|

| |
|
PLAN DE ESPECIAL PROTECCIÓN DE:
PÍLLARA PAPUDA
BORRELHO-DE-COLEIRA-INTERROMPIDA
(Charadrius alexandrinus)
| |
CO PATROCINIO DA
|
|
 |
WEEDEN FOUNDATION |
|
I
| |
|
|
Actualizada o
28-02-2012 |
|
| |
|
|
|
|
| |
 |
|
| |
|
|
|
|
| |
 |
|
Na recente visita efectuada ás praias de Afife,Arda e Paçó (11-02-2012)
polo Grupo de Traballo de ANABAM, na que o obxectivo foi o de
recoller diversa información de campo, procedemos tamén a efectuar o
reconto dos exemplares de píllara papuda presentes nos areais citados. O
resultado foi que soamente atopamos individuos na praia de Arda, un
total de 18 exemplares, machos e femias, que se achaban agrupados
próximos á beira do mar.
As pegadas destas aves na area (segunda das fotografías), xa nos puxo en
garda que tiñan que estar preto de nós. En efecto, non tardamos en
velas, procedendo de inmediato a contalos.
As tres praias citadas forman, na práctica, unha única unidade
separadas, as dúas primeiras, entre sí, por dous regatos. A de Paçó está
separada da de Arda por unha estreita franxa de rochedos graníticos.
Temos que lembrar que en todas estas praias, as píllaras papudas están
presentes ao longo de todo o ano e ademais, son utilizadas por estas
aves como lugar de nidificación. |
|
| |
|
|
|
| |
 |
|
|
| |
|
|
|
|
|
|
Actualizado
o 30-03-2009 |
|

Detalle da cabeza
dun macho de píllara papuda. (Foto Luis Dorado Senra-anabam)
Agora que xa estamos a piques de rematar o mes de marzo, entramos de cheo no
período de cría da píllara papuda, esa pequena ave, do tamaño aproximadamente
dun merlo, que aniña na franxa portuguesa anexa ao Esteiro do Miño e tamén
na galega, na praia de Camposancos, aínda que en moito menos cantidade. O
pasado ano, esta ave non se decidiu pola marxe dereita do Miño, tal
vez, como apuntamos no seu momento, tivo poderosas razóns climatolóxicas?? para non verse
obrigada a facelo. Se esas razóns foron o motivo, temos que alegrarnos por
elo. Este ano, as condicións meteorolóxicas parece que non van ser tan
adversas coma as do 2008, así que, teremos moitas probabilidades de que algunha parella
cruce o río e se achegue ata a praia de Camposancos para reproducirse. Pola nosa parte, xa estamos organizando o
material necesario por si tivéranos que intervir na protección dos niños, de momento, extremaremos as
observacións e visitas á praia para ter controlada a situación en todo
momento.

Macho de píllara papuda
(Fotografía: Luis Dorado Senra-anabam) |
| Actualizado o 29-05-2008 |
|

A praia de
Vilapraia de Âncora é un dos lugares onde aniña a píllara papuda.
Nesta primavera,
as condicións meyeorolóxicas pouco ou nada favorables para os usuarios da
praia, motivou que
os areais
estiveran desertos, como se pode ver nesta fotografía obtida o pasado 3 de
maio, favorecendo deste xeito o aniñamento da píllara papuda. (Foto Ricardo
Portela Vilas-anabam)
REDÚCENSE AS POSIBILIDADES DE QUE A
PÍLLARA PAPUDA
ANIÑE NESTE ANO NA PRAIA DE CAMPOSANCOS
Por primeira vez en dez anos, a píllara papuda podería non aniñar na praia
de Camposancos. Tódalas prospeccións levadas a cabo neste areal da
desembocadura do Miño no que vai de ano, deron negativo e nin siquera houbo presencia de
exemplares ata o de agora.
A píllara papuda utiliza esta praia unicamente para aniñar, desplazándose
dende a veciña marxe portuguesa, onde ten importantes efectivos, ata a beira
galega onde dúas ou tres parellas chegaban a se reproducir.
Pero este ano a presencia destas aves nesta parte do río aínda non se
produciu. Dado que estamos xa no mes de xuño, as posibilidades de
aniñar vense moi reducidas, si ben aínda temos por diante un mes e medio que
pode dar para moito.
As posibles causas de que este ano non se producira o esperado aniñamento
pode deberse ás condicións meteorolóxicas tan excepcionais que houbo nestes
tres últimos meses, coincidentes co inicio do período reproductor da píllara.
As temperaturas máis ben baixas, os ceos casi que continuamente
anubados e as persistentes chuvias caídas un día sí e outro tamén, motivaron
que a afluencia de usuarios nas praias portuguesas fose nulo ou
practicamente nulo. As píllaras non se veron sometidas a unha forte
presión por parte daqueles, os niños non se estragaron e as condicións do
aniñamento nesas praias resultaron ser excepcionalmente favorables para elas, razón
pola que, como acontecía nestes anos atrás, non se veron forzadas a buscar
novas zonas de aniñamento, polo que poideron -poden- levar con éxito a
reproducción nos areais portugueses (Camarido, Moledo, Vilapraia de Âncora;
Afife e Paçó), zonas de presencia habitual destas aves.
De feito, nunha visita efectuada a Vilapraia de Âncora por membros de ANABAM,
en 15 minutos e nun tramo de dus 200 metros, atopamos dous niños que
protexemos con ramallos existentes na propia praia.

