anabam

traballando polo patrimonio natural

do Baixo Miño galego-portugués

 

anabam.anabam@terra.es     

 

 -ANABAM

-CAMPAÑAS

 -EVENTOS -  ACTOS

 -LEMBRANZAS

 -CONTACTO - HORARIO OFICINA-

 -ASOCIARSE

-ANABAM EN ACCIÓN

      -Saídas de Campo

-EDUCACIÓN AMBIENTAL

-ACTIVIDADES

-VOLUNTARIADO

-VISITAS GUIADAS

-CURSOS

-PUBLICACIÓNS

-VÍDEOS

 

ASOCIACIÓN  NATURALISTA  "BAIXO  MIÑO"

 

 

 

 

INICIO

 

PORTADA

 

PORTADAS ANTERIORES

 

PEGADAS

 

FENOLOXIA

 

FAUNA

 

MORTANDADE

 

INFORMACION

 

AGRESIONS

 

CARTAS

 

ANABAM VÍDEO

 

ODONATOS

 

 

P.E.S.

QUE E O PES

 

CAMARIÑA

 

CHARAXES JASIUS

 

PÍLLARA-BORRELHO

 

EURYNEBRIA

 

OTANTHUS MARITIMUS

 

HONCKENIA PEPLOIDES

 

WODWARDIA RADICANS

 

ANDORIÑA DE CU BRANCO

 

FENTOS ARBOREOS

 

 

TRABALLOS DE CAMPO

 

BOLBORETAS

 

CETÁCEOS

 

TARTARUGAS MARIÑAS

 

FAUNA ATROPELADA

 

CENSO AVES ACUÁTICAS

 

ANDORIÑAS DO BAIXO MIÑO

 

PROXECTO LARUS

 

UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA

 

REXISTRO DE PEGADAS

 

ETNOGRAFÍA

ÚTILES E APARELLOS

 

MARCAS DOS MARIÑEIROS

 

 
 
MERCADIÑO
 

 

 

GAIVOTAS: PROXECTO LARUS (II). DATOS 2011:

  Larus cachinnans. Diferenzas entre adultos e subadultos.

 

GAIVOTAS: PROXECTO LARUS (II). DATOS 2011:

 28-02-2011: Iniciamos a segunda tempada de censos.

 

GAIVOTAS: PROXECTO LARUS (I). DATOS 2010:

31-10-2010: Resultados da nidificación de gaivota clara (Larus michaellis) na Guarda.

28-09-2010: Remata o censo de polos e niños de gaivota.

27-07-2010: Aniñamento de gaivotas en penedos da Guarda.

10-07-2010: Novos datos de da nidificación de gaivotas na Guarda.

08-06.2010: Localizando niños de gaivotas na Guarda.

05-05-2010: Iniciado o seguimento da nidificación de gaivotas.

22-04-2010: As diferentes especies de gaivotas no Baixo Miño.

10.02-2010: En proxecto un estudo da nidificación de gaivotas.

 

 

COORDINADOR DO PROXECTO Larus

 

 

Agustín Ferreira Lorenzo

     

 

FAUNA Larus cachinnans

DIFERENZAS ENTRE INDIVIDUOS ADULTOS E SUBADULTOS

 

     

Actualizado o 28-02-2011

 
 

  Larus cachinnans

      Exemplar adulto de gaivota clara, coa plumaxe característica de verán, destacando a cor gris das ás e branco no resto do corpo.

(Fotografía: Agfelo-anabam)

 
         
 

 

       Outro exemplar adulto, neste caso en plumaxe invernal, onde pode apreciarse como a  caluga ten riscas escuras. As patas desta especie poden ser amarelas ou de cor alaranxada, coma se pode ver nesta e na anterior fotografía. Tamén comparando as fotografías podemos apreciar coma o peteiro pode presentarse con diferente tonalidade: amarelo claro ou máis escuro.

   Nos dous casos, os individuos teñen catro ou máis anos, que é cando adquiren a idade adulta e poden xa procrear.

(Fotografía: Agfelo-anabam)

 

 
         
 

 

     Exemplar de terceiro ano. Apréciase coma gran parte das ás xa aduiriron unha tonalidade gris clara e, no resto do corpo, destacan a cor abrancazada dos individuos adultos. O peteiro tamén empeza a adquirir a tonalidade propia da especie, ao igual que as patas, pero aínda conserva en parte a cor escura dos exemplares inmaduros.

(Fotografía: Agfelo-anabam)

 

 
         
         
 

        Exemplar de segundo ano, aduirindo xa unha tonalidade máis clara pero mantendo aínda o moteado das súas plumas e seguindo coas patas rosadas. Mesmo algunas plumas das ás xa aparecen cunha tonalidade lixeiramente agrisada. O peteiro non é tan escuro coma nos individuos de menos de dous anos.

(Fotografía: Agfelo-anabam)

 

 
 

 

     
 

       Exemplar de primeiro ano. Predominio da cor moteada, peteiro totalmente escuro e patas rosadas.

(Fotografía: Agfelo-anabam)

 

 
         
 

        Polo de dous ou tres meses, recén saído do niño. Plumaxe moi escura, totalmente moteada e cabeza con tonalidade escura. Patas rosadas.

(Fotografía: Agfelo-anabam)

 

 
         
 

      Dous exemplares de diferente idade: o superior é un polo recén saído do niño, de dous ou tres meses de idade. Obsérvese a cabeza moi escura. O inferior é un individuo de primeiro ano.

(Fotografía: Agfelo-anabam)