anabam

traballando polo patrimonio natural

do Baixo Miño galego-portugués

 

anabam.anabam@terra.es     

 

 -ANABAM

-CAMPAÑAS

 -EVENTOS -  ACTOS

 -LEMBRANZAS

 -CONTACTO - HORARIO OFICINA-

 -ASOCIARSE

-ANABAM EN ACCIÓN

      -Saídas de Campo

-EDUCACIÓN AMBIENTAL

-ACTIVIDADES

-VOLUNTARIADO

-VISITAS GUIADAS

-CURSOS

-PUBLICACIÓNS

-VÍDEOS

 

ASOCIACIÓN  NATURALISTA  "BAIXO  MIÑO"

 

 

 

 

INICIO

 

PORTADA

 

PORTADAS ANTERIORES

 

PEGADAS

 

FENOLOXIA

 

FAUNA

 

MORTANDADE

 

INFORMACION

 

AGRESIONS

 

CARTAS

 

ANABAM VÍDEO

 

ODONATOS

 

 

P.E.S.

QUE E O PES

 

CAMARIÑA

 

CHARAXES JASIUS

 

PÍLLARA-BORRELHO

 

EURYNEBRIA

 

OTANTHUS MARITIMUS

 

HONCKENIA PEPLOIDES

 

WODWARDIA RADICANS

 

ANDORIÑA DE CU BRANCO

 

FENTOS ARBOREOS

 

 

TRABALLOS DE CAMPO

 

BOLBORETAS

 

CETÁCEOS

 

TARTARUGAS MARIÑAS

 

FAUNA ATROPELADA

 

CENSO AVES ACUÁTICAS

 

ANDORIÑAS DO BAIXO MIÑO

 

PROXECTO LARUS

 

UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA

 

REXISTRO DE PEGADAS

 

ETNOGRAFÍA

ÚTILES E APARELLOS

 

MARCAS DOS MARIÑEIROS

 

 
 
MERCADIÑO
 

 

FAUNA: CETÁCEOS

 

COORDINADORES

       

  Manuel Ángel Pombal Diego

 

 

                                                                                   Agustín Ferreira Lorenzo

 

 

 

INFORMACIÓN DE VARAMENTOS E ENVÍO DE DATOS 

 

MÓBIL: 616 180 557

TELÉFONO: 986 627 255 - - - - 986 611 799

 

Envío de datos e/ou fotografías: anabam.anabam@terra.es

 

COA COLABORACIÓN DE CEMMA

 

 

VARAMENTOS 2011:

    Fichas varamentos 2011

 

VARAMENTOS 2010:

26-05-2010.- Varamento de dous novos golfiños no Baixo Miño

26-01-2010.- Últimos cadáveres de golfiños localizados no 2009

18-05-2009.- Caldeirón en Oia.

18-05-2009.- Rorcual alibranco en Mougás (Oia).

30-09-2008.- Varamento dun caldeirón xove.

29-05-2008.- Rorcual alibranco en Viladesuso (Oia)

 

 

ÍNDICE

 

Información xeral

Caldeirón.

Golfiño común

Rorcual alibranco

Fichas cetáceos varados

     

 -----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

-- FICHA  VARAMENTOS 2011 --

 

      Actualizado o 15-12-2011  
 

 

 

FICHA Nº 18

 

ESPECIE: Delphinus delphis

NOME: Golfiño común.

ZONA DE VARAMENTO: Entre A Chan e O Marco (San Xián; concello de O Rosal).

UTM:X: 509 491;Y: 4 643 538

DATA: 10-12-2011.

ESTADO: Aínda que non levaba demasiados días morto, estaba incompleto posto que lle faltaba boa parte do ventre (o que impediu determinar o sexo do animal), polo que tiña parte das tripas fora. Ademais, presentaba restos de bocados polo que debeu ser parcialmente devorado (pode que por quenllas). Tamén tiña unhas marcas por detrás das dúas aletas pectorais como se houbese estado atado cunha corda.