Ovos de píllara
papuda. Fotografía obtida na praia de Vilapraia de Âncora o pasado 3 de maio.
(Foto: Antón
Ferreira Lorenzo-anabam).

Membros de ANABAM
protexendo un niño con ramallos para evitar que
fora pisado.
(Fotografía Antón Ferreira Lorenzo-anabam).
|
|
Actualizado o 31-03-2008 |
|
XA ESTÁN EN MARCHA AS MEDIDAS DE SEGUIMENTO DOS
POLOS DE PÍLLARA PAPUDA
Fotos:
Jose Arcas e Marta Robles.
Xa estamos a prepararnos para a tempada de aniñamento da píllara papuda
na praia de Camposancos (A Guarda), que esperamos aconteza, un ano máis,
a partires do vindeiro mes de abril. Nesta ocasión ampliaremos o proxecto
co anelamento dos polos que nazan nesta praia. Para isto imos contar coa
inestimable colaboración de tres expertos aneladores que se ofreceron a
esta asociación para colaborar no proxecto: Marta Robles, José Arcas e
Marcos P, que xa teñen traballado noutras áreas da Península coa
píllara e, no Baixo Miño, anelando diferentes especies fundamentalmente
en Cabo Silleiro e na marisma de Salcidos.
O sistema que se vai empregar será a de anelas de cores que se lle
colocarán aos polos aos dous ou tres días de nacer. Deste xeito, cando
cheguen a adultos e abandonen o lugar de nacemento, poderemos comprobar se
os exemplares nados na praia de Camposancos quedan nos arredores, voltan a
esta praia para criar, etc. Será o primeiro traballo de anelamento sobre
polos de píllara papuda que se levará a cabo na praia de Camposancos.
Na
fotografía os tres aneladores cun paíño nas inmediacións de Cabo
Silleiro, un dos lugares de anelamento desta especie.
Fichas
onde figuran os datos dos anelamentos efectuados polo grupo de traballo.
|
|
ESTUDIANDO A POSTA EN FUNCIONAMENTO DE MEDIDAS DE
SEGUIMENTO DOS POLOS DE PÍLLARA PAPUDA.

O "Proxecto
píllara" vaise ver ampliado co anelamento dos polos.
Logo de conseguir que co "Proxecto Píllara" esta especie
aniñara con éxito na praia de Camposancos, imos iniciar unha nova fase
ampliando o mesmo co anelamento dos polos. Isto vainos permitir coñecer
se os polos nacidos nesta zona quedan todo o ano na mesma ou se desplazan
a outros lugares, se volven aniñar na praia de Camposancos ou non,
ademais nos permitirán obter outros datos que servirán para ampliar os
coñecementos desta especie no Baixo Miño. Para desenvolver esta nova
fase do proxecto imos contar coa colaboración dos aneladores vigueses
Marta Robles e Jose Arcas que se ofreceron para traballar no mesmo.

Dous membros de
ANABAM cercando a zona de aniñamento para evitar que a posta
se destrúa por
accidente e minimizar as molestias mentras os adultos chocan os ovos.
|
|
Actualizado o 27-08-2007 |
|
REMATOU A TEMPADA DE PROTECCIÓN DOS NIÑOS DE
PÍLLARA PAPUDA
Neste ano conseguimos que eclosionaran os oito ovos postos nos tres niños
que houbo na praia de Camposancos. Un éxito sen precedentes que nos
confirma que imos polo bo camiño. Lamentablemente, a parte máis difícil
e complicada --cando os polos abandonan o niño-- nos "chafou"
ata certo punto este éxito, pois somentes conseguimos que de cada niño
voara un único exemplar; aínda así, estamos contentos porque nesta
tempada conseguimos que sairan adiante o mesmo número de polos que nos
seis anos precedentes.

