anabam

traballando polo patrimonio natural

do Baixo Miño galego-portugués

 

anabam.anabam@terra.es     

 

 -ANABAM

-CAMPAÑAS

 -EVENTOS -  ACTOS

 -LEMBRANZAS

 -CONTACTO - HORARIO OFICINA-

 -ASOCIARSE

-ANABAM EN ACCIÓN

      -Saídas de Campo

-EDUCACIÓN AMBIENTAL

-ACTIVIDADES

-VOLUNTARIADO

-VISITAS GUIADAS

-CURSOS

-PUBLICACIÓNS

-VÍDEOS

 

ASOCIACIÓN  NATURALISTA  "BAIXO  MIÑO"

 

 

 

 

INICIO

 

PORTADA

 

PORTADAS ANTERIORES

 

PEGADAS

 

FENOLOXIA

 

FAUNA

 

MORTANDADE

 

INFORMACION

 

AGRESIONS

 

CARTAS

 

ANABAM VÍDEO

 

ODONATOS

 

 

P.E.S.

QUE E O PES

 

CAMARIÑA

 

CHARAXES JASIUS

 

PÍLLARA-BORRELHO

 

EURYNEBRIA

 

OTANTHUS MARITIMUS

 

HONCKENIA PEPLOIDES

 

WODWARDIA RADICANS

 

ANDORIÑA DE CU BRANCO

 

FENTOS ARBOREOS

 

 

TRABALLOS DE CAMPO

 

BOLBORETAS

 

CETÁCEOS

 

TARTARUGAS MARIÑAS

 

FAUNA ATROPELADA

 

CENSO AVES ACUÁTICAS

 

ANDORIÑAS DO BAIXO MIÑO

 

PROXECTO LARUS

 

UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA

 

REXISTRO DE PEGADAS

 

ETNOGRAFÍA

ÚTILES E APARELLOS

 

MARCAS DOS MARIÑEIROS

 

 
 
MERCADIÑO
 

 

FERVENZAS  DO  BAIXO  MIÑO

 

  

FERVENZA DE MOUGÁS

 

Texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam

 

 

LOCALIZACIÓN UTM:

          X: 51150

          Y:465598

MUNICIPIO: Oia

PARROQUIA: Mougás.

RÍO: Mougás

ACCESO: A través da estrada 552, Oia-Baiona, colleremos, na marxe dereita, a pista asfaltada que sube ao pobo de Mougás. Aproximadamente 300 metros antes de chegar ao picadeiro, collemos, a man esquerda, unha pista de terra que nos leva directamente á fervenza e tamén ás pozas de Mougás. A distancia dende que collemos o desvío ata a fervenza é duns 1.300 metros.

DIFICULTADE: Ningunha.

ALTITUDE: A fervenza, na súa totalidade, ten máis de dez metros de desnivel, aínda que dende a pista non se pode ver na súa totalidade.

MELLORES DATAS: No período de chuvias.

QUE OBSERVAR NO TRAXECTO: Pola senda que nos conduce ata a fervenza poderemos observar diferentes especies de árbores, ademais dos piñeiros dúas especies diferentes de eucaliptos, salgueiros, etc.

     En canto ás aves veremos, entre outras, ao Ferreiriño subeliño (Aegithalos caudatus), a Papuxa das amoras (Sylvia atricapilla)...

     Os anfibios tamén están presentes nas pozas e nos regatos de augas tranquilas que van dar ao río Mougás: a ra verde (Rana perezi), a ra parda (Rana ridibunda), a lagartixa de auga (Triturus boscai).

 

    No pe da fervenza, unha antiestética ponte de cemento permitiranos cruzar o río Mougás.

RECOMENDACIÓN: Como en calquera outro espazo natural, recomendamos que unha vez collamos a pista de acceso á fervenza fagamos o desprazamento a pe ou en bici para chegar ata a fervenza, así evitamos un impacto negativo no entorno, contribuímos ao aforro de enerxía, a evitar gases que afectan ao cambio climático, non perturbamos este espazo natural e gozamos máis plenamente do contacto coa natureza.

 

MATERIAL RECOMENDABLE: Prismáticos para observar as aves, especialmente os paseriformes e unha cámara fotográfica.

 

 

 

 

 

 

 

 

Pista de acceso á fervenza.

 

 

 

 

 

 

 

 

  

 

 

 

Flor dunha das especies arbóreas que hai no entorno.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  Fora do período de chuvias, á fervenza apenas leva auga.

    

Se visitas esta zona, podes achegarnos algunhas fotos e comentarios sobre a mesma.

 

 

 

 

 

Actualizado o 27 de xuño de 2006

      

 

       Espalladas polos diversos regatos e ríos que cruzan a comarca do Baixo Miño, podemos atoparnos con máis de media ducia de fervenzas con certa entidade e, algunhas delas, cunha excepcional beleza. Mais o seu interese e a súa  espectacularidade resulta máis ben efímera, puntual, estacional. En efecto, somentes no periodo de chuvias aparecen estas con toda  súa plenitude, con todo o seu poderio. 

 

     En ANABAM temos a grande sorte de coñecer e de saborear o espectáculo que ofrecen algunhas delas, deixando caer os milleiros de litros de augas limpas por desniveis máis ou menos verticais, de varios metros de altura, en entornos aínda non degradados pola actividade humana. 

 

    Precisamente, varios membros desta asociación veñen traballando sobre as mesmas, obtendo interesantes instatáneas; filmándoas; tomando datos de campo delas e do entorno. Pretendemos aproveitar esta oportunidade para plasmar, para recoller toda posible información por si, máis cedo ou máis tarde, chegaran os tentáculos da destructiva man do home que, disfrazada de postos de traballo, de necesidades superfluas; de "acondicionamentos ecolóxicos e sostibles" do entorno, destrúan a paz destes recunchos, aos que, de momento apenas teñen inxerencias externas.

 

         A nosa máxima é que só se pode protexer o que se coñece, e só se pode conservar o que se ten. Non queremos que, tal e como van as cousas no Baixo Miño (especulación, obtención de subvencións para facer o que sexa con tal de acceder a elas ou non perdelas) se actúe nestas zonas irresponsablemente -como sucedeu, e sucede, en tantas ocasións- e que se alegue descoñecemento do seu interese, da súa beleza, das súas características, por iso tamén pretendemos que se saiba o que temos na comarca e que os datos obtidos, de todo tipo, poidan servir para algo no futuro.