SEXO: ?.

LONXITUDE: 234 cm.

COLABORADOR: Manuel Ángel Pombal.

INFORMADOR: Manuel Ángel Pombal.

 

 
         
 

 

FICHA Nº 17

 

ESPECIE: Delphinus delphis

NOME: Golfiño común.

ZONA DE VARAMENTO: No sur do Porto da Area do Lameiro ou Porto das Burras (As Mariñas de Mougás; concello de Oia).

UTM:X: 508 786;Y: 4 657 956

DATA: 06-12-2011.

ESTADO: Estaba incompleto posto que lle faltaba o bico. Ao igual que o seu compañeiro, levaba xa varias semanas morto; aínda que non puidemos identificalo con precisión, semella que se trata dun golfiño común.

SEXO: Macho.

LONXITUDE: -165 cm. 

COLABORADOR: Manuel Ángel Pombal.

INFORMADOR: Manuel Ángel Pombal.

 

 
         
 

 

 

FICHA Nº 16

 

ESPECIE: Delphinus delphis

NOME: Golfiño común.

ZONA DE VARAMENTO: No sur do Porto da Area do Lameiro ou Porto das Burras (As Mariñas de Mougás; concello de Oia).

UTM:X: 508 786;Y: 4 657 956

DATA: 06-12-2011.

ESTADO: Estaba completo pero xa levaba varias semanas morto; tiña os osos do bico ó descuberto, podendo identificalo como un exemplar de golfiño común.

SEXO: Macho.

LONXITUDE: 182 cm.

COLABORADOR: Manuel Ángel Pombal.

INFORMADOR: Manuel Ángel Pombal.

 

 
         
 

 

 

FICHA Nº 15

 

ESPECIE: Delphinus delphis

NOME: Golfiño común.

ZONA DE VARAMENTO: Na zona de O Picoto da Longuiña, na cara norte do Porto das Canelas (entre o Porto das Canelas e o Puntal das Orelludas), na parroquia de Pedornes (concello de Oia).

UTM:X: 509 346;Y: 4 652 614

DATA: 06-12-2011.

ESTADO: Estaba completo pero xa levaba varias semanas morto; tiña un burato entre as aletas pectorais polo que saía algo de líquido mesturado con sangue e pestilente. A aleta mais deteriorada era a dorsal. Tiña os dentes en bo estado e faltábanlle os ollos, o cal sole ser normal cando levan varios días mortos, posto que as partes brandas son as primeiras que perden.

SEXO: Macho.

LONXITUDE: 230 cm.

COLABORADOR: Manuel Ángel Pombal.

INFORMADOR: Xabier Garrido a través do Facebook.

 

 
         
 

 

FICHA Nº 14

 

ESPECIE: Tursiops truncatus

NOME: Arroaz.

ZONA DE VARAMENTO: No porto de O Lameiro, na costa de Mougás ao sur da antiga depuradora de mexillóns (concello de Oia).

UTM: X: 508795; Y: 4657868

DATA: 07-10-2011.

ESTADO: Algo deteriorado e fedorento (levaba xa varios días morto), pero enteiro.

SEXO: Macho.

LONXITUDE: 342 cm.

COLABORADOR: Manuel A. Pombal Diego.

INFORMADOR e FOTOGRAFÍA: Manuel A. Pombal Diego.

 
         
 

 

FICHA Nº 13

 

ESPECIE: Delphinus sp

NOME: Golfiño.

ZONA DE VARAMENTO: Puntal.Praia de Camposancos

UTM: X: 51064 ; Y: 46553

DATA: 14-07-2011.

ESTADO: Moi deteriorado.

SEXO: Descoñecido.

LONXITUDE: ----.

INFORMADOR e FOTOGRAFÍA: Pepa Baz.

 
         
 

 

FICHA Nº 12

 

ESPECIE: Balaenoptera acutorostrata

NOME: Rorcual alibranco.