A femia, no
interior do xaulón, chocando os ovos. A malla permite que as píllaras
poidan entrar e saír cando o desexen, pero non así os corvos que se
converteron nos principais depredadores dos ovos.

Das tres postas
que houbo este ano, somentes nunha dela contaba con dous ovos, mentras que
nas outras dúas había tres. As pintas permiten que os ovos pasen
desapercibidos na area, o mimetismo é tal que resulta verdadeiramente
difícil decatarse das postas.

Polo ás poucas
horas de saír do ovo. O plumón permite unha perfecta camuflaxe no
entorno. Diante dun perigo, os polos permanecerán inmóbiles,
mentras os proxenitores os vixilan a certa distancia con continuas voces
de alarma.
|
|
Actualizado o 26-06-2007 |
|
CONTINUAMOS COAS MEDIDAS DE PROTECCIÓN DAPÍLLARA
Nunca ata agora tiveramos un resultado tan espectacular como está a
suceder neste ano. Nada menos que o 100 % das postas --tres niños e 8
ovos--, eclosionaron, un resultado que deixa moi atrás o conseguido
anteriormente, pois somentes neste ano xa superamos en tres os nacementos
habidos nos catro anos anteriores. A pesar de todo, non podemos
estar totalmente satisfeitos pois tres polos desapareceron aos poucos
días de nacer, así e todo, xa conseguimos que un dos que quedaron,
completara o ciclo iniciando o vó o pasado 19 deste mesmo mes de xuño, e
o outro está a piques de facelo nos dous ou tres vindeiros días. Os que
neceron hoxe, se conseguen completar o ciclo, voarán a finais do próximo
mes de xullo.

Socios-Voluntarios
de ANABAM traballando no xaulón que protexerá o niño da píllara de
posibles depredadores.
A parte máis conflictiva chega co nacemento dos polos. Dado que son
nidífugos, o xaulón xa non lles sirve de nada quedando expostos a
depredadores e usuarios da praia. No primeiro caso, cans e corvos son os
principaes responsables. No segundo caso, están expostos a que sexan
pisados accidentalmente ou a que sexan collidos por usuarios que os cren
desamparados ou nenos que os perseguen, isto último é o que pensamos
poido ocurrir coa desaparición, o sábado día 9 de xuño cun dos polos.
Por iso é, a partir do nacemento, cando se precisa con maior intensidade
unha vixianza máis estricta deles. Aquí o voluntariado tan necesario,
xoga un papel fundamental.
|
|
Actualizado o 04-06-2007 |
|
ÉXITO NA PROTECCIÓN DOS NIÑOS DE PÍLLARA
Éxito rotundo e esperanzador son os calificativos que podemos poñer,
polo de agora, no que vai do proxecto píllara deste ano. Dos cinco ovos
correspondnetes ás dúas postas que había, naceron cinco polos, que son
tantos como os que naceron nos seis anos anteriores. Desgraciadamente,
dous destes polos desapareceron o día 24 de maio, dous días despois de
nacer, coincidindo co mal tempo que houbo entón: chuvia abondosa, frío,
temporal. Aínda así, seguimos pensando que, de momento, estamos tendo
éxito, porque é a primeira vez que conseguimos que ningún depredador se
fixera cos ovos e que ningún niño se estragara por causa algunha.
Por outra banda, contamos cunha nova posta que descubrimos o sábado
pasado, día 2 deste mes de xuño, polo que hacia finais deste mesmo mes,
se non pasa nada, deberian nacer novos polos.

Os polos son
nidífugos e as poucas horas de nacer xa se moven con certa axilidade
polos arredores. Cando os pais dan a voz de alarma ou presinten un perigo,
se agochan e permanecen inmóbiles ata que éste pasa. Esta é a etapa
máis problemática pois as medidas de protección deixan de ser efectivas
e os polos están a merced de moitos perigos: depredadores, pisoteo, etc.

