da poboación, polo que, dende
aquí, agradecemos o envío de datos de aqueles niños que están sendo usados
polas gaivotas ou dos que se destrúen para evitar as molestias que producen.
|
.JPG)
|
Neste pasado mes de marzo, as gaivotas deron comezo aos rituais de
aparellamento e moitos tellados da Guarda vense copados por unha, dúas e
ata tres parellas destas aves. De aquí ata agosto, as algarabías e os
vos destas aves, serán o habitual en calquera das rúas do núcleo urbán
guardés. (Foto: Antón Ferreira Lorenzo-anabam). |
|
.JPG)
|
Non hai
cifras de cantos niños poden atoparse na zona da Guarda, pero ANABAM
estima que poderían andar entorno aos 100, distribuídos principalmente
nos barrios da Marina; a Vila; Ribadavila; Solanas e parte de San
Queitano. Na fotografía, unha gaivota chocando os ovos. (Foto:
Antón Ferreira Lorenzo-anabam).
|
|
| Actualizado o 22-04-2010 |
|
AS DIFERENTES ESPECIES DE GAIVOTAS NO BAIXO MIÑO

Gaivotas
patiamarelas no porto da Guarda.
(Foto: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam)
No Baixo Miño galego-portugués, atopamos catro especies de gaivotas que
teñen a súa área de distribución nestas latitudes e que frecuentan os portos,
os rochedos do litoral e as praias. Ocasionalmente poden verse outras
especies de láridos.
As gaivotas presentes son as seguintes:
>>GAIVOTA PATIAMARELA (Larus cachinnans)
A máis abondosa. Dende hai uns anos aniña na Guarda. Ten as ás de cor gris
claro. Patas polo xeral amarelas.
>>GAIVOTA ESCURA (Larus fuscus)
Parecida a anterior pero ten as ás escuras. Non aniña na zona. É menos
numerosa. Do mesmo tamaño que a anterior.
>>GAIVOTA CHORONA (Larus ridibundus)
A máis pequena das gaivotas. Non aniña na zona. Na primavera e verán ten a
cabeza escura. No outono e inverno presenta a cabeza é branca cunha mancha
escura detrás dos ollos. Moi ruidosa.
>>GAIVOTÓN (Larus marinus)
A máis grande de todas, case que vez e media o tamaño da gaivota patiamarela.
Individuos solitarios. Na cor é semellante a gaivota escura.

As gaivotas acadan
a plumaxe de adultos aos catro anos. Aquí vemos unha gaivota patiamarela de
primeiro ano.
(Foto: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam)

Gaivota clara de 2º ano. Obsérvese que a cabeza mudou de cor, con tendencia ao
branco e xa empezan a verse plumas grises no lombo. (Foto:
Agustín Ferreira Lorenzo-anabam)

Gaivota
patiamarela adulta. (Foto: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam)
|
| Actualizado o 10-02-2010 |
|
EN PROXECTO O ESTUDIO DA NIDIFICACIÓN DE
GAIVOTAS NA GUARDA

Das catro especies de gaivotas que se poden
ver no Baixo Miño (gaivota chorona -Larus ridibundus-; gaivota
patiamarela -Larus michaellis-; gaivota escura -Larus fuscus- e
gaivotón -Larus marinus-), soamente unha aniña na comarca: a gaivota patiamarela. Faino dende hai uns 20 anos, aproximadamente dende
principios da década dos noventa. Primeiro foron poucas parellas
distribuídas as que iniciaron o proceso na vila guardesa. Na actualidade,
ANABAM estima que as parellas reproductoras que crían no núcleo urbán
guardés deben rondar o centenar. É esta unha estimación subxectiva que
posiblemente poda quedarse curta.
Dende este ano, ANABAM vai
intentar obter os primeiros datos reais do número de parellas reproductoras
na vila guardesa, principal zona de cría, tal vez a única, do Baixo Miño.
Para iso, será preciso contar coa colaboración dos propietarios e veciños
dos edificios onde estas aves aniñan, e que nos den a información das mesmas.
Será un traballo de campo que vai permitir coñecer con exactitude a
situación destas aves na actualidade e como avanzará ou retrocederá nos
vindeiros anos. Esperamos contar, para a boa marcha deste traballo, coa
colaboración cidadá, porque será a única forma de ter o maior número de
datos posible.
|
|