ZONA DE VARAMENTO: Sur de Peña Ajoeira

UTM: X: 5094 ; Y: 4645

DATA: 13-07-2011.

ESTADO: Moi deteriorado.

SEXO: Macho.

LONXITUDE: 4,44 m.

COLABORADOR: Ricardo Portela Vilas, Manuel Ángel Pombal (Foto).

INFORMADOR: Benito Guerreiro.

 

 

 
         
 

 

 

FICHA Nº 11

 

ESPECIE: Delphinus delphis

NOME: Golfiño común.

ZONA DE VARAMENTO: A altura do Porto de Salcidos (Mougás; Oia).

UTM: X: 509512; Y: 4655054

DATA: 24-05-2011.

ESTADO: Moi deteriorado, con furados ao longo do corpo e boa parte do bico desfeita. Os osos do bico e parte das costelas estaban ao descuberto. Faltábanlle, practicamente, todas as aletas. Bastante seco (levaba xa varias semanas morto).

SEXO: Descoñecido.

LONXITUDE: 118 cm (aproximadamente).

COLABORADOR: Manuel Ángel Pombal.

INFORMADOR: Manuel Ángel Pombal.

 

 
         
 

 

 

 

 

FICHA Nº 10

 

ESPECIE: Delphinus delphis

NOME: Golfiño común.

ZONA DE VARAMENTO: Enfronte A Chan, uns poucos metros ao sur dos restos do atopado o 25/02/2011 (San Xián; O Rosal).

UTM: X: 509461; Y: 4643437

DATA: 18-05-2011.

ESTADO: Bastante deteriorado, con boa parte do bico desfeita e parte dos osos ao descuberto. Estaba bastante seco e tiña un furado próximo á aleta pectoral esquerda (levaba varias semanas morto).

SEXO: Macho.

LONXITUDE: 105 cm (aproximadamente).

COLABORADOR: Manuel Ángel Pombal.

INFORMADOR: Manuel Ángel Pombal.

 

 
         
 

 

FICHA Nº 9

 

Especie: Delphinus delphis

Nome: Golfiño común.

Zona varamento: Enfronte os rochedos coñecidos como O Cabalo, na costa norte de Santa María de Oia (concello de Oia).

UTM: X: 509678; Y: 4650662

Data: 09-05-2011.

Estado: En moi mal estado (levaba xa varias semanas morto); na cola so tiña parte da pel polo que a medida total é aproximada. Os osos do bico estaban ao descuberto e tiña unha porción do ventre roto con parte das tripas fora, o cal impediu determinar o sexo do animal. 

Sexo: Descoñecido.

Lonxitude: 180 cm (aproximadamente).

Colaborador: Manuel Ángel Pombal.

Informador: Manuel Ángel Pombal.

 

 
         
 

 

 

FICHA Nº 8

 

Especie: Delphinus delphis

Nome: Golfiño común.

Sexo: ??

Localización: Fronte a Fonte de Santa Catalina, costa sur da Guarda.

UTM:   X: 501003    Y: 46382

Data: 09-05-2011.

Estado: En avanzado estado de descomposición.

Causas da morte: Dado que presentaba a cola amputada, é moi probable que quedara enmallado.

Lonxitude: + 150 cm.

Colaborador: Agustín Ferreira Lorenzo.

Informador: Policía local da Guarda.

 

 

 
         
 

 

 

 

FICHA Nº 7

 

Especie: Delphinus delphis.

Nome: Golfiño común.

Sexo: Macho

Localización: Seixal, costa sur da Guarda.

UTM:   X: 50976    Y: 46368

Data: 03-05-2011.

Estado: Relativamente en bastante bo estado. Presentaba signos evidentes de quedar enmallado. Unha análise dos compañeiros de CEMMA sinala como causa da morte o afogamento.

Lonxitude: 193 cm.

Colaborador: Agustín Ferreira Lorenzo.

Informador: Varias persoas que adoitan percorrer a senda litoral.