O cor críptica
do plumón superior lles permite camuflase perfectamente no entorno.
|
|
Actualizado o 07-05-2007 |
|
INICIADA A TEMPADA DE PROTECCIÓN DOS NIÑOS DE
PÍLLARA
Comezou a tempada de aniñamento da píllara papuda (Charadrius
alexandrinus) na praia de Camposancos (A Guarda). Tamén, con elo,
dende ANABAM puxemos novamente en marcha o Proxecto Píllara, co
que pretendemos protexer e facilitar o aniñamento desta pequena ave dos
areais. Como é habitual, descuberto un niño, procedemos a tomar as
correspondentes medidas para evitar que a actividade humana (limpeza do
areal e usuarios) poda estragar os niños e, ó mesmo tempo, salvagardar
as postas dos depredadores, fundamentalmente cans e corvos.
No momento de redactar estas liñas contamos con dous niños, un situado
na praia do Puntal (28-04-2007) e outro na praia do Muíño (04-05-2007).
Se todo vai ben,
hacia finais de maio nacerán os primeiros polos que non
emprenderán o vó ata despois de mediados de xuño.
Agora é preciso poder contar con voluntarios/as que nos voten unha man na
vixianza, pero sobre todo cando nazan os polos porque imos ter traballo
dabondo para conseguir que os aniñamentos completen o ciclo e os polos
poidan voar libremente.

Socios-Voluntarios
de ANABAM construindo un dos xaulóns que servirá de protección dun dos niños
contra os depredadores, fundamentalmente cans e corvos. Esta tempada
melloramos as xaulas e, no segundo dos niños atopados, xa utilizamos
outro sistema, como podemos apreciar na fotografía que ven a
continuación.

Este ano
melloramos esteticamente os xaulóns e agora o sistema que estamos
utilizando resulta máis cómodo de montar e máis agradable á vista.
Incluso a efectividade supoñemos que tamén será moito mellor, pois os
buratos da malla están reducidos suficientemente como para permitir que
entre a píllara pero non os corvos ou as gaivotas.

O niño queda no
centro da xaula, fora do alcance dos depredadores. A píllara pode tardar poucos
minutos, ou máis de media hora, en se acostumar ao xaulón. Pero cando
entre por primeira vez, despois xa non terá reparos en facelo novamente.

Unha vez
colocado o xaulón,se procede logo a bordear, nun radio duns dez-doce metros, ó entorno próximo
ao niño co fin de manter unha zona de seguridade entre éste e os
usuarios da praia. Con isto se consigue que a píllara non se erga con
moita frecuencia do niño.

O xaulón e o
valado forman un conxunto xa moi coñecido entre os usuarios desta praia.
Moitos destes usuarios contribuirán -mentras están na praia- a vixiar o
niño.

Dende hai sete
anos, ANABAM ven desenvolvendo medidas de protección do aniñamento. A
experiencia que se vai conseguindo ano tras ano, sirve para perfeccionar o
sistema, para recoller información do aniñamento e aínda para
concienciar e sensibilizar a moitos usuarios da praia.
|
|
Actualizado o 17-07-2006 |
|
NIÑO DE PÍLLARA PAPUDA
Cando as nosas esperanzas de que na praia de Camposancos houbera unha nova
posta de píllara estaban esfumadas, recibiamos en ANABAM, o domingo 10 de
xullo pasado, unha chamada comunicándonos que na praia do Forte
había tres ovos e un paxaro preto deles. A comunicación procedía do
garda municipal Parada quen, a súa vez, fora informado por unha usuaria
da praia, Yolanda Ferreira, que, xunto con outras persoas se percataran da
presencia do niño, procedendo a "delimitar" a zona do niño con
sendos pauciños que foi recollendo da praia para ter referencia en todo
momento do mesmo e avisar ás persoas que camiñaban próximos a el co fin
de que tiveran coidado de non pisar os ovos. De inmediato tres membros de
ANABAM, Noé, Aser e Agustín, dirixíronse hacia a zona para comprobar a
situación e ver que medidas tomar.

Viuse que se trataba
dun novo niño de píllara, o terceiro neste ano, así que comenzouse por
instalar un xaulón para protexer o niño e, a continuación, rodear un
perímetro duns oito metros arredor del con cinta. Logo esperamos a ver
como respondía a píllara con esta nova situación, pero non tardou en
introducirse no xaulón e agocharse enriba dos ovos. esta é aprimeira vez
que temos rexistrado un niño na praia do Forte.

