| |
|
|
Actualizada o
14-02-2012 |
|
| |
|
|
Texto:
Agustín Ferreira Lorenzo
Fotos:
Manuel A. Pombal Diego e
Agustín
Ferreira Lorenzo |
|
| |

|
|
X: 515608
Y: 464958
ALTITUDE: 142 metros
CONCELLO: Oia
PARROQUIA: Loureza
A saída a
esta paraxe tivo lugar o sábado 4 de febreiro. O equipo de campo estivo
formado por tres persoas: Agustín Ferreira; Manuel A. Pombal e Ricardo
da Silva.
Novamente a idea
era recoller información das fervenzas do Baixo Miño, así que, nesta
ocasión, inclinámonos por esta magnífica paraxe. Temos que salientar que
o río, Tamuxe ou Carballas, levaba pouca auga, por iso non lucían como
deberan as dúas ou tres fervenzas que ao longo do percorrido hai. Un
traxecto dun quilómetro que vai dende as Pozas, lugar moi coñecido por
ser zona de nudistas no verán, ata a minicentral. |
|
| |
 |
|
No primeiro tramo percorrido, o leito do río
está formado por rocha granítico, na que atopamos esculpidas varias
marmitas de xigante e formas suavemente redondeadas. Nas pozas
atopámonos coa primeira das fervenzas, de pouca altura, uns catro
metros, así a ollo; metros despois atopámonos con outra, esta máis
estreita e aproximadamente a metade da anterior.
A medida que ascendemos río arriba, o solo vaise modificando, aparecendo
pequenas pedras soltas, de mediano tamaño e outras semellantes a seixos,
gravas e areas, para logo volver a verse o leito granítico para, cara ao
final do traxecto, poucos metros antes da minicentral, atoparnos cunha
nova fervenza encaixoada entre bloques granítivcos, tamén duns catro
metros, divida frontalmente en dúas partes, unha das cales non levaba
auga nestes momentos. Alí tamén atopamos unha poza que impresiona pola
fondura que ten. |
|
| |
|
|
|
|
| |
 |
|
Marmitas de xigante esculpidas nos bloques graníticos que afloran no
leito do río. A pesares de estar en pleno inverno, a seca que nos
acompaña ocasiona que o río Tamuxe leve escasa auga.
As marmitas de xigante se forman pola acción de fragmentos de rochas que
ao xirar, por efecto da corrente da auga, van facendo buratos
redondeados. |
|
| |
|
|
|
|
| |
 |
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |
 |
|
O río desprázase por un leito granítico, bordeado tamén por bloques
desta rocha.
A paisaxe é espectacular, as veces con paredes verticais polo que
resulta difícil moverse nesta época do ano, tendo que bordear, en
ocasións, o cauce ante a imposibilidade de ir polas beiras.

Un macho de Triturus boscai (Pintafontes
común) que atopamos no noso percorrido. |
|
| |
|
|
|
|
| |

|
|
Hai máis de 25 anos que esta zona é utilizada polos nudistas como lugar
de baño. As pozas existentes xunto coa magnífica paisaxe dos arredores,
permiten un contacto co medio natural sublime. |
|
| |
|
|
|
|
| |

|
|

As ras patilonga forman parte da fauna
vertebrada, desta área.
|
|
| |
|
|
|
|
| |

|
|

Dous membros de ANABAM filmando o entorno
visitado. |
|
| |
|
|
|
| |

|
|
|
| |
|
|
|
|
|