 

 

 
         
 

 

FICHA Nº 6

 

Especie: Delphinus delphis

Nome: Golfiño común.

Sexo: Macho. Cría.

Localización: Porto da Guarda.

UTM: X: 5102    Y: 4638

Data: 19-04-2011

Estado: Exemplar en bo estado.

Lonxitude: -108 cm.

Causa da morte: Afogado ao quedar enmallado nalgún aparello de pesca. Presentaba a cola amputada.

Necropsia (datos facilitados por CEMMA): Presencia de marcas de arte de enmalle na pectoral esquerda.A necropsia realizada -bo estado de todos os órganos, ningún parásito, comida no estómago, só destacable líquido e escuma nos pulmóns- confirman que esta é a única hipótese da causa da morte. Pese ao seu pequeno tamaño xa tiña comida sólida no estómago (restos tanto de peixes como de cefalópodos).
Colaboradores:
Antón Ferreira, Agustín Ferreira e Manuel Ángel Pombal.

Información: Garda Civil da Guarda e CEMMA.

 

 
         
 

 

FICHA Nº 5

 

Especie: Delphinus sp.

Nome: Golfiño.

Sexo: Femia?.

 Localización: Enfronte A Chan (San Xián; O Rosal).

UTM:   X:  509610    Y: 4643706

Data: 25-02-2011.

Estado: Bastante deteriorado (levaba xa varias semanas morto). Faltáballe o bico e non se puido identificar. 

Lonxitude: -165 cm.

Colaborador: Manuel Ángel Pombal.

Informador: Manuel Ángel Pombal.

 

 
         
 

 

FICHA Nº 4

 

Especie: Delphinus sp.

Nome: Golfiño.

Sexo: Macho.

 Localización: No norte do Porto de Tuiberde (Mougás, Oia)

UTM:   X:509323;  Y: 4656257

Data: 20-02-2011.

Estado: Moi deteriorado (levaba xa varias semanas morto). Faltábanlle a cabeza e a cola, e non se puido identificar. 

Lonxitude: -150 cm.

Colaborador: Manuel Ángel Pombal.

Informador: José Miniño González (Pirri; veciño de Mougás).

 

 
         
 

 

FICHA Nº 3

 

Especie: Delphinus sp.

Nome: Golfiño.

Sexo: Femia?.

Localización: No norte do Porto de Ribasaltas (Pedornes; Oia).

UTM:   X:  509761    Y: 4651411

Data: 20-02-2011.

Estado: Bastante deteriorado (levaba xa varias semanas morto). Non tiña restos da cabeza. 

Lonxitude:  -140 cm.

Colaborador: Manuel Ángel Pombal.

Informador: Manuel Ángel Pombal.

 

 
         
 

 

FICHA Nº 2

 

Especie: Delphinus delphis.

Nome: Golfiño común.

Sexo: Femia?

Localización: No Porto do Río da Aguieira (Santa María de Oia; Oia).

UTM:   X:  509995    Y: 4649717

Data: 20-02-2011.

Estado: Moi deteriorado (levaba xa varias semanas morto). Faltábanlle a cabeza e a cola, pero púidose identificar como común por un resto do bico cos surcos. 

Lonxitude: -160 cm.

Colaborador: Manuel Ángel Pombal.

Informador: Pedro Baz Lomba (mariñeiro e veciño de Oia).

 

 
         
 

 

FICHA Nº 1

 

Especie: Delphinus delphis.

Nome: Golfiño común.

Sexo: ?

Localización: Na praia do Forte, Carreço (Viana do Castelo).

UTM: Os restos non se mediron 

Data: 19-02-2011.

Estado: Moi deteriorado (en avanzado estado de descomposición). Faltáballe a parte da cola e estaba parcialmente enterrado na area. 

Lonxitude:

Colaborador: Agustín Ferreira e Manuel Ángel Pombal.

Informador: Agustín Ferreira e Manuel Ángel Pombal.