Conservamos
no interior do xaulón os pauciños colocados por Yolanda Ferreira para
protexe-los ovos. A píllara non tivo reparo algún en introducirse
no mesmo ó pouco tempo.
O
día seguinte, aumentamos as medidas de seguridade, sobre todo de cara ós
corvos
e gaivotas, para evitar que estas aves podan facerse cos ovos, como é
habitual, e
estraguen
a posta e a última posibilidade neste ano de que os ovos
eclosionen.
Procedemos
a poñer outra rede con menor abertura nas mallas.

"O
tinglado" que hai na praia soe chamar a atención dos usuarios da
mesma. Os carteis colocados na mesma liña do valado informan do motivo do
mesmo e do aniñamento da píllara nesta zona. A comprensión é total por
parte de tódalas persoas, respetando a zona delimitada e interesándose
pola situación.
Se
todo vai ben, a finais deste mes de xullo deberan nacer os polos, a partir
de aí, entramos na parte máis conflictiva e difícil, pois os polos, ó
pouco de nacer, xa corren pola area pero ata 25 días despois non poderán
voar, estarán a merced de depredadores, persoas que por descoñecemento
podan collelos, cans ou raposos que os atrapen... Aquí será preciso
contar co voluntariado para ter algo de éxito, máximo tendo en conta que
agosto é o de máis afluencia de persoas e polo tanto agocharse pode
resultar máis que defícil.
|
|
Actualizado o 15 de agosto de 2006 |
|
Dende a
primeira vez que puxemos en práctica as medidas de protección, estas
foron "evolucionando" co obxecto de garantir o éxito.
Dunha simple e sinxela delimitación da zona de aniñamento a base de paus
atopados na propia praia, hai disto xa uns cinco anos, á actualidade,
fomos mellorando o sistema de protección para evitar que as máquinas
limpiadoras, as persoas, os cans, os raposos, os corvos ou as gaivotas
estragaran a posta. Fomos dando pasos, lentamente, iso sí, ata
conseguir que as postas non foran dañadas. E neste ano, aproveitando a
última oportunidade que nos quedaba na presente tempada, cando xa dabamos
por perdida a tempada, conseguimos que dous, dos tres ovos que había (o terceiro non estaba
fecundado), completaran o tempo para que naceran os polos.
Agora, tras un longo proceso de vixianza e de seguimento da posta e da
toma de medidas directas, na que interviron varios membros de ANABAM,
contando ademais coa colaboración de moitos ususarios da praia,
conseguiuse que os dous polos completaran o seu ciclo antes de
iniciar o vó. Fomos testigos do seu primeiro vó o mércores, 16 de
agosto a iso das 20:30 horas, nun día chuvioso e algo frío, voltando,
novamente, a súa habitual zona de estancia. Son, con éstes,
tres os exemplares que conseguimos, en cinco anos, que completaran o ciclo, pero neste caso, as medidas postas por nós e o seguimento levado a
cabo foi máis intenso e directo que na ocasión anterior. Lembramos
que neste ano houbera xa dúas postas, cada unha con tres ovos,
que non foron adiante debido a que os corvos se encargaron de dar boa
conta deles. Apareceo esta nova posta, última oportunidade da
presente tempada, complicamos máis o acceso dos córvidos aos ovos (principais
depredadores) e o seguimento, como dixemos máis arriba, foi máis
intenso. O resultado é todo un éxito. Aproveitamos para gravar todo o
proceso, o cal se convertirá nas vindeiras semanas nun novo documental
dos producidos por ANABAM.
Vai, de seguido, unha breve exposición fotográfica das medidas tomadas
co único obxectivo de conseguir o nacemento das píllaras papudas.

O
xaulón de protección dos ovos, dun metro de lado aproximadamente, estaba
formado inicialmente por unha malla metálica, das utilizadas na
construcción, pero con "ollos" bastante grandes. Deu bó
resultado contra os cans, pero non contra os córvidos. Posteriormente lle
engadimos unha malla máis pequena, aínda que deixamos algunha abertura
orixinal. Os corvos, aves intelixentes. buscaron o xeito de facerse cos
ovos.

Nesta
ocasión, cando puxemos a xaula, deixamos os pauciños, colocados pola
persoa que se decatou da presencia dos ovos, servindo tamén como
protección.

Ademais,
a certa distancia do xaulón colocamos unha segunda malla, de buratos máis
pequenos, que complicaba o acceso aos córvidos. O resultado foi que
éstes non se fixeron cos ovos, como era habitual, a pesares de que, polas
pegadas, estiveron nos arredores do xaulón.

A
sinalización colocada na zona contibui de xeito decisivo a que se
respetara a zona de aniñamento e a crear unha conciencia favorable.

Dispúxose
dunha información directa, como esta, na que se pretendía amosar como
era o niño e os ovos. Algúns membros de ANABAM explicaban que o
mimetismo destes é tal que "un pode pasar polo lado deles e non
decatarse de que están aí". Con iso tamén se evitou que a
lóxica curiosidade motivara que os usuarios pasaran ó interior do
recinto.

Os polos, un
naceo o día 21 e o outro o día 22 de xullo, son
coma unha boliña de algodón manchada superioremente, que se move enriba de dous
pauciños. Ó pouco de saír do ovo xa se desplazan con certa soltura polos
arredores. Foron a grande atracción da praia, contribuindo a
crear nos usuarios un interese e uns coñecementos desta especie das que
antes carecían. Moitas persoas asiduas da praia, non deixaban pasar
a oportunidade para comprobar diariamente como se desenvolvian, como
progresaban, onde se situaban.
 
Foron
colocados distintos carteis nos arredores da zona de aniñamento. A
información contida nos mesmos serviu para que a maioría dos usuarios da
praia amosasen grande interese por estas aves, preocupándose polo
desenvolvemento dos polos e a súa seguridade.

O
xaulón ocupaba o centro do valado feito con cinta. Uns 15 metros de
radio era a distancia entreo xaulón e o perímetro.
|
| |
ANIÑAMENTO
DA PÍLLARA PAPUDA
NA
PRAIA DO PUNTAL
(CAMPOSANCOS-A
GUARDA)
Un ano máis, dúas parellas de píllaras papudas elexiron a praia do
Puntal en Camposancos (A Guarda), para reproducirse. Dende que hai máis de
vinte anos que vimos observando este areal, o éxito reproductor desta
pequena ave somentes se veu recompensado parcialmente hai tres anos, cando
un único polo conseguiu completar o seu ciclo e iniciar o vó. A piques
estivo o pasado ano de terse conseguido outro éxito por outra parella, pero
o único polo que tamén nacera desapareceo cando tiña unha semana de
vida.
Tres elementos ten en contra a píllara papuda no Baixo Miño:
-A actividade humana (ocupación da praia -os ovos
poden ser facilmente pisados ou a proximidade da xente nos lles permite
incubalos-, limpeza -as máquinas levan todo o que hai na
superficie).
-A depredación por parte de cans, corvos e gaivotas.
-E, en casos extremos, a marea, se a posta está moi abaixo.
Para paliar todo isto, ANABAM pon en marcha, dende hai catro anos unha
serie de medidas que tentan axudar a que a píllara papuda poda saír
adiante. A primeira delas é a vixianza; a segunda a información; a
terceira son medidas efectivas de protección. Estas últimas consisten
na instalación de xaulóns (para evitar que os depredadores
se fagan cos ovos, e valados co fin de delimitar a zona de
aniñamento para. deste xeito evitar que os usuarios pisen involuntariamente
os ovos e, ademais que a femia abandone continuamente o niño cando ditos
usuarios pasan moi preto da posta
O sábado 6 de maio, descubriamos unha primeira posta, procedendo a valar
a zona e protexer os ovos, coa axuda de voluntarios, ese mesmo día. O
luns 8, era descuberta outra posta, ésta situada a poucos metros da
anterior pero nunha zona máis resgardada.
Dada a experiencia de anos anteriores. a malla do xaulón que instalamos
na primeira das postas foi reducida notablemente para evitar que os corvos
-principais depredadores- se fixeran cos ovos. A segunda das postas estaba
previsto valala e poñer o xaulón no sábado 14. Pero xa non fixo falta.
o venres día 13, os corvos estragaron, unha vez máis, as dúas postas
polo que, na nosa experiencia acumulamos un novo fracaso.

Noé, Trimi,
Iago e Aser, voluntarios que colaboraron na instalación
dun xaulón e
valado da área de cría. O xaulón ten por obxecto evitar que os
depredadores poidan acceder ós ovos. Cans, raposos, corvos e gaivotas son
os principais responsables da depredación.

Os ovos
permanecen no centro do xaulón. As pillaras non sinten ningún recelo
para entrar no interior.

Algunhas
píllaras aproveitan a acumulación de cunchas para instalar o niño,
éste é unha pequena depresión na area onde se atopan os ovos, o
mimetismo é tal que practicamente non se distinguen no entorno.

A píllara
incubando os ovos. O periodo de incubación dura 25 días, logo os polos
tardarán outros 25 en poder voar.
|
|
|